15 de abril de 2012. Terras de Pontevedra na KDD de Marcón.


Ben sabedes que non somos moito de marchas organizadas, pero hoxe fixemos unha excepción e tres deportistas do grupo acercámonos a Marcón para apoiar esta iniciativa de Ciclos Farto. Voume explicar cando digo que non somos de marchas.

Non nos gusta que nos cobren cartos por facer algo que sempre facemos de balde. Tampouco nos gusta estar empantonados nos camiños mais de vinte minutos bloqueados, e por suposto odiamos que nos coman a orella decindo que estorbamos nas baixadas a “semiprofesionais de medio pelo”.

 

Por outra banda danos perguiza collé-lo coche e facer kilómetros para ter que andar en bici.

Ben nos mereceu a pena facer esta excepción das nosas costumes, pois hoxe non atopamos con ningún dos inconvenientes mencionados.

En primeiro lugar unha marcha gratuita, que nos tempos que corren sempre se agradece. Nota deberían tomar algúns que a pesares de ter “patrocinadores” esixen un desembolso económico desmesurado.

Eramos relativamente poucos así que poidemos disfrutar dunha mañán sen agobios nen atascos. Esta quedada é recén nacida, esperemos que non acabe “morrendo de éxito”. Da gusto rodar solos ou en grupiños de dous ou tres, collendo o ritmiño que cada un aguante. Hoxe non escoitei unha mala palabra, sendo un valor a ter en conta neste deporte que non debemos esquenzer.

E por último, todo esto ó ladiño da casa…

Xente de todos os niveles, uns sufrindo por ir diante, para pillar a aquel grupiño, para que non me pase ninguén…Outros sufrindo por atrás, … a ver se subo sen botar pé a terra, a ver se non me descolgo…Cada un deu o mellor de sí,… os últimos serán os primeiros e os primeiros serán os últimos, é ley bíblica e do ciclismo tamén… Tiven a sorte de chegar a  ir a cola de grupo e tamén tiven ocasión de ir cos de cabeza e en todas partes había un bo rollo que nin vos conto…

Analizando o percorrido hai que decir que tiña tres partes ben diferenciadas, a gusto do consumidor.

Tras dunha pequena zona chaira, de precalentamento iníciase a parte sen dúbida máis dura do percorrido. Unha rampa dificil de algo máis dun quilómetro marca as primeiras e grandes diferenzas.  Unha rápida baixada e de novo a subir.  Lingua fora e quilos que sobran…

A segunda parte da ruta ocupa moitos quilómetros de pista fácil e sen apenas desniveles. De agradecer para ciclistas coma nós, os seguidores do blog sabedes dos nosos gustos. Rodadores ó poder.

A terceira parte consistía nun descenso vertixinoso por unhas trialeiras con moito desnivel pero técnicamente asequibles, sen apenas pedras, ben sinalizadas. Tanto era o desnivel que realmente fíxosenos  algo corta a baixada.

Agora voume permitir poñerlle notas á organización:

PERCORRIDO: 9,5 (quítovos medio punto por pasar duas veces polo mesmo sitio, coa cantidade de pistas que hai pola Fracha, xa sei que seguramente sexan manías miñas)

SINALIZACIÓN: 9,5 (quítovos medio punto porque a xente dicía que se vos acabou o bote do spray chegando ó campo da festa de Marcón).

AVITUALLAMENTO: 10 (plátano e aquarios) os meus favoritos . A bolería teñou medio prohibida. Todo con fartura…

en resumen SOBRESAINTE.

GRAZAS DESDE TERRAS DE PONTEVEDRA, PONTEVEDRA EN BICICLETA.

VER EN WIKILOC                       VER MAPA RESUMEN

Anuncios

Un comentario en “15 de abril de 2012. Terras de Pontevedra na KDD de Marcón.

  1. Mágoa de non ter participado nesta marcha ao carón da casa, inda que estaba anotado dende o primeiro dia, quédome coa crónica e as fotos do voso blog e do foro, a fracha dende sempre é un lugar fermoso para disfrutar coa bici, agardemos estar en breve listo para pedalear de novo polos nosos montes.

    Un saúdo para a xente de terras de Pontevedra.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s