29 de xuño de 2011. Sanxenxo. 51 kms

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Hoxe foi un día un pouco atravesado, non houbo averías nin pinchazos, pero fallou a habitual perspicacia e “gps mental”. Tivemos varias dúbidas na ruta. Paso a comentar:

Saímos polo centro de Pontevedra, ponte da Barca, ata aquí todo ben. Subimos por Poio de Arriba, para evitar a transitada C-550, aquí xa nos metemos nunha pista que non levaba a ningures (erro 1), despois de retomar a ruta correcta, volvemos trabucarnos, e por non subir un pouquiño, vovemos a dar na C-550 (erro 2). Seguimos e aproveitamos un desvío á dereita por Albar e Liñares e seguimos ata o Mosteiro de Poio.

En Arís, collemos unha estrada á esquerda. pero en Ucha, volvemos a equivocarnos ( erro 3) e subimos unha dura rampa que despois tivemos que baixar. Dende ahi seguimos por A banda do Río, Esperón e Pereiro, con algunha que outra dúbida. Aquí acertamos a subir monte arriba ata o Busto, onde paramos a avituallar, no campo de Futbol.

A percura dunha pista inexistente, baixamos á estrada que ven de Samieira (erro4), así que volvemos subir ó Busto e tentamos por outra pista ata que chegamos a un camiño sen saída ( erro 5 ). Non houbo máis remedio que volver para atras e meterse na estrada de Samieira, estaba de ser. Unha vez na rotonda, fomos pola estrada que vai a Meaño, ata as adegas que hai no Outeiro da Forca.

Dende alí fomos ben por camiños e pistas ata Padriñán, xa porriba de Sanxenxo.

Despois collemos unha estrada interior por Bordons, A Lamela, Recarei, Barreiro, e Dorrón. Alí separámonos por un malentendido, (erro6), eu fun sólo pola costa, e os Pepe e Pofi foron bordeando pola ladeira do Castrove, ata Samieira.

Cheguei a casa ás 14:10, máis de 5 horas con perto  de 65 kilómetros no lombo .

Esta ruta hai que matizala, sobre todo na zona do Busto-Armenteira, e nos inicios por Poio. Polo demáis, indo a tiro fixo, anque é longa, podese facer en moito menos tempo.

Non publico o perfil en Wikiloc ata que se faga ben.

Anuncios

23 de xuño de 2011. Coto da Anduriña. Torres TV Campo-Lameiro. 43 kms.

ver ruta en wikiloc

Ruta completa que discorre polo Val do Lérez e monte Acibal.

Saímos pola senda de Bora, xiramos hacia Xeve polo campo de Tiro. Despois dunhas pistas rompepernas iniciámolo ascenso ó monte Acibal, por unha pista paralela á do outro día, pero que se xunta antes de chegar á fonte de Fentans. Despois seguimos subindo ata o Pastizal aproveitando a estrada, para despois desviarnos por pistas ata chegar a zona donde sempre hai cabalos. Despois de admirála paisaxe emprendemos unha longa baixada que interrumpimos para subir ás torres de TV por unha pista de hormigón cun desnivel “bestial”. Dende alí, chegamos a un pinar que nos leva a estrada Campo Lameiro- Pontevedra. En Fragoso desviámonos á esquerda, e por pistas e camiños de pedra chegamos a Santa Cruz, donde o noso amigo Carlos que por alí vive, nos indica a pista que leva á ponte colgante que da paso a Tenorio. Dende alí, todo para abaixo ata Bora, sendeiro e para a casa.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

