1 de junio de 2011. Castiñeiras – Salinas. 42 kms.

VER RUTA EN WIKILOC

Ruta que vale por dúas. Saímos por Campolongo ata Lourizan, por carreteras secundarias e pistas. Dende o complexo de Ence subimos ata a Lagoa de Castiñeiras aproveitando unha pista con 3 kilómetros constantes ó 9 %. Dende alí, unha forte subida e o posterior descenso a Vilar, Santa Cristina de Cobres, Mirador do Cabalo, Larache e Salinas do Ulló, volvendo por pistas de servicio da Autoestrada.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios

26 de maio de 2011. Monumento ó canteiro de Verducido. 30 kms.

VER RUTA EN WIKILOC

Fixémos unha ruta corta e fácil, saindo por Lérez desviámonos por pistas ata chegar a Verducido. Dimos unha volta ó encoro do Pontillón e subimos ata o monumento ó canteiro, no alto dun monte. Despois baixamos cara a Alba.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Paga a pena:

Mosteiro de Lérez.

Monumento ó canteiro.

Vistas panorámicas.

Entorno do encoro.

18 de maio de 2011. O Lombo do Cabalo. 34 kms.

VER RUTA EN WIKILOC.

Nesta ruta circular partimos polo Camiño Portugués ata Pontesampaio. Unha vez alí, visitamola ponte e a plaia fluvial e comenzamos unha dura subida por Acevedo ata alcanzar unha caseta que hai no alto do monte chamado do Cabalo. Despois atopamos un bonito camiño para chegar a Xustans, refrescarnos nunha fonte e volver a Pontevedra polas pistas que hay detrás do polígono industrial.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Puntos destacados:

Pontesampaio.

Vistas panorámicas da Ría de Vigo dende o monte.

Xustans.

12 de maio de 2011. Pontevedra- Rebordelo. 42,5 kms.

VER RUTA EN WIKILOC

Ruta de subida desde Pontevedra hasta Rebordelo- Cotobade, con moitísima pista forestal. Empezamos subindo á Hermida, por pistas interiores de Marcón, despois ascendemos por pista por detrás da Canteira de Laxinde, ata o polígono industrial. Collemos un camiño para evitar a estrada e chegar á Reigosa. Unha vez en Vilarchán, subímos a serra pola esquerda, por unha pista moi cómoda. Atravesámola estrada Borela – Pontecaldelas e seguimos subindo ata alcanzar Rebordelo. A volta, por pistas e camiños ata Borela, e dende alí baixamos ata o sendeiro en Bora. Non poidemos parar moito porque facíase tarde, pero paga a pena parar en Rebordelo, ten boas carballeiras, praia fluvial no pozo negro, ademáis dunha fermosa igrexa e un bonito pazo.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

4 de maio de 2011. Castrove Escusa. 43 kms.

Unha das moitas rutas que se poden facer polos montes do Castrove. Está elaborada manualmente, pode haber algún erro (falta o do GPS),  hay moitas pistas. Tampouco fixemos fotos. Resulta bastante dura a subida, para a baixada as pistas tampouco están moi arranxadas, e fixemos unha boa parte da mesma por estrada.

Destacan as vistas da Ría de Arousa e de Pontevedra.

Ver ruta en WIKILOC