31 de marzo de 2011. Mirador da Castrelada.41,5 kms.

Ver ruta en Wikilock

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Hoxe fixemos unha ruta  longa con bastante pista forestal.  Saímos por Marcón cara a estrada de Pintos, para subir ó parque empresarial. Dende alí, atravesamos un pequeno monte para chegar a Vilarchán, que ven sendo base operativa das rutas pola zona. Ladeamos toda a serra , gañando altura por riba de Santana, Tourón e Paradela, deixamos atrás o parque dos petroglifos e subimos ata alcanzá-la estrada que vai de Borela a Pontecaldelas. Cruzamos e seguimos polo monte arriba, ata chegar á caseta forestal. Boa vista panorámica. A baixada fixémola bordeando por encima de Laxoso, ata chegar a uns prados con vacas. Tivemos que saltar varias alambradas que pechaban as pistas. Unha vez en Caldelas. Baixamos rápido cara a Gradín e dende alí pola estrada ata  Pontevedra.

LUGARES DE INTERESE.

Parque de Petroglifos de Tourón ( Hoxe non paramos).

Regato de San Vicente, con bosque autóctono de carballos.

Vistas panorámicas dende a Serra.

Anuncios

23 de marzo de 2011. Salinas-Cobres

Ver ruta en Wikilock

As fotos non son de hoxe.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Saimos cara o sur, pola estrada de Tomeza. Unha vez chegados a Figueirido, collemos o Camiño Portugues, despois dun pequeno desvío chegamos ó mirador de Penices, unha espectacular vista da ría de Vigo. Baixamos por unha ruta de sendeirismo marcada ata Cacheiro, pasando por unha mina abandonada para chegar a Paredes. Dende aquí, paseo polas Salinas á  beira do mar ata Larache, Santa Cristina de Cobres. A volta fixémola por camiños e vías paralelos á autoestrada, ata Salcedo.

SITIOS DE INTERES:

Mirador de Penices.

Mina abandonada.

Salinas.

Muelle dos Caralletes.

Mirador en Monte Cabalo.

16 de marzo de 2011. O Lérez en San Xurxo de Sacos. 42 kms.

Ver ruta en Earth/Wikilock

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Unha fina chuvia acompañounos case todo o recorrido. Foi unha etapa bastante dura. Saimos por Lerez pola estrada de Campo-Lameiro. Antes de chegar, na Laxe collemos unha baixada directa ó río, así chegamos á área recreativa é o refuxio de pescadores.

Despois dunha pequena subida pola estrada  a Cutián, collemos un camiño a esquerda, que entre leiras nos leva ata a ponte da estrada de Fentans. Indo pola beira do río atopamola fermosa Ponte nova, do século XVIII que sorprende pola súa altura. Dende aquí metémonos á aventura por unha ruta de sendeirismo coa intención de chegar ó vello balneario e a carballeira de San Xusto, cousa que conseguimos con bastante dificultade, case sempre a pe no medio de árbores caídas que nos enredaban. Eso sí a paisaxe paga a pena.

Despois dunha dura subida ata San Xurxo, por falla de tempo queda para outro día ver pazos e petroglifos da zona. A volta fixémola pola estrada Ourense Pontevedra.

SITIOS DE INTERES:

Desembocadura do Río Meneses no Lerez.

Area recreativa.

Ponte Nova en Fentans.

Rio Lerez.

Balneario de San Xusto.

Carballeira de San Xusto.

 

 

1 de marzo de 2011. Montes de Viascón. 40 kms

Ver ruta en Wikiloc/Earth

VER MAPA RESUMEN

Saímos de Pontevedra por Valdecorvos, cruzando por Santa Margarida ata chegar a Monteporreiro. Despois, continuamos polas pistas de  Mourente ata chegar a Bora. Unha vez alí, seguimos pola estrada nacional ata coller o desvío de Tenorio. Subimos ata o Mosteiro e o campo de futbol, para continuar por pistas e sendeiros, con muiños e unha bonita fervenza, ata Cabanelas, xa en Viascón. Subimos polo monte, (aquí pasamos de largo uns interesantes petroglifos que non atopamos, quedan para outro día), ata chegár ó Foxo do Lobo, e despois collemo-la estrada que ven de Carballedo ata chegar a Cuspedriños. Aproveitamos una ruta de BTT e sendeirismo que combinadas nunha baixada perigosa en medio de cabalos achegannos ós petroglifos da Portela da Laxe. Pasamos a carón da igrexa de Viascón e baixamos por unha pista rápida ata Parada. Dende alí, incorporámonos de novo a estrada nacional cara a Pontevedra. Ó chegar a Ponte-Bora collemo-lo sendeiro do Lérez ata Pontevedra.

SITIOS DE INTERES.

Mirador en Viascón

Fervenza en Cabanelas.

Praia fluvial de Cabanelas.

Foxo do Lobo.

Cuspedriños. Fonte, Capela e Feira.

Petroglifos da Portela da Laxe.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.