27 DE NOVEMBRO de 2013. Vilarchán, Tourón, Borela e Almofrei. 41 kms.

2013-11-27-373 2013-11-27-358 2013-11-27-359 2013-11-27-360 2013-11-27-361 2013-11-27-362 2013-11-27-363 2013-11-27-364 2013-11-27-365 2013-11-27-367 2013-11-27-368 2013-11-27-369 2013-11-27-370 2013-11-27-371 2013-11-27-372ver no Wikiloc

Unha ruta das clásicas, que transcorre entre os montes de Vilarchán e Tourón, en Pontecaldelas, e Borela e Almofrei, en Cotobade.

E a típica ruta con moita subida ó principio, anque levadeira, con pendentes non moi pronunciadas e  pistas en bo estado, pouco técnicas en xeral.

Iniciamos o ascenso polo camiño de Cementerio, en San Mauro, alcanzando as alturas do polígono da Reigosa por pistas interiores, sen agobios de tráfico.

Seguimos por Contixe e a tradicional subida dende os petroglifos de Tourón por Nabal do Martiño.

Xa con direccíón oeste, buscamos e despois dun camiño fallido finalmente atopamos unha nova ruta de  descenso por unha corredoira ata a aldea dos Currás, en Borela.

Asimismo, fixemos a tradicional visita ata a ponte de Almofrei, para cruzar a continuación a Mirón, despois de subir a pé uns centenares de metros entre o toxo.

21 de novembro de 2013. Caldas-Portas. 50 kms

VER ESTA RUTA NO WIKILOC

Ruta fácil, sen demasiadas complicacións técicas, fora de algúnha curta pendente extrema.

CAPELA DE SAN AMARO
CAPELA DE SAN AMARO
CAMIÑO EN SAN AMARO
CAMIÑO EN SAN AMARO

A primeira parte, ten pouco que comentar, xa que discorre prácticamente na súa totalidade polo camiño xacobeo portugués. 

OBXETOS DEIXADOS POLOS PELEGRINOS EN TIBO
OBXETOS DEIXADOS POLOS PELEGRINOS EN TIBO
CRUCEIRO DE TIBO
CRUCEIRO DE TIBO
SANTA MARIA DE CALDAS
SANTA MARIA DE CALDAS

AZUCREIRA DE PORTAS

Unha vez que chegamos a Caldas damos case media volta ata a altura da azucareira de Portas.  Iniciamos unha breve pero fructífera exploración por uns pequenos montes, para chegar a Porta do Conde, e finalmente buscar a vía de servicio de autoestrada que nos acompaña ata Pontevedra.

XUNQUEIRA DE ALBA

XUNQUEIRA DE ALBA