2 de novembro de 2012. Fontefría e camiños de Xustáns e Baltar. 33 kms.

Día desigual e irregular.

Iniciei o camiño en solitario, o miolo desta ruta comenza en Bora, á altura do Tombo collemos un desvío hacia o Salguieral.

Collemos unha pista forestal ascendente que nos vai levar ata o circuito de motocross, nos montes da Peralba.

Logo dunha pequena subida acadamos a pequena estrada que vai hacia a Peralba, pero collemos un desvío asfaltado á dereita para prantarnos na base do Polígono.

Nada mais chegar arrecende un cheiro moi agradable a fariña, coma se estivenes cocendo pan nun forno de leña. Descubro enseguida unha cisterna xigante que está a descargar na fábrica de Reyes Hnos. Aínda recordo cando esta fábrica estaba situada a carón do Hospital Provincial. Reconfortado por tan agradable olor, continúo atravesando o polígono industrial. Inicio o ascenso á Fracha, pero enseguida collo un desvío coñecido.

Aquí iniciase un bonito camiño que nos leva a Baltar, unha vez no pobo ascendo un pouquiño para non perder altura e chego sen novidade a Cristo Rei. Empeza a chover e contemplo con ledicia unha imaxe impagable da Ría de Vigo, coa ponte de Rande e a cidade ó fondo iluminado por un sol espléndido, mentres eu me vexo envolto na néboa.

Fago unha paradiña para contemplar o cruceiro xubilar, coa súa curiosa pedra con burato incorporado

Para fuxir da melancolía propia do lugar descendo rápido ata a Chan do Brasil. Ascendo suavemente hacia a canteira e unha pequena caseta en ruinas, vértice de tres concellos: Pontevedra, Pontecaldelas e Soutomaior.

Deixo á miña dereita o impactante Coto Agudo, que se distingue desde boa parte da ría de Vigo pola súa forma piramidal.

Outro monte con forma parecida é a Peneda, que diviso ó lonxe, mentra intento distinguir o Coto do Corno, en terras de Pazos de Borbén, obxectivo segredo para hoxe, que se malogrou como contarei máis adiante.

A idea e descender hacia a Comboa e iniciar un ascenso directo por Aranza. As pendientes parecen serias porque o Oitavén e o Verdugo son dous ríos que baixan encañonados entre as montañas, por eso teño que perder toda a cota de altura para iniciar o ascenso.

Descubro novas pistas que me levan hacia Comboa, estou contento porque levo bo ritmo, estou nunha zona con un pequeno regato que se chama Fontefría, pero nun cambio de piñon a patilla do cambio rompese…

Non me alarmo porque levo reposto, pero cando me decato que a chave multiusos quedou na casa soan as alarmas. Como solución final decido quitarlle alguns eslabons á cadea para traballar con piñón fixo, non debería ter problemas porque levo un eslabón rápido. A única traba e que non levo ferramenta para desmontar os eslabóns, cousa que soluciono limando o lateral do eslabón nunha parede de formigón dun depósito de auga, ata que consigo desmontalo.

Non me queda máis remedio que renunciar por hoxe ó monte de Pazos de Borbén, pero como a ñapa (*) quedou ben, decido explorar pistas ( Con bastante éxito por certo), por estes montes para chegar de novo á Chan do Brasil, onde collo un coñecido camiño que me leva a Xustáns.

Aínda sigo buscando e atopo uns espectaculares camiños empedrados que van sepenteando entre verdes prados ata que chego de novo ó polígono.

A choiva reavívase e un pinchazo de última hora faime rematar o día precipitadamente, e para prever novas averías volvo coller a estrada e outra pista que me fai descender hacia Bora.

*(ñapa é sinónimo de chapuza ou apaño. En castelán de America. Atopei esta palabra en videos de youtube e gustoume tanto que a incorporei ó meu léxico persoal)

VER RUTA EN WIKILOC

Anuncios

25 de outubro de 2012. Simes e Lores. 45 kms.

VER ESTA RUTA EN WIKILOC

Xa lle tocaba ó grupo recorrer de novo as terras do Salnés, sempre un pouco ignoradas por culpa da cadea montañosa que as separa da capital. Resulta que ó Castrove pásalle coma a esas persoas excesivamente grosas, non se sabe se é mellor rodealas ou saltarlles porriba.

Pois ben, por aforrar quilómetros, que non forzas, hoxe brincamos polo alto da serra para achegarnos mesmo ó concello de Meaño, que prácidamente esbara imperceptible cara o mar de Arousa. Lugares chairos e despexados, verdes de cepas albariñas, casas de boa labor e unhas rutiñas de sendeirismo como non podería ser doutro xeito.

