29 de octubre de 2011. Arufe.44,5 kms.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

VER EN WIKILOC                VER MAPA RESUME

Hoxe atopamos unha interesante ruta. Realmente o bo empeza en Vilarchán, ata alí subimos pola estrada para non perder tempo. Collemos a pista que nos leva por encima de Santa Ana e Tourón, unha vez superado o parque dos petroglifos collemos un desvío levemente ascendente que nos leva hacia as terras de Cotobade, evitando estradas, e bordeando o Coto dos Infernos. Cruzamos a estrada Borela- Pontecaldelas e enfilamos de frente a longa pista, para coller un desvío hacia Famelga. Xusto antes de entrar en Famelga un novo desvío a esquerda , senalizado como ruta 4 Btt, e circulamos polo alto do monte ata baixar a Insuela, xa na parroquia de Loureiro. Visitamos a bela Igrexa de Santiago.

Seguimos por un antiguo camiño  flanqueado por carballos e castiñeiros, de grande beleza, atravesando unha aldeiña de casas abandonadas chamada Arufe, con horrreos e casas de sólida pedra. Vese que nesa aldea detívose o tempo, non hai estrada, nin se ven postes eléctricos, nin de teléfono. Hai unha pequena fonte no camiño.

Confortados baixamos hacia Rebordelo, pasando pola capela e cruceiro de San Brais, e a continuación facemos parada no fermoso lugar de Lourenzos, onde se atopa un pazo abandonado, chamado Casa do Dean. Do mismo xeito que na aldeiña de Arufe, evocanse tempos pasados.

Afortunadamente destaca en Rebordelo a pedra do pais, as restauracións están ben feitas, respectando a arquitectura tradicional.  Tivemos unha sensación parecida fai uns días en Aguasantas.

Para rematar a visita ímos ata a Igrexa de San Martiño, como curiosidade fai agora un ano un raio feriu a torre do campanario. Cerca hai unha carballeira cun fermoso cruceiro.

Para voltar, collemos en Pozo Negro unhas pistas que nos levan ata as Lagoas, e en Pazos de Borela seguimos unha coñecida ruta a carón do río, que nos leva ata Ponte Borela. Decidimos voltar por Vilarchán, e así o facemos pola estradiña de Mirón.

Desde Vilarchán a Pontevedra, baixamos pola estrada.

 

Anuncios

Algúns montes da comarca

ZONA NORTE:
Outeiro do Castro       Verducido       Monumento o canteiro    296     si
Outeiro Branco          Verducido       Caseta                  407     si
Acibal                  Verducido       Vértice                 596     si
Acibal                  Verducido       Caseta                  586     si
Loural			Verducido	Caseta			539	no
Outeiro Redondo		Fragas		Caseta			538	no
Coto da Anduriña        Redonde         Torres TV               425     si

ZONA ESTE:
Mourente	        Pontevedra      Mirador, Vértice	241	si
Monte Arcela		Carballedo	Torres TV, Vértice	599	si
Monte Coirego		Corredoira	Caseta Incendios	774	si
Seixo Outeiro do Coto	Cerdedo		Caseta			1014	si
Seixo Cruz do Seixo	Caroi		Cruz 			994	si
Seixo Santa Mariña	A Lama		Caseta, Vértice			994	no
Seixo Bico Poza do Coto	A Lama		Mirador			966	si
Monte Calvo		Famelga		Torre TV		617	no
Castrelada Coto Pequeno	Pontecaldelas	Caseta Incendios	629	si

Penaranda               Pontecaldelas   Antenas, Vértice        544          no
Sisalto                 Cotobade        Vértice                 602   no
Coto do Castro		Aguasantas	Mirador			534	si
Coto dos Infernos	Mirón		Caseta			624	no

ZONA SUR:
A Fracha		Marcón		Vertice e Antenas	542	si
Fracha Coto Franqueira 	Marcón		Caseta			552	no
Coto de Fonte Laxe	Taboadelo	Caseta			489	si
A Peneda		O Viso		Capela			329	si
Alto de Cabaleira	O Viso		Zona Aena		277	si
Monte Monzón		Moreira		Caseta Forestal		475	si

ZONA OESTE:
Campelo                 Poio            Vértice                  76     no
Monte Tomba		Poio		Torres TV		217	si
Monte Castrove 	        Poio		Caseta 			607	si
Monte Castrove		Poio		Antenas			613	si
Monte Castrove		Poio		Caseta e Antenas	608	si
Coto Redondo		Vilaboa		Caseta			531	si
Monte Xaxán		Domaio		Antenas			628	si
Faro Domaio		Domaio		Antenas, Vértice	628	si

19 de octubre de 2011. Fracha-Ulló-Gafos. 35 kms

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Ruta por territorio coñecido e cercano, non exento de dificultade.

