2 de mayo de 2012. Vértice xeodésico a Fracha. 30kms.

Nas últimas semanas o tempo está revolto, aínda así, vou relatar a que calificaría como breve escapada semanal aproveitando unha lixeira paréntese de tempo aceptable.

Iniciamos a ruta coa intención de ir cara o sur, pois parecía que o ceo estaba un pouco máis despexado. Subimos a San Cibrán e achegámonos ó monte Carrasco, facendo a primeira parte da marcha da Fabada, eso sí, con unha variante inicial que podedesver no track.

Unha vez acadado o camiño marcado, repetimos con éxito o ascenso duro da serra, esta vez algo máis embarrado, coa dificultade añadida da falta de tracción. Evitamos por hoxe a zona da Canicouva e a ruta das Canteiras para volver hacia atrás pola pista xeral, e despois de chegar á área recreativa, paramos a repostar e decidimos chegar ó vértice xeodésico, cousa que logramos con relativa facilidade, sendo necesario ir a pé nos últimos metros.

A única zona do día a que lle hai que poñer unha cruz e o descenso inverosimil en linea cuasi-recta con moito chupe por un cortalume que baixa directo ó polígono e se converte na última parte nun sinuoso rego de imposible ciclabilidade na meirande parte.

Respiramos aliviados ó chegar ó asfalto, empeza a chover, pero aínda é cedo, así que enfilamos un precioso camiño que nos leva a Baltar. Unha vez alí volvemos por outro camiño empedrado e técnico que nos achega de novo a zona do polígono industrial.

Para rematar o día aproveitamos a trialera de Laxinde, identificable polas sinais marelas do gaseoducto. Facemos o camiño inverso do habitual para subir ó monte da Ermida, pasando a Mourente no lugar da base dos GRS.A partir daquí, uns descensos agradables hacia Bora-Mourente, para desembocar finalmente na estrada Po-Ou, que nos leva finalmente á casa, podendo asimismo collelo sendeiro para ampliar esta ruta, que foi máis ben mini-ruta, pero non hai queixa tendo en conta os días que están saíndo.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

VER EN WIKILOC

26 de abril de 2012. Faro Domaio. 45 kms.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

O filósofo suizo Amiel dixo que  a vida non é máis ca un tecido de hábitos. Para ser fieis ós nosos esta semana mudamos de zona e encamiñamonos polo Morrazo, chegando ó seu punto máis alto, Faro Domaio, que supera amplamente os 600 metros.

Iniciamos a ruta pola parroquia de Salcedo, onde tivemos que esquivar as arterias de comunicacións, buscando con certa obsesión os poucos camiños que quedan sen asfaltar.

Rondamos por aldeas cun curiosos nomes: O Birrete, A Muimenta (de mámoa), e a Armada, na que atopamos coa base da brilat, onde nos sorprenden os berros dos soldados facendo instrucción. Aínda así non nos arredamos e metemonos directamente por unha pista que se converte en rúa fantasma de bloque de formigón, un atentado á vista. Aínda fomos máis lonxe e atravesamos polo medio do campo de tiro, pois non había valado ningún nin sinal de advertencia. Certo é que apoderouse de nós unha leve sensación de furtivismo, de estar a facer algo prohibido, esperando a calqueira momento que nos deran o alto ou algo peor.

Respiramos aliviados ó chegar a unha zona de laxedos onde admiramos uns petroglifos bastante ben conservados, pero un pouco máis adiante de novo unha aldea fantasma de bloque comeu o que antiguamente parece ser que era a mámoa de Louredo.

Se vos interesa o tema podedes atopar referencias en internet acerca do litixio que os comuneiros de Salcedo manteñen contra o ministerio de defensa por mor dos terreos e das molestias ocasionadas pola base  militar.

Desembocamos na pista que sube decidida hacia a lagóa de Castiñeiras, onde un novo inconvinte nos incomoda, unha tala de eucaliptos destroza a pista con ramas e rodeiras. Según teño entendido aquí van instalar outro campo de adestramente para os militares.

Nada máis chegar a Castiñeiras empeza a chover, pero para deseguido, así que iniciamos o ascenso a Faro Domaio por unha estreita estrada. Facemos unha última parada na área do dolmen de Chan de Arquiña, para retomar forzas e chegár á cúspide das antenas, onde se pode admirar unha amplia paisaxe das Rías Baixas.

