IV Volta Val do Támega. 14 de xullo de 2013. 125 kms.

Capturaw

Este ano decidinme a participar na Volta o val do Tamega, aínda que non estaba moi convencido xa que nunca fixera tantos kilómetros, polo tanto o meu obxetivo era chegar a meta.
img001img002

Na súa cuarta edición a Volta o Val do Tamega homenaxeou o ciclista Ourensán Raul Rey Formosel, nado no 1935 e participante en varias edicións de Tour e Vuelta.
Afortunadamente o dia anterior a tormenta e a choiva que a acompañou refrescaron moito o ambiente, cousa que agradecemos os participantes na saída, un pelotón non moi numeroso de uns 150.

SAIDA
Comenenzou a proba cun percorrido neutralizado de 23Kms. polo val, que entre outros visita o meu pobo (Oímbra), deseguido comeza a ascensión o primeiro dos tres portos do dia; Vilardecervos e afronto a subida con calma para ver se o meu amigo David que me acompañou no val pode seguirme, pero como vexo que se vai quedando decido tirar en solitario dende a metade do porto, recuperando algunha posición pero comprobo que e tarde para reaccionar xa que o núcleo do pelotón desapareceu e quedei condeado a realizar practicamente todo o percorrido en solitario.
DORSAL
Despois de recoller un botellín de auga no cruce de Vilardevos e vendo que un grupiño me levaba unha vantaxe de un minuto aprox. tento achegarme a eles, pero o mais preto que estiven foi, xa pasado Verín, pola zona de Caldeliñas onde me levaban apenas 30 s. tendo que desistir o comprobar que se alonxavan definitivamente.
A subida a Albergueria faise longa e a calor agora si xa nos acompaña. Cara a metade do porto supéranme tres ciclistas os que lle collo a roda uns quilómetros, facilitándome así un pouco a ascensión aínda que me quedo descolgado e chego solo arriba o avituallamento onde me tomo catro ou cinco bebidas isotónicas e un plátano.
Un pouco de baixada e logo terreo rompepernas ata achegarnos a Viladerrei para afrontar xa o ultimo porto, subida as Estivadas polo lado fácil, eso si despois de mais de 100Kms. e xa algúns amagos de tiróns. Tomamos a subida ca tranquilidade de saber que coroado o porto solo queda disfrutar da longa baixada ata a meta de Verín.
Finalmente disfrutamos da comida. A organización foi moi boa a nivel de avituallamentos, sinalización e indicación de perigos, coa colaboración de protección civil, axentes de tráfico e axentes municipais e voluntarios. So un fallo que puido causar unha desgraza xa que a carpa do posto de meta saíu voando…

DIPLOMA VAL DO TAMEGA 2013

Anuncios

7 de xullo. Clásica Álvaro Pino 2013. 101 kms

 

VER A RUTA EN WIKILOC

PINO

Chegou o mes de xullo e con el de novo temos ocasión de disfrutar da Clásica Álvaro Pino, á que acudimos por segunda vez.

O redor de 500 participantes nos reunimos en Ponteareas un ano máis, esta vez había un invitado de excepción, Ezequiel Mosquera, e outro que non estaba invitado pero se presentou sen pedir permiso: a calor abafante.

993906_10201533564840936_571385325_n

Xa de mañanciña se presaxiaba o drama, o termómetro íase disparando e nada mais saír o pelotón, todos estabamos xá suádos. Pareceume a min ou foi certo que ó chegar a Redondela algúns xa íamos extremadamente esgotados. Os máis bulideiros partiron inmediatamente o grupo nada máis pasar as rúas da vila.

Do mesmo xeito que o ano pasado, a primeira subida ata Amoedo fáiseme tremenda. Decido regular para non queimar as naves antes de tempo e vexo como me van superando moitísimos corredores, entre eles como é natural, Ezequiel Mosquera. Busco a sombra con insistencia, nestas estradas tan anchas non é facil porse a cuberto do sol.

1010057_10201533566680982_1469554325_n

Chegado o falso llano meto prato e recupero grande parte do terreo perdido. Xa superado Pazos de Borbén alcanzo  a varios compañeiros do clube, cousa que me anima bastante.  Mesmo formamos un pequeno grupiño ata chegar a Fornelos de Montes. Sempre se vai mellor en grupo que en solitario.

Metémonos nunha zona mais sombría, cousa que se agradece, porque o termómetro segue subindo. A pesares de levar dous bidóns, xa non me queda auga. Unha vez coronado Estacas, recuperamos o alento no avituallamento, caéron dous botellíns de auga e un powerade.

Con forzas renovadas empezamos a disfrutar do máis bonito da ruta, algúns descensos perigosos e repeitos cortos. Territorio rompepernas que me vai ben, conseguindo por fin un ritmo vivo.

Na zona de Piñeiro collo a roda de D. Álvaro, e todo un honor.

Arriscando un pouco máis da conta chegamos bastante sobrados ó punto de corte, onde os máis ousados tiran hacia a Graña. Eu xa tiña decidido dende un principio ir pola corta, con tanta calor o percorrido longo podía ser dantesco, como así relatarían os valentes que ousaron facelo.

Unha pequena neutralización e iniciamos en grupo de novo o ascenso a Moncelos. Nos primeiros dous kilómetros atopámonos ben, mesmo chegamos a encabezar o pelotón. Pero unha vez superada a poboación de Maceira, a subida a Moncelos atragántouseme bastante, necesito auga con desesperación, cando superando unha curva unha man caritativa me da unha botella de auga, que non sabes ben se bebela ou tirala porriba para refrescarse.

A duras penas chegamos ó alto de Moncelos, vendo como somos superados por varios ciclistas que son mellores escaladores.

Xa na cima hai outro avituallamento que non me podo saltar a  pesares de perder roda dun grupiño xeitoso.

Descendendo coma un tolo intento tomar contacto de novo co grupiño de cinco ou seis, pero subindo Fontefría vánseme definitivamente.

O touro de Osborne obsérvame ameazante e a piques de reventar consigo alcanzar a un ciclista. Así que a relevos intentamos acadar o grupiño, cousa que non conseguimos.

Na meta, mellor posto pero peor tempo ca o ano pasado, eso si, estiven máis tempo parado.  Moncelos e Fontefría subinos bastante mal.

933870_10201506803451918_1466955329_n 1075765_10201556724979925_1748895938_n 1001873_10201533564680932_2001527455_n

Xa no pabellón, seguimos a inxerir líquidos ( calculo que sobre 5 litros), e a liberalos en forma de suor.

En canto á proba en si, nada que reprochar, organización casi perfecta,  parece que houbo xente que sufriu escasez de auga, non foi o meu caso.

Ambiente familiar, voluntarios, motos e coches de asistencia, senalizacións, simplemente perfecto. O ano que ben estaremos de novo, se a saúde o permite.

A ver se consigo algunhas fotiños…

cartel2013web

alvaropino2alvaropin01

4 de xullo de 2013. Samieira. 40, 5 kms.

VER ESTA RUTA NO WIKILOC

Fai xa algúns días que fixemos esta ruta. Buscamos primeiramente percorrer o máis pegado posible ó mar, que con estos días de tanta calor sempre se agradece.

Pasados Portosanto e a Seca descubrimos a variante do Camiño de Santiago, que seguimos nun duro ascenso dende Combarro.

Cando nos cansamos de ascender segúimos á esquerda polos montes de Samieira recorrendo varias pistas e trialeras algo perigosas ata chegar ó campo de Fútbol. Como o día era bastante caluroso, retornamos hacia a casa por Campañó, a fonte que hai en Aris dounos a vida.