2 de octubre de 2013. Tenorio e Viascón. 43,5 kms.

VER ESTA RUTA NO WIKILOC

Baixada a Tenorio
Baixada a Tenorio
O Lérez manso
O Lérez manso
Beleza no rio.
Beleza no rio.
Auga cristalina en Tenorio
Auga cristalina en Tenorio
Perdidos na selva
Perdidos na selva
Regato en Tenorio
Regato en Tenorio
Cruzando un regato
Cruzando un regato
En pleno descenso
En pleno descenso
O rio Lérez en Parada
O rio Lérez en Parada
Tenorio, vista xeral
Tenorio, vista xeral

Cambiamos a hora para as 9:30, así que obrigadamente as rutas han de ser un pouquiño máis curtas. Foi por iso que nos encamiñamos con paso firme pola senda do Lérez, explorando por unhas pistas veciñais no lugar de Quinteiro, xa en Bora.

Para evita-lo tránsito da estrada xeral, decidimos acertadamente subir polo monte da Soldada, para descender posteriormente hacia Calvelo. Na ladeira do monte poidemos contemplar un cérvido, creo que era un corzo, pero escapou a lume de carozo e non o puidemos fotografiar.

Unha vez en Tenorio cruzamos a pasarela za dona escolar para seguir en paralelo ó río Lérez  ata Parada. Mesmo hai que cruzar un par de regatos pero nesta ocasión levan moi pouca auga.

Despois dunha baixada ata o mesmo río, ascendemos ata a igrexa de Viascón, e voltamos á zona de Tenorio aproveitando boas pistas e fermosos camiños entre o monte.

No entorno do campo de fútbol fixeron unha boa roza no toxo, así que se baixa ata o monasterio despois de enlazar por unha bonita trialeira, que aproveita as conduccións de auga.

Paramos na fonte de Calvelo e finalmente ascendemos á Ermida por unhas estradas secundarias e algún tramo sen asfalto.

Anuncios

26 de setembro de 2013. Montes da Pastoriza. 53 kms

VER ESTA RUTA NO WIKILOC

2013-09-26-280 2013-09-26-268 2013-09-26-269 2013-09-26-270 2013-09-26-271 2013-09-26-272 2013-09-26-274 2013-09-26-275 2013-09-26-276 2013-09-26-277

Discurriu a etapa polo Morrazo, explorando zonas próximas á aldea da Pastoriza.

Abandonada a vía de servicio da autoestrada, en Salcedo, dirixímonos ó oeste por unha cómoda pista que bordea na zona de Figueirido. Unha vez cruzada a estrada que baixa a Vilaboa a senda complícase, o ascenso gaña en pendente é hai bastantes pedras e paus soltos. (Ruta do Pichinela). Con dificultade chegamos ó entorno das Veigas do Muiño, ó pe de Postemirón; menos mal que o camiño despois do verán está seco. Cando estamos a punto de coroar a lagóa, iniciamos un tradicional descenso que nos leva a rodear o outeiro dos Asubións, para voltar a ascender a Castiñeiras, chegando prácticamente ó mesmo sitio.

Con algo de retraso collemos a estradiña que nos leva directos a Cruz de Maceira, a un e outro lado as rías de Vigo e Pontevedra. Atravesamos por onde podemos un monte coñecido coma o Formigoso, para unha vez pasada a estrada Marín-Moaña, explorar as pistas da Pastoriza.

Medio perdidos por Monte Baladiño e Monte Furcos, despistados no Monte de San Lourenzo, por fin baixamos á aldea da Pastoriza para culminar a excursión no monte de Campolongo, onde atopamos unha alta antena de comunicacións.

Para voltar a Pontevedra, despois de descubrir unha variante máis cómoda do monte Formigoso, usamo-la estrada, por medo a que se nos fixera tarde.

18 de setembro de 2013. Ruta dos arrieiros. 33,5 kms

VER ESTA RUTA NO WIKILOC

2013-09-18-256

 

Imos variando percorridos como é o noso hábito. Para esta vez tocaba rumbo este, dirixíndonos pois cara a coñecida zona do polígono industrial da Reigosa. Dende aquí buscamos vías novas ata o lugar de Aluncia, na parroquia de Xustáns. Despois dun infructuoso vagar, atopamos camiños novos para nos, pero que se ve que son vellos de seu, por seren empedrados e marcados co sinal das labouras doutros tempos.

A baixada ó regato seco  foi atopado grazas á colaboración amable dalgún veciño, ledo de que os vellos camiños dos seus antergos volvan ser transitados, mesmo por uns foráneos ociosos.

Así foi que chegamos á ponte que o temporal derruiu e nunca máis á de ser levantada.  O leito do río Riboi  está tan seco que pasamos hacia Buchabade sen nengún problema. Despois dunha longa e boa pista chegamos ó asfalto que nos fai ascender ás casas de Santa Ana, e dalí a Tourón xa non hai distancia.

Por fin atopamos a ruta dos arrieiros, que vai por uns camiños ó sur da estrada Pontevedra-Pontecaldelas, ata chegar a Vilarchán. O camiño en sí é bastante ciclable, de non ser polas pedras caídas dos muros e das trabas a mala fé en forma de paus atravesados pola mán dalgún veciño para non se sabe que. O camiño está rozado recentemente. Probablemente logo á de cegar, e cando veñan as chuvias do inverno algunhas partes veranse inundadas.

2013-09-18-259 2013-09-18-254 2013-09-18-2552013-09-18-257 2013-09-18-258

Unha vez en Vilarchán aproveitamos as pistas do gaseoducto con a trialeira final.

12 de setembro 2013. Montes de Acevedo e O Rañadoiro. 35,5 kms

VER ESTA RUTA EN WIKILOC

Ruta basada en anteriores saídas, básicamente collendo sendeiro dos Gafos de ida e volta, completando con vía de servizo do AVE, así como visitas ó touro de Osborne, illa Medal e ascensión por Acevedo ós montes do Rañadoiro.

A pé do touro:

2013-09-12-242

2013-09-12-245

Antigua fábrica de louza:
2013-09-12-243

Ría de Vigo:
2013-09-12-244

2013-09-12-246

Pontes en Pontesampaio:
2013-09-12-247

Larache:
2013-09-12-248

Un ofidio atrapado nunha lata de KAS
2013-09-12-249

2013-09-12-250

A ponte vella do tren
2013-09-12-251

Unha fermosa rá na fonte de Acevedo:
2013-09-12-252