24 de noviembre de 2011. Rumbo ó norte. A azucareira de Portas. Ruta Domingo Fontán. 49 kms.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Esta ruta é unha boa alternativa ó camiño de Santiago. Descorre de sur a norte por unha franxa entre aquel e a autoestrada do atlántico, seguindo asimesmo os pasos da vía férrea.
Tratase dunha ruta bastante sinxela, salvo pola súa lonxitude, pero non hai alturas nin desniveles fuertes.
Saimos polo centro de Pontevedra, seguindo o coñecido camiño de Santiago, pero ó chegar a San Amaro, xiramos á esquerda ata chegar á autoestrada e aproveitamos para ir pola vía de servicio do lado dereito da mesma. Prácticamente circulamos a escasos metros da vía. Cuidado cunha casa con estrela de David, hai está marcado como propiedade privada e hai uns enormes cans, mellor coller un desvío e librar de problemas.

Deixamos atras o concello de Barro e entramos en Portas. Por unha estrada local exenta de tráfico chegamos a Porta do Conde. Esta aldea ten a particularidade de ser cuna do ilustrado Domingo Fontán Rodríguez (Portadeconde, Portas, 7 de abril de 1788 – Cuntis, 24 de octubre de 1866), ilustrado galego, coñecido sobre todo por ser o autor do primeiro mapa topográfico e científico de Galicia. ( Viña a ser o Google Earth da época), pola parte que nos toca rendímoslle cumprido homenaxe, como tamén fan así na súa vila natal, onde abonda profusamente o sen nome: plaza, campo de futbol, casa natal, monumento, centro de ensino, etc…Noutra ocasión visitaremos a casa natal e o monumento, porque pasamos de largo.

Xa na estrada Caldas Vilagarcía eríxese a impoñente silueta da cheminea da vella azucareira, en fase de restauración, trátase dun enorme edificio que está sendo remodelado para acoller outros menesteres, hai un centro de día de persoas maiores, nun entorno moi ben arranxado. Non poidemos subir á torre, que dispon dunha escada de caracol polo seu exterior, e un ascensor por dentro. Parece ser que hai que pedir chave e vez no concello. Esta fábrica foi construida para procesar remolacha e poder sustituir a caña de azucar unha vez perdidas as posesións de ultramar. Solo funcionou entre 1899 e 1904.
Para voltar a Pontevedra, variamos algunhas partes do recorrido, como podedes ver no track. (Anque non debimos meternos na estrada de Vilagarcía).

VER EN WIKILOC       VER MAPA RESUMEN

Anuncios

18 de noviembre de 2011. Coto dos Infernos. 40 kms.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Variante da anterior ruta Pontecaldelas Oeste, con ascensión a cima do Coto dos Infernos.

Para empezar, subimos por pistas interiores de Marcón, con fortes pendientes asfaltadas chegamos ó polígono, atravesamos polo medio das parcelas industriais aínda sin naves, salvando algúns desniveles e badéns.

Unha vez no cruce de Portela Madeira collemos o camiño da dereita que nos leva hacia a zona de Xustáns. Os camiños empedrados levan unha cuarta de agua e non e fácil pasar sen mollar os pes.

En vez de ir chegar a Xustáns, xiramos á esquerda e chegamos a Aluncia, continuando a baixada por Chan do Casal ata a Ponte de San Vicente, pasando pola capilla e continuando a carón do río ata chegar a Tourón.

Achegámonos pola estrada ata Santa Ana, e dende a fonte tiramos por unha pista ata chegar á zona de Val das Tablas, onde decidimos atacar a cima do Coto dos Infernos.

Rodeamos pola Chan Grande e no Campo do Touro xiramos e entre camiños de Xestas presentámonos na base do coto, que ven a ser unha especie de fortaleza granítica de dificil acceso. Despois dunha dúbidas divisamos un carreiriño que nos leva á cima.

Este monte domina unha grande extensión de terreno, divísase toda a Comarca, incluidas as tres rías da provincia.

O Coto dos Infernos (624 mts) iguala en altura co veciño Mirador da Castrelada,  a Faro Domaio e o monte Xaxán, e supera a outros de máis sona coma a Fracha o Castrove ou o Acibal.

Na cima hai restos de construcción de pedra, así como unha caseta en bo estado de conservación.

A baixada é facil,  rápida e directa ata Pontevedra, ainda que  a chamada Costa dos Bechos está en mal estado.

VER EN WIKILOC                                   VER MAPA RESUMEN

 

10 de noviembre de 2011. Outeiro de Loural. 38 kms.

Ruta pistera pola zona de Pontillón de Castro, pouco asfalto e bastante dificil pola subida dende o Embalse ata a cumbre do Loural.

Salimos por Lérez, a porta do Sol, por pistas e camiños imos gañando altura ata chegar a Verducido. Unha vez no pontillón, iniciamos o ascenso por unhas pistas anchas e con bo firme, anque con algo de grava solta que dificultaba o avance. A duras penas chegamos á zona do pastizal, e xiramos ata o alto do monte Loural, onde hai unha caseta de pedra en moi bo estado.

As vistas son espectaculares, vense as tres rías, non fixemos fotos porque o día estaba gris.

A baixada por outra pista ata a fonte de Fentáns, despois retomamos a base do monte para chegar á igrexa de Santa María de Xeve. Dende alí atopamos un camiño ata Pillarteiros, chegamos á senda do Lérez e fín.

WIKILOC                           MAPA RESUMEN

4 de noviembre de 2011. Pontecaldelas oeste. 38 kms.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Exitosa ruta pola zona occidental do concello de Pontecaldelas.
Foi feita en solitario e en modo “explorer”, probando camiños.

Sumimos por Mourente, por pistas veciñais, ata chegar a igrexa. A continuación seguimos gañando altura hacia a Cardosa, onde se van abrindo vistas panorámicas da cidade de Pontevedra.

Cruzamos a estrada e seguimos de frente, atopamos un camiño de subida que bordea pegada á canteira. Seguindo os postes do gaseoducto ascendemos a trialera de Laxinde, xusto enriba do circuito de Motocross. Seguindo as señais do gaseoducto imos directamente hasta o polígono industrial. Alí ascendemos ata un pequeno monte que alberga un depósito enorme e unha antena, as vistas son interesantes.
Atravesamos o polígono e collemos un desvio. No cruceiro de Portela Madeira collemos o camiño da dereita e imos baixando por preciosos camiños empedrados e cheos de auga ata o Muiño do Crego. Así chegamos a Xustáns. Despois de visitar a curiosa igrexa parroquial descendemos ata a Chan do Casal para buscar outro tradicional camiño que baixa ata a estrada de San Vicente.
Da capela de San Vicenzo parte un camiño empedrado ascendente, que chega a un semdeiro que acompaña o río, nunha paraxe chea de carballos, muiños e auga. Unha pequena maravilla semiescondida. Nunha pequena ponte cruzamos o río e seguimos unha pista que sube a Tourón.

Continuamos por o parque arqueolóxico, e atravesamos ata Mirón, despois Vilarchán e a coñecida baixada á Peralba.
Despois aproveitamos a pista de baixada que nos leva ata o campo de Futbol de Bora. Dende aquí ata pontevedra por pistas veciñais.

En definitiva, ruta con tramos moi interesantes, algún deles serían mais cómodos de facer á inversa, para evitar poñer pe a terra.

ver en wikiloc              MAPA RESUME