Algunhas marchas:


cartel marcha 2013b

 

Anuncios

23 de maio de 2013. Puzzle en Fentáns. 49 kms

VER RUTA EN WIKILOC

Os puzzles están formados habitualmente por pezas mais ou menos cuadradas , pero na unión dunhas coas outras teñen  en cada lado unha parte máis ou menos circular para que encaixen ben e non se solten.

As revoltas dos ríos, en ocasións tamén se dispoñen en formas similares. Non é moi frecuente en Galicia, pero aquí temos un exemplo gráfico moi ilustrativo:

puzzleA revolta do río Lérez atópase perto de Fentáns en Cotobade, sendo este lugar rico en grabados rupestres, dandose a circunstacia de que pertence ó concello de Cotobade a pesares de estar na marxe dereita do Lérez.

Empezámo-lo día polos sendeiros do Lérez, pasando pola ruta clásica de Pillarteiros ata Filgueira.

Dende aquí buscamos unha ruta máis directa polas leiras de Santa Cruz, chegando en via directa a Fragoso. 2013-05-23-060No percorrido atopámonos cun AX abandonado no medio da fraga, medio escondido entre a maleza. 2013-05-23-061

2013-05-23-063Pasada esta primeira parte, abandonamos os camiños e decidimos coller asfalto para ir directos ó obxectivo do día, nas inmediacións do couto pesqueiro de Cutián, onde percorremos pistas a carón do río.
2013-05-23-064 2013-05-23-065 2013-05-23-066
A continuación subimos ata Praderrei e collendo o desvío baixamos á ponte nova de Fentáns, atravesando por un camiño ata Cutian, para coller unha estrada que atalla ata a nacional.2013-05-23-068 2013-05-23-067

15 de maio de 2013. Ladeiras do Monte Sistalto. 48 kms.

VER ESTA RUTA NO WIKILOC

Recuperamos o hábito saudable de facer recorridos fáciles, por pistas ciclables con escasa dificultade técnica. Hoxe tocoulle ó monte Sistalto, que está situado para que vos fagades unha idea, entre Borela e Rebordelo, nas terras de Cotobade.

A ruta de subida a Cotobade fixémola por Vilarchán por a coñecida ruta que está recén reparada, sobra algo de grava pero quedou lisa. Kilómetros de pista lévannos ata o desvío de Famelga, que deixamos á dereita.

2013-05-15-044 2013-05-15-045 2013-05-15-046

Unha breve parada na fonte serve para contemplar o monte tinguido de amarelo por causa das flores de xestas e toxos. En varios quilómetros non se divisa construcción algunha.

2013-05-15-0482013-05-15-050 2013-05-15-049

O acceso ó cumio non é posible en bicicleta, adiviñánvase uns pequenos sendeiros bastante ateigados de vexetación, polo que non nos planteamos sequera chegar o vértice xeodésico.

2013-05-15-051

Nunha ocasión lin un artigo de D. Antón Fraguas, natural de Loureiro e insigne personalidade da cultura galega, no que viña a decir que na súa nenez os nenos do lugar subían ó monte Sisalto para poder ver os fogos artificiais das festas da Peregrina.

Unha sensación de paz arrodeanos por uns instantes, ata que comenzamos o descenso, algo técnico hacia Borela, por unha das distintas variantes.

2013-05-15-057 2013-05-15-056 2013-05-15-055 2013-05-15-054

Despois de cruzar unha pequena estrada seguimos por unha pista onde atopamos un “aeroporto” no medio do monte.

Un descenso perigoso, esta vez si, lévanos o sendeiro próximo ó río, continuando ata o campo de futbol das Estremas, en donde collemos a senda da Regoduxe para ascender hacia o outro lado do monte. Esta senda está rozada nfai pouco, polo que o ascenso é factible en bicicleta, ainda que algo duro resulta. Unha vez arriba, ábresenos á vista a paisaxe das terras de Viascón e posteriormente Tenorio, poboación que acadamos despois dun rápido descenso, non sen antes contemplar unha vista da ría de Pontevedra.

2013-05-15-058