O descenso facemolo rodeando polo sur os montes Xaxán e Coto Redondo, por unha rápida pista en moi bo estado. Xa de novo en Castiñeiras viñemos de volta polo mesmo camiño, con lixeiras variantes.

EN WIKILOC

15 de abril de 2012. Terras de Pontevedra na KDD de Marcón.


Ben sabedes que non somos moito de marchas organizadas, pero hoxe fixemos unha excepción e tres deportistas do grupo acercámonos a Marcón para apoiar esta iniciativa de Ciclos Farto. Voume explicar cando digo que non somos de marchas.

Non nos gusta que nos cobren cartos por facer algo que sempre facemos de balde. Tampouco nos gusta estar empantonados nos camiños mais de vinte minutos bloqueados, e por suposto odiamos que nos coman a orella decindo que estorbamos nas baixadas a «semiprofesionais de medio pelo».

 

Por outra banda danos perguiza collé-lo coche e facer kilómetros para ter que andar en bici.

Ben nos mereceu a pena facer esta excepción das nosas costumes, pois hoxe non atopamos con ningún dos inconvenientes mencionados.

En primeiro lugar unha marcha gratuita, que nos tempos que corren sempre se agradece. Nota deberían tomar algúns que a pesares de ter «patrocinadores» esixen un desembolso económico desmesurado.

Eramos relativamente poucos así que poidemos disfrutar dunha mañán sen agobios nen atascos. Esta quedada é recén nacida, esperemos que non acabe «morrendo de éxito». Da gusto rodar solos ou en grupiños de dous ou tres, collendo o ritmiño que cada un aguante. Hoxe non escoitei unha mala palabra, sendo un valor a ter en conta neste deporte que non debemos esquenzer.

E por último, todo esto ó ladiño da casa…

Xente de todos os niveles, uns sufrindo por ir diante, para pillar a aquel grupiño, para que non me pase ninguén…Outros sufrindo por atrás, … a ver se subo sen botar pé a terra, a ver se non me descolgo…Cada un deu o mellor de sí,… os últimos serán os primeiros e os primeiros serán os últimos, é ley bíblica e do ciclismo tamén… Tiven a sorte de chegar a  ir a cola de grupo e tamén tiven ocasión de ir cos de cabeza e en todas partes había un bo rollo que nin vos conto…

Analizando o percorrido hai que decir que tiña tres partes ben diferenciadas, a gusto do consumidor.

Tras dunha pequena zona chaira, de precalentamento iníciase a parte sen dúbida máis dura do percorrido. Unha rampa dificil de algo máis dun quilómetro marca as primeiras e grandes diferenzas.  Unha rápida baixada e de novo a subir.  Lingua fora e quilos que sobran…

A segunda parte da ruta ocupa moitos quilómetros de pista fácil e sen apenas desniveles. De agradecer para ciclistas coma nós, os seguidores do blog sabedes dos nosos gustos. Rodadores ó poder.

A terceira parte consistía nun descenso vertixinoso por unhas trialeiras con moito desnivel pero técnicamente asequibles, sen apenas pedras, ben sinalizadas. Tanto era o desnivel que realmente fíxosenos  algo corta a baixada.

Agora voume permitir poñerlle notas á organización:

PERCORRIDO: 9,5 (quítovos medio punto por pasar duas veces polo mesmo sitio, coa cantidade de pistas que hai pola Fracha, xa sei que seguramente sexan manías miñas)

SINALIZACIÓN: 9,5 (quítovos medio punto porque a xente dicía que se vos acabou o bote do spray chegando ó campo da festa de Marcón).

AVITUALLAMENTO: 10 (plátano e aquarios) os meus favoritos . A bolería teñou medio prohibida. Todo con fartura…

en resumen SOBRESAINTE.

GRAZAS DESDE TERRAS DE PONTEVEDRA, PONTEVEDRA EN BICICLETA.

VER EN WIKILOC                       VER MAPA RESUMEN

12 de abril de 2012. Ruta da carboeira. 35 kms.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Hoxe tocou unha rutiña corta pero bastante dificultosa, por causa dalgunhas rampas duras que de seguido comento.

