Mércores 19 de febreiro de 2014. Por Pontecaldelas. 43 kms.

Pontecaldelas dende Monte Casteliño
Pontecaldelas dende Monte Casteliño



2014-02-19-022

VER ESTA RUTA EN WIKILOC

Ruta interesante entre os kms. 10 e 30, o resto é feito por asfalto. Subida por Vilarchán hacia Tourón e descenso por Gradín visitando Monte Casteliño e a súa capela do Sagrado Corazon,  chegamos ata o mesmo centro de Pontecaldelas. Sendeiro seguindo o río e paso por Parada para chegar a San Vicenzo en Taboadelo.2014-02-19-0202014-02-19-0212014-02-19-023

2014-02-19-025

REGATO DE SAN VICENZO, UN AUTENTICO RÍO CON TANTA CHUVIA:

2014-02-19-026

Xoves, 13 de febreiro de 2014. Gargantáns, igrexa e menhir.

VER ESTA RUTA NO WIKILOC.

Ruta que parte de Lérez, e ascende por Cerponzóns hacia o Monte Acibal, que se bordea pola parte oeste ata chegar á aldea do Castro, pasando pola Pallota e o Muiño.

San Martiño de Gargantáns. Século XII

Da páxina patrimonio galego.net.

Outra fotografía:

Da igrexa orixinal só se conserva a ábsida que conta cunha colección de canzorriños zoomorfos e vexetais, e con catro columnas tamén decoradas con capiteis. Curiosamente un dos canzorriños tamén está na próxima igrexa de San Pedro de Rebón.

Na parte central conta cun rosetón e dúas ventanas máis pequenas con fermosas celosías. O estado de conservación e excelente.2014-02-13-008 2014-02-13-001 2014-02-13-002 2014-02-13-003 2014-02-13-004 2014-02-13-005 2014-02-13-006 2014-02-13-007

No interior conta cun arco triunfal de medio punto decorado con capiteis vexetais.

Na entrada da igrexa atópanse moitos sepulcros antigos que conservan as súas laudas. E tamén fora, atópase un cruceiro con inscricións moi desgastadas na súa base.

Pedrafita-menir A Lapa de Gargantáns. Moraña

Extraído do blog http://dolmensedemaisfamilia.blogspot.com.es

 
Ata hai pouco tempo a Lapa era considerada pola maior parte dos prehistoriadores galegos como a única pedrafita existente en Galicia, feito que hoxe non se pode manter. 
Pénsase que a pedrafita foi trasladada do seu lugar orixinal ata o novo emprazamento posto que a base atópase cortada polo que tamén debía ser máis alta. Atópase nunha zona arqueolóxica con numerosos xacementor prehistóricos. Foi descuberta no ano 1958.
Así, antes de ser cortada acadaba os dous metros e corenta cms de altura e, logo da súa restauración e novo emprazamento, a altura chega a un metro e noventa e dous centímetros.  Posúe forma cónica coa base cadrada e os lados curvos. Todas as superficies das súas caras foron moi traballadas posto que podemos aprecier zonas pulidas, un total de vinte cazoliñas e algunhas ferraduras. 
 Debuxo versión dos gravados da Lapa de Gargantáns.
Esta senlleira pedrafita permaneceu tirada no chan ata que os arqueólogos do Museu de Pontevedra restaurarona axeitadamente e voltando a erguela ao seu presumible estado orixinal.  Calcúlase que data no neolítico final, aproximadamente entre o 2.500 e o 2.000 a XC. Hoxe en día a Lapa aínda está a servir como lindeiro ou pedra de termo entre dúas parroquias, feito que puido ser decisivo para que chegara ata a actualidade.
Aparece como enseña no escudo municipal do Concello de Moraña.

Voltamos pola Estrada de Rebón para continuar ladeando o Acibal, esta vez máis próximos á estrada Pontevedra-Santiago.

5 de febreiro de 2014. Unha voltiña pola Fracha e aledaños. 33 kms.

 

Entre temporal e temporal, aproveitamos calquer resquicio para sair en bicicleta.

Os camiños por veces parecen ríos, e hai profundos charcos a cada paso. Todo hay que deci-lo, no fai frio e unha vez que te mollas xa case da igual, chove sobre mollado.

VER  ESTA RUTA NO WIKILOC

2014-02-05-544 2014-02-05-541 2014-02-05-542 2014-02-05-543 2014-02-05-555 2014-02-05-547 2014-02-05-548 2014-02-05-549 2014-02-05-550

Subimos directamente hacia o Povorín da Fracha, maiormente por asfalto, as pendentes son terribles.  Do kilometro 2 ó 6 son 4 kms ó 10 %, e do 4 ó 5 supera o 14 % de media.

Unha vez arriba dirixímonos por unha zona de bastante altitude ata o cruce de camiños de Taboadelo, para dar a tradicional volta o monte.

A partires daquí, camiños empedrados de Xustáns, máis charcas en Vilarchán e descenso polo monte do Salguieral, para voltar á Peralba, pasar a Castro-Senín e baixar a Mourente.2014-02-05-5522014-02-05-553

2014-02-05-551