29 de setembro de 2011. Lerez-Umia-Lerez. 61 kms.

Etapa fácil pero longa, con bastante estrada e pista. Na ida fixemos o Camiño de Santiago con pequenas variantes ata Caldas. Visitamos a fervenza de Segade, no río Umia, e pasamos a carón de Embalse das augas verdes de cianobacterias. Ollamos o Menhir de Gargantáns, e pasando por diante da igrexa dos Milagros de Amil, subimos ó monte Acibal, despois de beber na fonte de Fentans fixemos por pista o coñecida ruta inversa por Santa Cruz ata Bora, pasando polo campo de Tiro, sendeiro, e Pontevedra.

Como faltou o fotógrafo-GPS, noutro momento porei as fotos que teño no movil e algunhas de archivo, …

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Ver en Wikiloc.

21 de septiembre de 2011. Monte Seixo. 81 kms.

Hoxe foi un día especial, unha ruta de máis de 5 horas nas que recorrimos integramente o monte do Seixo, subindo desde Caroi, achegándonos ó Outeiro do Coto, 1014 metros, e de norte a sur volvemos por Barbeira, no concello da Lama.

Para achegarnos ata Caroi subimos pola Estrada de Carballedo, desviándonos en Borela, pasando por Famelga e o Beseiro.

Unha vez chegados a Cima de Vila comenza unha dura subida de aproximadamente 3 kilómetros con bo firme pero cunha pendiente considerable. A mitade de subida paramos para comer e beber, e aínda así fíxose dificil.

Unha vez arriba, contémplanse vistas dunha grande area da Provincia, divísanse ó lonxe multitude de serras e vales, a vista non da abarcado tanta variedade.

Contrariamente a outras veces, hoxe non facía nada de frío. Cabalos e potros, vacas e becerros, ata vimos perdices…

Hoxe os muiños de vento estaban parados.

Fixemos paradas no monte do Coto, na porta do Alén, na Cruz do Seixo, atopamos unha fonte para calmala sede.

Este monte ten asociada moita mitoloxía e lendas, magníficamente descritas por Carlos Solla, que ten publicado libros e dado conferencias sobre este mítico monte.

Se non queremos baixar ó Pelete, hay que facer caso omiso dun gran letreiro que di «Vial sin salida». Achegándonos ós últimos muiños hai un mirador no Bico da Poza do Coto, a 966 metros, e dende alí podemos baixar cara o Covelo ou Barbeira. Unha pista de baixada con moito desnivel e moita pedra, sobre todo ó principio.

O final saíron 5 horas de ruta, feitas a bo ritmo.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Ver en Wikiloc

Non perdades estes videos

15 de septiembre de 2011. Ruta da Regoduxe. (Tenorio-Borela). 38,5 kms.

Unha ruta algo corta pero suficientemente dura, atravesamos desde Tenorio hasta Borela, no concello de Cotobade, cruzando os montes do Castelo.

Collemos un desvío mesmo onda a gasoliñeira de Tenorio, ascendendo o monte do Outeiro de Bandeira  ata dar en Vilanova. Seguindo o desvío coñecido evitamos as estradas e chegamos  as Cubelas, e nos Palleiros iniciamos a dura subida hasta a Chan da Batalla.

Buscando unha pista de baixada, metémonos por uns carreiros casi impracticables para chegar ó antiguo basureiro-incinerador,  hoxe clausurado. O camiño de baixada estaba flanqueado de toxos bravos que apenas deixaban paso, a pendiente de descenso era moi pronunciada, non sabendo aínda se era mellor atender ós buratos e pedras ou os toxos.  A lugar chámase A Regoduxe.

Rematada a baixada chegamos ó campo de futbol das Estremas, no pozo negro, dende alí achegámonos a Pazos de Borela, onde atopamos unha fonte e unha capela.

Acertamos por unha pista ata chegar a igrexa parroquial de Borela, onde nos sentamos nun elaborado banco de pedra.  Botamos unha ollada á casa rectoral, que xa amenaza ruina, e seguimos ruta cara a Mirón.

En Vilarchán fomos agasallados con uvas por unha simpática señora mallor que estaba vendimando, e nos dou conversa durante longos minutos.
ver detalles en wikiloc

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

7 de setembro de 2011. Monte Xaxán. 43 kms.

Ruta dura, terapia de choque para lumbalxias, con inxeccións de tabáns directas en vena e tramos empedrados e algunha pendiente imposible.

Saimos pola zona de Campolongo, senda urbana, para continuar por pistas asfaltadas e camiños ata atravesar Autopista e Autovia. (Por pontes, claro). De seguido chegamos a zona de obras, buscamos pistas de subida cara o lago, as pendientes son serias. Procurando atopar unha coñecida despistámonos e damos algunha voltiña de máis. Unha vez recuperada a dirección correcta chegamos á lagoa e paramos nunha fonte para beber e comer algo. De paso aproveito para reparar un pequeno pinchazo, tendo conta de que os malditos tabáns non me piquen o neumático…

A partires de aquí rodeamos o Coto Redondo, para despois atacar o Xaxán por unha pista chea de pedra solta que fai que a subida sexa moi dura.

Xa perto da cume visualizamos o veciño pico Faro Domaio, infestado de antenas de todas formas e tamaños. Chegamos ó alto un pouco despois, por unha pista óptima. As vistas son espectaculares.

Á volta buscamos a estrada para facer máis levadeiro o retorno.

ver en wikiloc

El pase de diapositivas requiere JavaScript.