27 DE NOVEMBRO de 2013. Vilarchán, Tourón, Borela e Almofrei. 41 kms.

2013-11-27-373 2013-11-27-358 2013-11-27-359 2013-11-27-360 2013-11-27-361 2013-11-27-362 2013-11-27-363 2013-11-27-364 2013-11-27-365 2013-11-27-367 2013-11-27-368 2013-11-27-369 2013-11-27-370 2013-11-27-371 2013-11-27-372ver no Wikiloc

Unha ruta das clásicas, que transcorre entre os montes de Vilarchán e Tourón, en Pontecaldelas, e Borela e Almofrei, en Cotobade.

E a típica ruta con moita subida ó principio, anque levadeira, con pendentes non moi pronunciadas e  pistas en bo estado, pouco técnicas en xeral.

Iniciamos o ascenso polo camiño de Cementerio, en San Mauro, alcanzando as alturas do polígono da Reigosa por pistas interiores, sen agobios de tráfico.

Seguimos por Contixe e a tradicional subida dende os petroglifos de Tourón por Nabal do Martiño.

Xa con direccíón oeste, buscamos e despois dun camiño fallido finalmente atopamos unha nova ruta de  descenso por unha corredoira ata a aldea dos Currás, en Borela.

Asimismo, fixemos a tradicional visita ata a ponte de Almofrei, para cruzar a continuación a Mirón, despois de subir a pé uns centenares de metros entre o toxo.

Deja un comentario