21 de septiembre de 2011. Monte Seixo. 81 kms.

Hoxe foi un día especial, unha ruta de máis de 5 horas nas que recorrimos integramente o monte do Seixo, subindo desde Caroi, achegándonos ó Outeiro do Coto, 1014 metros, e de norte a sur volvemos por Barbeira, no concello da Lama.

Para achegarnos ata Caroi subimos pola Estrada de Carballedo, desviándonos en Borela, pasando por Famelga e o Beseiro.

Unha vez chegados a Cima de Vila comenza unha dura subida de aproximadamente 3 kilómetros con bo firme pero cunha pendiente considerable. A mitade de subida paramos para comer e beber, e aínda así fíxose dificil.

Unha vez arriba, contémplanse vistas dunha grande area da Provincia, divísanse ó lonxe multitude de serras e vales, a vista non da abarcado tanta variedade.

Contrariamente a outras veces, hoxe non facía nada de frío. Cabalos e potros, vacas e becerros, ata vimos perdices…

Hoxe os muiños de vento estaban parados.

Fixemos paradas no monte do Coto, na porta do Alén, na Cruz do Seixo, atopamos unha fonte para calmala sede.

Este monte ten asociada moita mitoloxía e lendas, magníficamente descritas por Carlos Solla, que ten publicado libros e dado conferencias sobre este mítico monte.

Se non queremos baixar ó Pelete, hay que facer caso omiso dun gran letreiro que di “Vial sin salida”. Achegándonos ós últimos muiños hai un mirador no Bico da Poza do Coto, a 966 metros, e dende alí podemos baixar cara o Covelo ou Barbeira. Unha pista de baixada con moito desnivel e moita pedra, sobre todo ó principio.

O final saíron 5 horas de ruta, feitas a bo ritmo.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Ver en Wikiloc

Non perdades estes videos

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s