O camiño ata o Busto e Valboa xa eran coñecidos, o ritmo elevado deixou o frio matinal convertido nun vago recordo; para descender a Simes atopamos unha ancha pista forestal mentras albiscamos á nosa esquerda o que sería o sendeiro de subida.

Na parroquial de Simes contemplamos unha amplia praza enlousada e algúns detalles que lle dan vida ó conxunto, unha fonte, petos de ánimas, altares e tumbas labradas en pedra e unha igrexa desigual pero fermosa.

Horrenda escea a dun artístico cruceiro rodeado, mesmo afogado por cables de teléfono. Parécenos unha tropelía.

Non os prestou gran cousa a ruta dos muiños, para o noso gusto demasiado urbanizada, a mán do restaurador pecou de excesiva, pasamáns de madeira un pouco ó chou, coma se houbese excedente para colocar, farolas e demáis adminículos que non terían cabida na primeira mitade do século pasado, por poñer unha data onde os muiños funcionarían a pleno rendimento. Ignoramos as absurdas sinais de prohibido bicis.

Así chegamos a Lores visitando tamén a súa modesta igrexa, chama a atención de todas formas un curioso hórreo. Sei que nos quedou atras unha capela no alto dun monte, o santuario de San Bieito, queda para outro día que atacaremos polo sur dende a Chan de Gorita, a medio camiño de Sanxenxo.

Decidimos subir polo rego da Chanca, esta parte de sendeiro está moito máis gustosa, unha fina capa de xabre e a compaña de sombras de boas árbores amenízan unha dura subida ata os pagos de Valboa.

Coas forzas xa xustas coronamos de novo a montaña para descender ás terras de Poio e Campaño e dar por conclusa a aventura de hoxe.

19 de octubre, ruta de Cosoirado, Moraña. 49,5 kms.

Resultou hoxe un día excelente para practicar bicicleta, así que saímos con rumbo norte a toda máquina, cruzando o Lérez na pasarela de ferro de Monteporreiro, atopando un camiño que nos levou a Couso. En Gatomorto buscamos unha vía escondida que nos levou ata o pé da modernista casa de cultura de Santa María.

Uns metros máis adiante atopamonos coa igrexa parroquial de Santa María de Xeve, e a casa do antiguo Concello.


No inicio ó ascenso ó Acibal en Fontáns,atopamos un fermoso cruceiro.

Xiramos hacia Maúnzo para continuar pola longa pista de ascensión que suavemente nos vai levando hacia as alturas da chan de RAmil. Dende aquí, outra longa pista que vai ladeando a cara oeste do monte de Amil.

Antes de chegar á estrada, baixamos a Cosoirado.
No rápido descenso tivemos ocasión de albiscar unha estrana casa.

Extracto do Faro de Vigo:

Agustín Amador López Rey observará desde el cielo al juicio que dirimirá el reparto de su herencia. Al menos así ocurriría si la ideas de este controvertido vecino de Cosoirado, que se apodaba a sí mismo como el “Santo de Moraña”, fuesen ciertas. Este”enviado”, muy conocido en la zona, ha seguido causando polémica incluso ya muerto, puesto que dejó todos sus bienes a un taxista del municipio que le llevaba y traía durante sus últimos meses de vida. Sus hijos han impugnado ese documento y el juicio para dirimir qué ocurre finalmente con la herencia comienza mañana en Caldas.

El escrito de este hombre, que falleció en 2010 a los 80 años y casi dos décadas después de regresar como emigrado a Francia, dejó como heredero al que se convirtió en una especie de chófer personal. Al parecer, en la cuarta variación del testamento, habría eliminado a su mujer, con la que no convivía desde hacía años, y los tres vástagos que criaron en común. El taxista pasó a ser de este modo el destinatario de un patrimonio en el que se incluye, además de la peculiar vivienda en la que residió la última etapa de su vida, otros inmuebles de considerable valor como unos pisos en Vigo.

El “Santo de Moraña” era famosos por sus excentricidades. Los lugareños aseguran que en el interior de la casa de Cosoirado hay una escultura en la que era él mismo quien aparecía reflejado como un santo. También habría un templo. Aún hoy en el exterior se pueden ver multitud de imágenes colgadas en el exterior. Cuando aún conducía había pegado en su coche distintivos en los que se presentaba como integrante del reino santo y empleaba un sello con su nombre y domicilio en el que también apuntaba a ese origen divino.

