30 de xaneiro de 2014. Un ensaio da Transgalaica de Cotobade. 51 kms.

VER ESTA RUTA NO WIKILOC

2014-01-30-539




2014-01-30-538

O día 9 de marzo celébrase a Transgalaica Cotobade 2014.  Con vistas a unha posible participación, fixemos un pequeno simulacro do percorrido, con leves diferencias. Iso sí, solo lle demos unha volta, porque houbo que chegar e voltar a Pontevedra.

Subimos pola estrada ata os Palleiros, na Xesteira, e subindo ó monte Castelo incorporámonos ó circuito, que sube pola a Cruz de Daniel, un pouco máis abaixo. Unha vez coroado o duro ascenso un descanso na Chan da Batalla para descender hacia Paraños por uns camiños desfeitos pola auga, con moita pedra solta.

2014-01-30-535

Chegando a Carballedo recuperamos un pouco de asfalto, onde de feito se inicia o circuito.2014-01-30-537 Pasando a carón do muiño de Vento iniciase unha dificultosa ascensión hacia a Braña das Pozas secas, por un camiño empedrado que coa humidade faise case imposible por veces. 2014-01-30-536

Con dificultade chegamos á pista principal que baixa do Coirego, un pequeno repeito no monte Arcela e un longo descenso por unha pista bastante boa ata cruzar a estrada de Cuspedriños. O circuito pasa a carón do Foxo do Lobo e vai perdendo altura. 2014-01-30-534

Ven despois unha dura subida para voltar a alcanzar o punto donde iniciamos o circuito. Non acabamos de todo porque facíase tarde e había qeu voltar.

Moita auga e moito barrizal polas pistas. A bici non avanza nada. A ver se para de chover algun día destes…

 

 

 

 

Anuncios

22 de xaneiro de 2014. Unha circular de Pontevedra.31 kms.

VER ESTA RUTA NO WIKILOC

Entre borrascas e frentes atopamos unha leve paréntese para rodar polos nosos camiños. Fixemos un recorrido circular, máis ou menos rodeando a zona leste do concello de Pontevedra.

Empezamos a ruta por a Xunqueira e o Campus, para pasar pola Porta do Sol en Lérez. Despois dun pequeno ascenso asfaltado desembocamos no monte e iniciamos un fermoso percorrido polos montes de Lérez ata Verducido. topamos algún novo camiño. Cruzamos por estradas e pistas sen asfalto ata Santa María, e de ahí chegamos a San Andrés de Xeve, buscando o campo de tiro.2014-01-22-516 2014-01-22-514 2014-01-22-515

Un inevitable paso pola ITV para alcanzar camiños que por Bora levan hacia o monte de Mourente. Unha parada na igrexa e baixamos a Pontevedra despois de descubrir algún carreiro fermoso.

2014-01-22-518 2014-01-22-517

 

Chegando á zona dos concesionarios, impagable un pequeno carrunco de 1 m de ancho con un can a cada lado, somente protexidos por unha valla de alambre.

10 de xaneiro de 2013. Ruta errático polos montes de Salcedo 31 kms

VER ESTA RUTA NO WIKILOC

Unha ruta corta  pero intensa, polos montes de Salcedo, bordeando a Brilat e disfrutando de vistas panorámicas de Marín e das rías. Ascendemos polas inmediacións do novo viaducto, para despois de atravesar a estrada despois dun monte-através, chegar a un miradoiro de Marín descoñecido para nós, no monte Pornedo.2014-01-10-4872014-01-10-486

Despois seguimos ascendendo e rodeando e xirando hacia Figueirido, non sin antes despistarnos un pouco e facer un par de bucles que nos leva de volta a un mirador a carón das instalación militares.

2014-01-10-489

Día aproveitado no medio de tantas borrascas atlánticas.

2014-01-10-497