25 de xaneiro de 2012. Pontevedra-Marín por Castiñeiras. 40 kms.

Hoxe fixemos unha complicada ruta pola zona de Castiñeiras, con subidas duras e baixadas bastante difíciles.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Iniciamos a ruta pola zona de Salcedo, gañando altura polas pistas Matalobos e o Carramal. Unha vez alcanzada a autoestrada, xiramos no lugar da Esculca, atopando un excelente camiño paralelo á PO-012 por debaixo da Brilat. Así desembocamos na estrada á altura do Viveiro e seguimos de frente polos montes de Figueirido con boas e despexadas pistas, ata dar coa estada que baixa a Vilaboa.

Descendemos un pouquiño e xiramos de novo á dereita, para ascender ó lago por unha ruta de sendeirismo que para baixar é estupenda, pero ten fortes pendentes de subida e zonas con auga.

Cando chegamos ó pe mesmo da lagoa, iniciamos un descenso hacia a zona de Vilar pola única pista que atopamos, rodeando as Cavadas, iniciamos un novo ascenso ata chegar de novo á lagoa, pasando a carón da Anta.

As mámoas ou medorras ou túmulos son amoreamentos artificiais de terra e/ou pedras, habitualmente de forma esférica (xa que ás veces presentan unha estrutura lixeiramente elíptica), que se nos presentan de forma brusca sobre o terreo que sinalan e conteñen un ou varios enterramentos.

Normalmente no seu interior agachan unha estrutura pétrea coñecida como dolmenou anta, formando o conxunto un túmulo funerario característica da cultura megalítica.

Para o descenso atopamos marcado o recorrido do que penso que foi a última KDD de decembro. Así baixamos á Marín, por unha ruta divertida pero un pouco esixente para a nosa técnica e as nosas bicis. Aínda así chegamos á vila mariñeira sen incidentes.

VER EN WIKILOC                         VER MAPA RESUMEN

19 de xaneiro de 2012. Pontesampaio. 42 kms.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Iniciamos a xonrada rodando tranquilamente pola estrada de Tomeza, coa intención de achegarnos ó monte da Peneda, en Arcade, propósito que despois mudamos.

Dende a igrexa de Figueirido desviámonos por unha pista de hormigón con moita pendente para achegarnos ó camiño portugués, que abandonamos de seguido. Dende a ladeira do Monte Penices divisamos unha completa vista da ría de Vigo.

Un frenético descenso lévanos ata Pontesampaio, pasando por Cacheiro.

Despois de algunha dúbida, achegámonos á chamada illa de Medal, ou insuiña. Este pequeño illote de pouco máis de 3000 metros cuadrados recentemente restaurado e acondicionado foi propiedade dun pintor e retratista chamado Antonio Medal. Mercado polo concello ós herdeiros, contén nesta pequena extensión unha curiosa ponte de acceso, un circundado de pedra, así coma un horreo, un palomar e sobre todo unha especie de velador con mesa. Está nun entorno privilexiado que permite divisar a antigua Ponte e a ponte do ferrocarril, mesmo na desembocadura do Río Verduxo.

Seguimos ruta hacia o Touro de Osborne. Alí topamos co veciño da casiña dó lado que nos contou que a súa vida de 45 anos era coetánea á do animal de ferro. Este touro é un dos cinco que hai en Galicia, dos cerca dun centenar que hai en todo o estado. A silueta foi diseñada en 1956 polo cartelista andaluz Manuel Prieto, para anunciar o coñac Veterano. Trátase dun mamotreto de planchas de ferro de máis de 10 metros de alto apoyado nunha base de hormigón e cachotes de casi dous metros de altura e 10 metros d e ancho. Recentemente este touro en concreto sufriu severos danos a causa dun temporal, pero foi reparado.

O touro de osborne foi obxecto de polémica e controversia. Unha polémica sentencia do tribunal Supremo dictaminou a súa conservación polo súa interese estética e cultural. Sobre todo en Cataluña sufriron continuos ataques vandálicos, criticando a quebra paisaxística, a promoción de bebidas alcoholicas, o osexismo: “es cosa de hombres”, e sobre todo a relación co mundo taurino, que en determinadas partes se ve como unha imposición cultural centralista. Así e todo, o toro foi indultado e é a única publicidade permitida nas vias interurbanas.

Afea a vista do mar a enorme fábrica de Pontesa, actualmente abandonada, en venta por 23 millóns de euros, a ver  se alguen se anima. No interior da fábrica todavía se conservan máis dun millón de xogos de louza.

Facemos unhas fotos panorámicas da ría de Vigo, e chámanos a atención o paso de todalas arterias de comunicacións Norte-Sur. Autopista ó fondo, na ponte de Rande, estrada 550, vías do tren e sobre todo, as obras do AVE, que xa se ven moi avanzadas.

Continuamos viaxe pola zona de Rañadoiro e Acebedo. Circulamos por un sendeiro onde atopamos unha minúscula capela, chamada de San Xosé, casi agochada no medio das mimosas.

Dende Acebedo, forte pendente inicial para subir á serra da Fracha atopando algún camiño novo que paga a pena, a pesar das fortes pendientes. Voltamos pola coñecida ruta das canteiras podendo disfrutar da vista panorámica da cidade de Pontevedra nun día tan despexado.