Al parecer, y según comentan en la zona, el contacto de este hombre y sus familiares era nulo en los últimos tiempos. Muchos coinciden en que “desvariaba”, pero puntualizan que “no le hacía mal a nadie”. Los familiares que reclaman ser incluidos en la herencia argumentarían, según fuentes conocedoras de este conflicto, que no se habían desentendido de él, si no que habrían dejado al “Santo” hacer el modo de vida que él quería, ya que era tan llamativo como inofensivo. Ahora será un juez quien decida si sus descendientes tienen derecho a percibir alguna parte de la herencia o si, por el contrario, el único beneficiario será este taxista morañés.

Seguimos camiño ata a igrexa “oficial de Cosoirado”

Posteriormente desprazámonos á coñecida igrexa dos Miragros de Amil.

Para voltar a Pontevedra, tivemos o acerto de rodear o monte Acibal, en vez de ascendelo. Foi unha boa decisión que nos deixou con altura suficiente para afrontar o último tramo do día en sentido descendende, pasando pola zona do Pontillón, Verducido e finalmente Lérez.

VER RUTA EN WIKILOC

 

11 de Octubre de 2012. As Covas da Vella. 45,5 kms.

VER EN WIKILOC

Seguimos coa nosa ansia de conectar antiguas rutas e zonas diversas para ampliar o noso catálogo. De tal modo de que ascendimos polos montes de Tenorio buscando unha pista que non demos atopado, compensándonos a pérdida co achado dun lugar fermoso con muiño e ponte no río Tenorio, nunha aldea chamada Traslamós.

Un pouco despistados baixo a chuvia ascendimos á serra do monte Castelo por unha estradiña estreita pero de forte pendente, unha vez superados os Palleiros e a Rascadería. O monte Castelo fai referencia etimolóxicamente non a un castelo propiamente dito, senón ás formas graníticas impoñentes que salpican dita montaña.

A partires daquí, unha facil baixada deixanos mesmo en Pazos de Borela, por unha zona non transitada aínda por nós, chamado as Xovas da Vella. A choiva arrecia e temos que protexernos nunha marquesiña de bus.

Continuamos vía paralela ó río Almofrei ata chegar a Borela mentras o sol saía de novo, a continuación ascendemos de novo para poñernos no estratéxico cruce de camiños do Campolongo que separa as Terras de Cotobade das de Pontecaldelas.

Dende aqui un descenso suave lévanos a unha ruta de sendeirismo polo regato de San Vicente e as Carballeiras de Gradín, para rematar o día volvendo a Pontevedra pola estrada.


3 de octubre de 2012. Canicouba-Vilar-Rañadoiro-Xustans. 35 kms.

Hoxe aproveitamos ben o día para investigar uns camiños e pistas inéditos pola zona sureste da serra da Fracha, con bastante éxito, pois confirmamos a existencia dun paso entre a Canicouba e Vilar que figuraba na cartografía pero estaba sen transitar. Asimismo comprobamos xa na casa, que aínda hai polo menos outro paso que queda para explorar próximas citas. Asimismo estrenamos unha amplia pista forestal que sube dende o Rañadoiro ata a Chan do Brasil, quedando do mesmo xeito, algun pequeño desvío sen hollar, nunha próxima ruta pola zona intentaremos completar o coñecemento desta amplia parte da nosa comarca.

<a href="”>

Pois ben, achegámosnos pola zona de Valadares (usando a primeira parte da ruta da fabada), para ascender finalmente por unha pista asfaltada ata a Canicouba, máis ou menos seguindo o Camiño de Santiago. Unha vez no alto da Canicouba seguimos polo campo de fútbol, pero en vez de subir hacia a Fracha, baixamos por unha pista con toxo amenazante, pero que nos permitiu chegar finalmente e con moita atención ó río da Ponte Nova, o que cruzamos por un pequeño postillón que nos levou á aldea de Vilar, onde fixemos un bucle-rodeo do monte.

Para continuar a ruta accedemos hacia o Rañadoiro por un camiño empedrado é empinado, para subir montado non vale, era millor haber ido pola pista que pasa a carón do cruceiro.

Unha vez no Rañadoiro, ascendemos á Chan do Brasil por unha pista que non coñeciamos, evitando o escaso asfalto. ( a pista está en mellor estado que a propia estrada).

Como colofón á ruta, circulamos por un bonito camiño ata a zona superior de Xustáns, o que nos deixa prácticamente en Baltar e xa sólo queda baixar a Pontevedra.

VER RUTA EN WIKILOC