15 de xuño de 2011. Ríos de Pontecaldelas. 43 kms

ver ruta en wikiloc

mapa

Fermosa ruta que discorre polo concello de Pontecaldelas. Despois da obrigada subida ó polígono, descendemos vertixinosamente por Aluncia e Xustáns, para buscar entre camiños o lugar chamado San Vicente, onde hai unha ponte agochada e unha ermida que hoxe non visitamos. Continuamos pola beira do Regato de San Vicente, ata onde se xunta co Verdugo, non fermoso lugar con muiños restaurados. Subimos, a pe, por un camiño empedrado. Enseguida chegamos a Parada, e dende alí atravesamos por unha pista chea de ovellas e cabras ata acadar unha espectacular vista da fervenza da Roca. Atopamos un longo camiño que nos leva ata o centro da vila de Pontecaldelas. Damoslle unha volta percorrendo o sendeiro a carón do río, paramos na fonte a beber, e comenzamos a subir ata a igrexa de Santa Eulalia. Unha vez acadada unha boa altura, comenzamos o descenso por unha longa pista que nos leva ata Vilarchán, e de ahí, todo para baixa ata Pontevedra

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

9 de junio de 2011. Caroi. 55 kms.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

VER RUTA EN WIKILOC

Longa ruta para rodar, dividida en dúas partes. Son cerda de 60 kilómetros. A subida fixémola por estrada e a volta por pistas forestais. Casi alcanzamos os 700 metros de altitude, faise unha boa media, porque o terreo é favorable e os desniveis son pouco pronunciados.Dende Caroi chegamos a Famelga, e dende alí a Vilarchán, sen casi pisar asfalto.

SITIOS D EINTERES:

Caroi: iglesia.

Famelga: carballeira, capilla e fontes.

12 de junio. Crónica da Marcha Concello de Mos – Fundación Oscar Pereiro.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

VER OPINIONS VIDEOS E FOTOS NUN FORO

ver cronica nun blog 

ver ruta en Wikiloc

ver video : ( Sólo aparecemos no minuto 10:20, esperando na cola de lavado de bicis).

Fantástica marcha, moi bonita, con percorrido ideal.

Empezamos a marcha entre pistas asfaltadas, leiras e camiños, ata chegar á unha longa subida, por pista forestal bastante ancha, con boas vista da comarca.  O avituallamento moi abondoso. As baixadas pouco perigrosas, con alternativas, As trialeras,  anque tiñan bastante desnivel, eran de terra (negra),  sen pedras soltas, así que as caídas resultaban leves. A organización estupenda apenas houbo atascos, e o nivel técnico da marcha era bastante asequible, polo que se vía un ambiente festivo e popular, tranquilo, con xente de todas as idades  que se diverte sen molestar ós demáis.

Os pinchos do final para quitarse o sombreiro, eu fun comido para a casa. Noraboa á organización, o concello de Mos e a Fundación Oscar Pereiro.

Lástima que hai poucas fotos publicadas. En resume, boa xente e boa marcha. Queda anotada para repetir o ano que ven.

Crónica da Marcha Memorial Manuel Santos. Cangas, 5 de junio.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

CRONICA DA MARCHA:

Resultou un pouco decepcionante con respecto a outros anos, estivo bastante masificada,  houbo colas dende a inscripción e o peor de todo, atascos de máis de 30 minutos nunha trialera, ( ver video minuto 5:06)  moito pó e pistas de arena, demasiadas rampas duras de ter que subir a pé sí ou sí. Entre andando e parados calculo que pasamos máis de unha hora, e iso e demasiado para unha ruta tan curta.

O avituallamento un pouco peor que outros anos, pero con tanta xente xa se sabe. Se non se paga un peso non se pode esixir.

Personalmente, avería mecánica no cambio, cheguei á meta sin cadena, despois de parar varias veces a reparar, polo que non disfrutei da ruta.

Destacable a paisaxe espectacular e o traballo da organización. Agradecido pola axuda recibida.

Deixo un video que hay na páxina con algunhas fotos:

momentos estelares, minutos 1:23 e 1:43.

http://youtu.be/r3ZmC2VJcgY

VER CRONICA EN FARO DE VIGO

VER RUTA EN FORO MTB

VIDEO COLGADO EN YOUTUBE 

VER REPORTAJE TV. VIA