VER EN WIKILOC                                                    MAPA RESUMEN

11 de Xaneiro de 2012. Bora express. 30 kms.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Día un pouco especial por varios motivos:

1º. Parece que a xente volve despois do parón navideño. (6 unidades)

2º. Un frio que pela.

3º. Ruta express. Saímos máis tarde e chegamos máis cedo que nunca.

Iniciamos buscando subida directa para romper a sudar, non era cousa de meternos na beira dos ríos Lérez, Gafos ou Rons con semellante xiada. Solución: Directos a Mourente, por Montecelo.

Cando rematamos de subir ó GRS facemos unha baixada para descansar un pouco ata a zona de Leirados e o Teso, para afrontar unha nova subida a Castro Senín.

Paso rápido pola Cardosa e nova baixada hacia o Tombo.Os camiños están blancos da xiada e as rodas van triscando rompendo o xeo.

Nova subida polas Retortas, a cuestión era enrevesar un pouco a ruta, a estas alturas o frío xa non existe. Chegados de novo ó Circuito de Motocross chegamos á Peralba, e dende alí baixamos por un camiño elmpedrado e despois formigonado ata o Salgueiral. Alí renunciamos á durisima subida por estrada e conseguinte baixada posterior por pista,  e continuamos directos pola senda do Almofrei ata chegar á zona das Fervenzas, baixamos andando ata o pé do río. ( Bueno algún quedou buscando as gafas extraviadas e perdeuse o mellor).

Como xa dixen, era unha etapa express, casi contra-reloxo, había que chegar cedo á casa cousa que conseguimos a pesar dos paróns e averías, (viva o inventor do eslabón rápido).

Volvemos directos polo Tombo a Igrexa e a zona de Eirós. Con algo máis de tempo esta ruta pode ampliarse pola zona de PonteBora e o Quinteiro, polo monte da Soldada, e volvendo pola senda do Lérez, deste xeito a parroquia de Bora quedaría totalmente explorada.

VER EN WIKILOC                                              VER MAPA RESUMEN

 

5 de xaneiro de 2012. Rodeo Monte Acibal, 41,5 kms

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

VER EN WIKILOC                        VER MAPA RESUMEN

Ano novo pero por aquí seguimos coa mesma vida, trillando camiños e  corredoiras polos montes da comarca, a percura de recantos con maxia ou paisaxes descoñecidas.

As veces penso que se me taparan os ollos e me soltaran  de súpeto en calquera lugar dos montes en vinte kilómetros á redonda, á primeira vista coñecería o sitio, de tanto como levamos rodado por estes mundos de Dios.

Xa van quedando poucas zonas inéditas, pero aínda así cada día atopamos algo novo, e a ruta que hoxe comento non foi unha excepción.

Saimos por Monteporreiro para estrená-la nova ponte, ten carril bici, todo un detalle. Así que en seguida chegamos ó Couso e dende alí seguimos por un camiño estreito de formigón que nos leva ó Frieiro,  continuando despois a carón da igrexa de Santa María, enfilando directamente o outeiro de Bouzas, e rodeando o Loural, chegamos con dificultade ó Pastizal.

De seguido xiramos para rodear o Acibal, seguido as rodeiras na herba do que en principio parecía unha moto ou un carro, pero despois resultaron ser dos bikers que vimos ó lonxe por unha pista inferior. Demos uns berros pero non nos ouviron.

Chama a atención a grande cantidade de auga que corre polos regatos dos montes.

Na zona da Fonte do Ramo baixamos directos cara a San Amaro, para acadar o camiño portugués, despois de renunciar a unha disparatada baixada polo gaseoducto, e a unha casi imposible zona de obras da boca  do túnel do AVE.

Para chegar a Pontevedra optamos pola «variante Jesús», que consiste en desviarse en San Caetano evitando a zona de Alba, seguindo paralelos á autopista.

En resumen, últimamente estamos renunciando ás cumbres e conformámonos con dar rodeos polas ladeiras, algo está cambiando…

30 de diciembre de 2011. As Pardiñeiras. 40 kms

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Fría e soleada mañán, non hai cousa mellor para corre-lo frío que ascender directos hacia o polígono da Reigosa, menudas rampas. Dende alí a Vilarchán hai un paso. Seguimos pola ladeira de Tourón ata a altura do parque arqueolóxico.

Iniciamos a subida pola ladeira do Naval do Martiño, as xesta por veces empezan a pechálos camiños, así que fago un chamamento para que a xente se bote ó monte para trilla-los camiños como facemos nós.

Alcanzámola zona das Pardiñeiras, e no coto dos Lobos investigamos unhas pistas que rematan pechándose sin remedio, pero ainda así atopamos un camiño tradicional que nos leva ata ós Currás, en Borela. Hay un tramo con 30 centímetros de auga, damos fé de que está fria, pois fracasamos no intento de non mollá-los pés. De todas maneiras, podedes ver nas fotos que o recorrido paga a pena.

Dende Borela a Vilarchán imos pola vella estrada e na volta recorrémos o parque empresarial para baixar polo camiño do gaseoducto e a trialeira de Laxinde.Coas sinais amarelas unha pista de esquí. Contemplamos a canteira e para a casa.

En definitiva, unha ruta clásica para rematálo ano 2011.

VER EN WIKILOC VER MAPA RESUMEN