VER EN WIKILOC (Correxida e editada) VER MAPA RESUMEN

Saimos polo clásico camiño de Santiago pola estrada de Tomeza, ata Bértola. Alí iniciámolo duro e directo ascenso por o Outeiro hacia os montes de Canicouva, primeiro por asfalto e formigón, e despois por camiños ascendentes impracticables, de botar pé a terra a cada paso. Unha vez chegados ó campo de futbol con porterías oxidadas e matos de toxo seguimos por mellores pistas ata a zona de Chan da Laxe, con curiosas formacións rochosas, para circunvalar por pista Outeiro Ladrón e Monte Lourado. Achegámonos ata o Polvorín, e dada a neboa que dificultaba as vistas panorámicas, despreciamos o vértice xeodésico da Fracha 542 mts, e coto Franqueira 552 mts (con caseta), quedan para outro día.

Así foi que baixamos a Baltar-Cristo Rei, coa sua Ermida e cruceiro. Despóis dunha breve parada, baixamos a Cruz do Brasil, e dirixíndonos pola pista das canteiras tomamos un ramal de baixada moi “chulo” que nos levou ata o  Vilar, aproveitando unha fermosa ruta de sendeirismo. Menos mal que hai seca, porque o sendeiro atravesa regatos e camiños que teñen auga, en inverno seguro que é moi dificil pasar.

Unha vez en Vilar, despóis dunha tentativa fallida por mor dos toxos, baixamos por un camiño empedrado tradicional ata a ponte de Vilar.

Lamentable a restauración da ponte tradicional, sólo se lles ocurriu colocar un mamotreto de ferro e hormigón de varios metros de anchura. Nas riadas de 2006 foron abaixo tres pontes e moitos muiños, as pedras orixinais están a carón do camiño esperando que os mestres canteiros doutros tempos refagan as pontes.

Para subir ata Canicouva é recomendable aproveitar a estrada, pero nós quixemos explorar un pouco e case non damos saído do monte Prieiro. Acercámonos a unha fonte e volvemos coller o que queda de estrada ata a zona de A Coviña, para baixar de novo a Bértola polo camiño de antes, xogándonos o tipo na técnica baixada.

Unha vez en Bértola enganchamos o sendeiro do Gafos e fixémolo ata Pontevedra a toda pastilla, estilo “xincana”, sorteando árbores, raices e algunha que outra persoa. Moi divertido.

En resumen, unha ruta corta, divertida por veces e medianamente dura. Quedaron camiños por explorar pola parte de Rañadoiro e Vilar, pero mellor así, pois non agotamos as rutas.

13 de octubre de 2011, Monte Arcela. 45 kms.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

ver en wikiloc                             ver mapa resumen

Bonita ruta a que fixemos hoxe,  polas terras de Tenorio, Viascón é Cuspedriños.

Iniciamas a ruta por Valdecorvos e Mourente, para despóis baixar ó Sendeiro do Lérez e achegarnos a Tenorio. Na gasolineira de Tenorio coincidimos  curiosamente con turistas franceses en 2CV. Despois atravesamos a parroquia de Tenorio e dirixímonos a Cabanelas, para achegarnos ós petroglifos das Coutadas.

Seguimos ascendendo entre praderíos e vacas para despois de descartar un camiño, ir pola estrada ata cerca de Cuspedriños, e alí procedemos a subir e rodear o Monte Arcela, 500 metros, onde hai un repetidor de TV. O descenso foi moi bonito entre pinos e carballos, e algún que outro cabalo.

Aproveitamos as pistas do monte Castelo e baixamos vertixinosamente ata Tenorio, para voltar a Pontevedra por unhas pistas interiores de Bora e Mourente.

5 de octubre de 2011. Castro Penalba – Campolameiro, 45 km.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Este recorrida iniciámolo polos sendeiros de Valdecorbos, para achegarnos a Monteporreiro e cruzá-lo Lerez e subir a Pillarteiros. Fixemos un recorrido paralelo ó río ata chegar a Filgueira. Xa en Santa Cruz continuamos por un vello camiño ata Fragoso e retomamos a estrada a Campolameiro para desviarnos de seguido á esquerda en Gargallóns.

A idea era subir directos hacia a zona da Chan de   Ramil  na zona de Acibal, cousa que conseguimos con bastante esforzo na parte final da ascensión, andando por unha pista chea de pedras que finalmente medio desaparecía entre xestas, despois de parar a retomar forzas. (Recomendable subir por outro lado, por exemplo por Coto da Anduriña ou directamente desde San Andrés de Xeve)

Unha vez arriba, recorrimos polo alto da serra ata chegar á zona de Castro Penalba, mesmo enriba de Campolameiro. Coma sempre subimos ó altiño para ver a paisaxe, no entorno da Capela e a pedra da Serpe.

Na volta circulamos por unha pista ata a Igrexa de Santa Mariña de Fragas ( fachada románica do século XII), onde atopamos unha villa para calmala sede.

Nos últimos kilómetros, volvimos ós coñecidos camiños de Santa Cruz, Filgueira e Campo de Tiro, esta vez á inversa, para seguir por Pillarteiros e MontePorreiro.

Ainda que acortamos algo de camiño, saíron 45 kilómetros.

Ver en Wikiloc.