22 de decembro de 2011. Rodeo Castrove. 48 kms.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Aprobeitando que o día saíu soleado, anque frío, subimos pola ladeira este do Castrove, iniciando a ruta por Campañó e Poio.

Depois duns inicios duros iniciamos un longo recorrido polas pistas que rodean o monte Castrove, volvendo por Meis e Curro.

En resumen, unha ruta bastante longa, anque non moi dificil.

VER EN WIKILOC                                   VER MAPA RESUME

Proximamente fotos, a ver se volve axiña o fotógrafo oficial co GPS.

Anuncios

2 de decembro de 2011. Hidroeléctricas do Almofrei. 42 kms.

Hoxe fixemos unha ruta con un tramo inédito (que xa é dificil), polos montes de Mirón e Almofrei, entre os concellos de Pontevedra, Pontecaldelas e Cotobade. Resulta que atopamos unha relación coa ruta da semana pasada que despois mencionaremos.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Iniciamos a ascensión polas terras de Mourente, pasando a carón da Igrexa ata a Cardosa, evitando o tránsito da estrada de Pontecaldelas. Despois da Peralba seguimos por estrada secundaria ata Contixe e Mirón, e continuamos pola coñecida pista que nos achega as terras de Cotobade. Xusto ó chegar á estrada Borela- Pontecaldelas, damos a volta por unha pista descoñecida para nos, pero que está moi ben, e bordea o Coto dos Lobos. Recuperamos uns metros a pista de subida, pero abandonámola axiña para afrontar un vertixinoso descenso ata o río Almofrei.

Xusto chegamos á primeira das minicentrais, que se atopa a carón dun muiño nas inmediacións do maravillosa e coñecida ponte de Almofrei. Esta minicentral hidroeléctrica veu a sustiur á orixinal que fora construida no ano 1899, sendo xunto coa fábrica da luz de Segade-Caldas, que visitamos tamén hai uns meses, as primeiras industrias elécticas galegas.

Resulta que buscando información en internet atopámonos coa figura do inxenieiro Laureano Salgado Rodriguez. Nado en Caldas de Reis, (1847 -1930) era dono da empresa “La Hulla Blanca”, que iniciou a industria hidroeléctrica galega con maquinaria alemana. Esta polifacética persoaxe fundou un xornal no Val Miñor, participou na construcción do tranvía Vigo-Gondomar-Baiona,  e ata estivo na ampliación do porto de Vilagarcía. Ademáis foi quen creou a Virxe da Roca, de Baiona que fora pensada inicialmente como faro eléctrico (colgado nas mans da virxe) para os mariñeiros… e  participou na creación da fábrica de azúcre de remolacha de Portas¡¡¡ que visitamos a semana pasada. Toda unha figura da industrialización galega. Ten dedicado un busto en Caldas, que visitaremos cando volvamos polas terras do Umia.

Subimos despois ata Almofrei, pasando polo lugar da Igrexa, e decidímonos a baixar por unha estreita pista de formigón con forte pendente para achegarnos de nova a outra minicentral hidroeléctrica, nunha paraxe idílica.

VER EN WIKILOC                       MAPA RESUME