3 de xullo de 2014. Castrove variado. 48 kms

VER ESTA RUTA EN WIKILOC

Ruta con un pouquiño de todo. Para empezar o camiño clásico de saída, pola xunqueira de Alba para continuar pola vía de servicio da autoestrada, seguindo hacia Campañó e a ascensión continua hacia as antenas.IMG-20140703-WA0018 IMG-20140703-WA0013 IMG-20140703-WA0014 IMG-20140703-WA0015 IMG-20140703-WA0016 IMG-20140703-WA0017IMG-20140703-WA0012 IMG-20140703-WA0000 IMG-20140703-WA0001 IMG-20140703-WA0002 IMG-20140703-WA0003 IMG-20140703-WA0004 IMG-20140703-WA0005 IMG-20140703-WA0006 IMG-20140703-WA0007 IMG-20140703-WA0008 IMG-20140703-WA0009 IMG-20140703-WA0010 IMG-20140703-WA0011

Despois dunha longa subida achegámonos os dous cumios do Castrove, contemplando as espléndidas e amplas vistas das rías de Pontevedra e Arousa, así como toda a comarca de Pontevedra e o Salnés.

Despois dun rápido descenso viramos cara o campo de Golf, onde abundan rutas sinalizadas. E un lugar moi transitado pero cheo de encanto, aproveitamos parte dunha ruta recén marcada. BTTinto?

A continuación, atravesamos hacia a vertente sur para desviarnos por unhas boas pistas hacia Samieira, aproveitando finalmente uns camiños e trialeiras moi divertidos.

 

 

 

 

Anuncios

25 de xuño de 2014. Monte da Penarada. 57 kms

VER ESTA RUTA NO SPORTS TRACKER
IMG-20140626-WA0001

 

A partires de agora, os días irán indo a menos, así que hai que aproveitar o horario de verán para facer rutas máis ou menos longas. Hoxe saímos pola estrada para chegar canto antes a zona do Polígono da Reigosa.  Atopamos un pequeno desvío ata o colexio. De tódolos xeitos, a última hora collemos un camiño sinalizado que enlazaba co camiño dos arrieiros, tiña boa pinta, pero a cousa complicouse bastante porque a ruta estaba pechada con silvas moi agresivas. Unha vez que chegamos a Vilarchán continuamos polo tradicional pista que nos leva polas alturas de Buchabade e Tourón, pasando os petroglifos, e antes de chegar a Gradín, tomamos rumbo hacia o miradoiro do Pé da Mua, facendo un descanso na área recreativa e pasando a carón da caseta de incendios, aproveitando un tramo da BTTroita.

Sen embargo descendemos hacia a estrada, Pontecaldelas-Aguasantas, por unha fenomenal pista. Decididos baixamos ata os pasos da Fraga, e dende esta fermosa paraxe, da que podedes buscar fotos neste mesmo blogIMG-20140626-WA0003Logo, descubrimos un bo camiño hacia Caritel.

A partires de aquí, ascendemos de novo o monte para dirixirnos ó obxectivo de hoxe, o monte da Penarada, entre Pontecaldelas e o embalse das Eiras. Lástima do día de néboa, que nos privou das excelentes vistas que dende alí se divisan.

IMG-20140626-WA0002
IMG-20140626-WA0000 (1)Continuamos circulando polo monte un longo treito ata chegar á Roca, e unha vez en Pontecaldelas, retomamos os primeiros kilómetros da BTTroita, ata Parada. A continuación voltamos pola estrada de Xustáns.

11 de xuño de 2014. A pedra da serpe. 49 KMS

VER ESTA RUTA EN SPORTS TRACKER

Longa ruta, bastante pisteira, técnicamente sinxela.

Partimos pola zona de Mourente, para cruza-lo lerez e adentrarnos en Gatomorto, buscando o monte de San Andrés de Xeve. 
IMG-20140611-WA0003 IMG-20140611-WA0004 IMG-20140611-WA0005 IMG-20140611-WA0006

En longo pero levadeiro ascenso alcanzamos o cruce de camiños da Chan de Ramil no Acibal, para continuar polo alto do monte que divide as terras de Moraña e Campo Lameiro.

Na capela de San Antón hai preparativos para unha verbena, alí está a pedra da Serpe.IMG-20140611-WA0010

IMG-20140611-WA0007Para voltar metímonos nun camiño cegado de xestas que nos fixo perder moito tempo e algo de sangue ata chegar á igrexa de Fragas.

Dende alí, un duro ascenso hacia o Coto da Anduriña, para rematálo día.  Cruzamos o río Lerez pola ponte colgante de Calvelo, para rematar o día por Tenorio.

IMG-20140611-WA0008

IMG-20140611-WA0009