27 de xullo de 2014, II marcha cicloturista Oia A baixo Miño Val Miñor. 116 kms.

Ten este nome tan longo, eu chámareille a marcha de Oia.

VER ESTA RUTA EN WIKILOC

O día resultou con moita néboa, sobre todo na zona de costa. Foi unha mágoa, porque non poidemos disfrutar das espectaculares paisaxes atlánticas.

Decidín ir desde Vigo no coche todo pola costa, porque ía sobrado de tempo. Así foi como comprobei a perigosidade da senda ciclista que vai paralela e por veces invade a estrada. Adiantei a varios ciclistas e realmente comprobei o risco que supoñia sobre todo nun día neboado coma hoxe. Personalmente penso que este tipo de carriles-bici, non teñen sentido,  os ciclistas deben integrarse na circulación e non pseudo-segregarse.

Ia facer unhas fotos do mosteiro de Oia, pero con tanta néboa non se vía nada, así que poño estas roubadas,Mosteiro Oia_Foto actual descarga

Despois de recoller o dorsal, a espera fíxoseme un pouco longa, foi unha pena ir solo a esta marcha. Aínda menos mal que finalmente apareceron un par de coñécidos. A néboa por veces parecía chuvia, pois mollaba bastante.1488248_505001106297360_2725118958935438669_n

O transcurso da marcha foi neutralizado nos tramos llanos, así foi que rodamos a un ritmo cómodo en pelotón hacia Baiona e Gondomar.

A partir de certo momento, iniciase o tramo libre de ascensión ó Monte Aloia, por unha vertiente descoñecida para mín.10552606_505003289630475_5820505322048687655_n En certo punto había unha alternativa e decidín tirar pola zona dificil. Craso error, pois tratábase dun tramo de dous ou tres kilometros moi duros, con unha rampa de varios centenares de metros con 30%. Persoalmente pareceume máis dura que o Ézaro, de feito, nun momento de debilidade tiven que poñer pé a terra.

Unha vez superado o tramo de novo xuntábanse os dous grupos para rematar o ascenso hacia o Aloia, xá máis levadeiro.

Un rápido descenso, donde disfruto ata os 80 kms/hora, e parada no primeiro avitullamento, con fruta, bolos e bebida.10527577_505010732963064_2263943835238894685_n

Continuamos por Tui, O Rosal e A Garda, de novo en pelotón a un ritmo constante por zona llana.10557309_505009096296561_3733810721857198189_n35480_505010009629803_7716705348470406749_n

10551033_505022092961928_3408765780262472621_nDe volta á costa de novo a néboa, e unha vez alcanzado Oia, de novo tramo libre, con ascensión á serra de Groba.10514591_505011506296320_5750887676351951737_nOIA WEB 2

groba oia web 2As rampas iniciais son tan duras que os veteranos  xa nos quedamos a varios centenares de metros da cabeza,10557176_505013096296161_5154406247171026798_n octubre 012 copia10347504_505013059629498_8446447829970182878_nos chavales que compiten suben livianamente pola ladeira da serra mentres os demais imos sobrevindo como podemos ata alcanzar o falso llano que coroa a serra ata Torroña.10418327_505013036296167_2725798787076491206_n

De novo un descenso por unha estradiña con firme bastante irregular e moi perigosa, tal vez arriscamos algo demáis, pero había que amortizar  o sufrimento da subida.10576983_505017349629069_2862212235147201460_n

Na aldea de Mougás, un novo avituallamento-reagrupamento, para chegar todos xuntos ó punto de partida.10390542_505021579628646_2361583308398331342_n10440702_505022042961933_2075905832846733438_n

Como resumen, en primeiro lugar hai que destacar que a marcha foi gratuita, así que todo o que digamos a partires de agora ten que ter en conta este primeiro punto.1385723_505021772961960_4231097384855120832_n

O percorrido tiña dous tipos claramente diferenciados; o llano neutralizado no que creo que se rodou incluso algo lento, e o tramo montañoso, que me pareceu  demasiado duro. Botei de menos algo intermedio, (exceptuando claro a zona do falso llano da Groba). todo esto son preferencias personales, claro.

O ambiente moi bo, como non podía ser doutro xeito, os avituallamentos completos e abundantes, a sinalización impecable, e o voluntariado moi amable.10533548_505011232963014_1253206312959187998_n

Grazas á organización polo traballo.





1911773_505022142961923_7603534139048321201_n

Anuncios

Gafos- Canicouva- Fracha-Rañadoiro-Vilar-Canicouva-Gafos. 39 kms

IMG-20140724-WA0008

 

VER ESTA RUTA NO SPORTS TRACKER

Tradicional e pouco novidosa a ruta de hoxe, saímos de Pontevedra pola archicoñecida ruta dos Gafos, que de xeito sinuoso resulta un ledicioso modo de iniciar a ruta. Actualmente está en boas condicións. A medio camiño abandoamos a senda e buscamos o Camiño Xacobeo por un par de kilómetros, pero despois xiramos á esquerda para chegar á Canicouva. Dende aquí tivemos que ascender á Fracha, porque a idea de baixar ata a unha das pontes que une con Vilar tivo que ser descartada porque o camiño xa está cegado, do mesmo xeito que un que atopamos un pouco máis arriba. IMG-20140724-WA0007

Despois de reparar un pinchazo e dun refrescante repouso continuamos pola tradicional ruta das Canteiras, para unha vez na Chan do Brasil ampliar un pouco  a ruta coa circular do monte de Taboadelo.IMG-20140724-WA0006

Baixamos polos camiños que puidemos ata o Rañadoiro, as sendas están difíciles de atopar.IMG-20140724-WA0002

Unha vez alí, despois de admirar os monumentos naturais, baixamos polo camiño empedrado ata a ponte.

Unha nova subida por estrada a Canicouva, (hai un camiño, pero seguramente está impracticable, xa non había ganas de probar).  Finalmente de novo río Gafos e misión cumplida.

IMG-20140724-WA0003 IMG-20140724-WA0004 IMG-20140724-WA0005

IMG-20140724-WA0000IMG-20140724-WA0001

17 de xuño de 2014. Cuspedriños. 50 kms

VER ESTA RUTA EN SPORT TRACKER

Completa ruta a deste día ata as terras de Cuspedriños, en San Xurxo de Sacos, Cotobade.

Despois da tradicional senda do Lerez, que coma sempre serve para quecer motores, ascendemo ó monte que separa o Couto de Bora con Tenorio, mais que nada para evitar a estrada Po- Ou. Iso representa un duro ascenso para despois baixar, pero esta moi chula esta ruta.

Unha vez en Traslamós, buscamos a ruta de subida de novo hacia Vilanova, despois un serio reventón atopámola fácilmente, nada que ver coas duas ou tres veces que xa nos despistamos por estes camiños en sentido inverso.IMG-20140717-WA0006

Despois duns pequenos despistes na ruta dalgún membro do grupo, de novo xuntámonos xa na pista principal do monte, a que leva hacia a zona de Carballedo. 
IMG-20140717-WA0000 IMG-20140717-WA0001

IMG-20140717-WA0004

Por fin rematámo-lo longo ascenso e en medio da néboa aventurámonos por bos camiños que nos levan á carballeira de Cuspedriños. IMG-20140717-WA0002

Un técnico descenso a Viascón e emprendemos a ruta pola Vía Escondida, para voltar de novo a Tenorio.IMG-20140717-WA0003

E unha rutiña que resultou bastante variada e con pouco asfalto.IMG-20140717-WA0005