Iniciamos a ruta subindo ata a Hermida, iniciando o coñecido percorrido a carón do circuito de motocross. Nada mais chegar as primeiras casas da Peralba chega a primeira dificultade montañosa, subimos coma tiros hacia Vilarchán, pasando pola zona coñecida coma Portela do Carbón. Está visto que hoxe a ruta iba ter que ver co oscuro mineral.

Aproveitamos a sinalización dunha ruta de sendeirismo para achegarnos a Mirón, e esquivamos a estrada, obviando tamén por hoxe a ponte do Almofrei,  para subir polo Monte Sabanda.

Unha pequena exploración por unha zona chamada Campolongo achéganos a unha pequena canteira abandonada, onde atopamos os restos do que parece ser unha caseta construida ¡¡¡ de neumáticos xigantes¡¡¡. Un bonito  camiño flanqueado de pedra que desgrazadamente está impracticable, impedindonos chegar a Borela por esta vía, atopando en tétrica compensación, un cráneo de cabalo.

Así pois houbo que xirar pola zona do miniembalse, e achegarnos a praia fluvial da Xesteira.

A partir daquí, iniciamos unha dura subida pola ladeira da Carboeira, que nos da acceso á serra do Castelo. Fai uns meses houbo un incendio e os vellos toxos quedaron carbonizados, polo que circular por esta zona facíase complicado, tendo en conta ademais que hai abondante pedra no camiño. Hai marcada unha ruta con spray verde, que parece recente, pero a zona é de dificultade técnica e física.  Aínda así, paga a pena admirar as caprichosas formacións rochosas que nos sorprenden cada poucos metros. Este monte ten varios picos bautizados cos curiosos nomes de Coto dos Porcos, coto Xesteiro, Coto da Hedra, Coto da Vella…  Nesta paraxe hai proxectada a instalación dunha canteira, con forte oposición veciñal, veremos en que queda.

Coa roupa tinguida de negro polos chamizos chegamos á coñecida pista forestal que discurre por esta serra, pero enseguida a abandoamos para seguir por outra paralela, que discorre con un sube baixa incómodo. Así que como ameazaba chuvia empatamos coa baixada a Tenorio, pasando a carón da cruz de Daniel, que por enésima vez non atopamos, pero existir existe.

Para rematar a xornada,  recomendase usar algo tan pouco orixinal pero non por eso menos práctico sendeiro do Lerez.

VER EN WIKILOC                     VER MAPA RESUMEN

4 de abril de 2012. As Penizas e Goimil. 36 kms

Esta ruta estaba reservada para a ocasión na que viñeran novas fichaxes,  pero como non se dan decidido a rodar connosco, nos mesmos estrenamos esta ruta que en fin resultou bastante gratificante, sen as dificultades propias das últimas  semanas.

En principio iniciamos polo camiño portugués polo centro de Pontevedra, para cruzar o Lérez polo Burgo, porque pola ponte das Correntes aínda non se pode.  Continuamos por territorio coñecido a carón da autoestrada ata chegar ó perigoso paso da estrada de Vilagarcía, xusto por baixo da ponte da autopista.

Unha vez solventado o apuro, atravesamos hacia Sabarís por uns camiños, continuando por o Bispo, deixando o Castrove á nosa esquerda, hoxe non queriamos subir.

Así que probando camiños atopámonos con unha mina de auga nun lugar chamado a Lampreeira, pero tivemos que recuar un pouco para poder continuar por unha excelente pista ata un campo de fútbol. Aquí despreciamos de novo a estrada para meternos no monte e chegar á Bretoña, para continuar polo monte de Outeda, pasando perto da peaxe da autoestrada e atravesando o polígono industrial Barro-Meis.

Como colofón ascendemos a dous pequenos montes veciños, un en cada concello, As Penizas en Meis , formado á súa vez por dúas pequenas cimas,  e Goimil en Agudelo Barro, tamén chamado monte da Chan. Neste último hai unha capela a devoción de San Cibrán.

Iniciamos descenso entre pinares no monte de Vilaverde, para chegar á Portela e retomar o camiño Xacobeo Portugúes que nos leva de volta á capital.

Como última misión, recorremos a illa das Esculturas para ver como van as obras de acondicionamento.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

VER EN WIKILOC              VER MAPA RESUMEN