27 de marzo de 2013. Saída fallida por Tenorio. 38 kms.

VER ESTA RUTA EN WIKILOC

De saída buscamos a senda do Lérez, descubrindo outro descenso inédito por Monteporreiro. Unha vez en Bora contemplamos a enorme cantidade de auga que leva o río debido as intensas e continuas chuvias da tempada.
2013-03-27-847

2013-03-27-842

2013-03-27-843

2013-03-27-844

2013-03-27-846

Cruzamos pola zona do campo de tiro e atopamos unha nova variante pola zona de Santa Cruz, aínda que resultou incompleta, vendo posteriormente no mapa que parece pode cruzarse directamente hacia a zona da ponte colgante, evitando subir ata as casas.
(Evitando tamén a señora do pau).

Unha vez en Tenorio intentamos circular polos vellos camiños ata Parada, pero unha grande avenida do río do mesmo nome, impídenos o paso na súa desembocadura. Xa tiñamos cruzado por alí, pero en temporada seca.
Seguimos investigando outro camiño, pero estaba tamén cheo de auga e lama, así que non quedou outra que dirixirnos ata zonas máis elevadas.
2013-03-27-850

2013-03-27-848

2013-03-27-849

O descubrimento do día foi unha bela fervenza no río Tenorio, en pleno ascenso hacia as terras da Xesteira. Foi duro porque houbo que subir a pé por moitas ocasións. 2013-03-27-854

2013-03-27-851

2013-03-27-852

2013-03-27-853

Rematamos a dura xornada escapando da chuvia que non nos deixa voltando polo asfalto.

Anuncios

20 de marzo de 2013. A Ponte de Portalaxe.

VER ESTA RUTA NO WIKILOC

Para iniciar a aventura semanal ascendemos hacia San Cibrán en Tomeza, con máis pena que gloria.  Aínda que atopamos algún camiño descoñecido, conforme nos acercamos ó monte, van gañando en pendente, facéndonos botar pé a terra para coronar. Nun errático descenso ímos achegándonos a  onde iniciamos o ascenso á ladeira occidental da serra da Fracha. Os que fixéstes a marcha da fabada do ano pasado recoñeceredes unha boa parte do percorrido que segue. Quixemos substituir a subida dura por outra alternativa, pero resultou aínda máis penosa.

2013-03-20-836 2013-03-20-831 2013-03-20-832 2013-03-20-833 2013-03-20-834 2013-03-20-835

Unha vez acadada a pista principal facemos unha breve parada no abrevadeiro, para despois atopar unha ruta de sendeirismo marcada hacia a zona de Pontesampaio. Pena foi que no descenso tiveramos que parar a miudo por mor dos paus atravesados.

Asi foi que chegamos á Portalaxe. Consiste nunha pontella formada por unha gran laxa de pedra que cruza o río Ulló.2013-03-20-839 2013-03-20-837 2013-03-20-838

O descenso ata o Rañadoiro continúa por un enlamado camiño cheo de pedras e auga, bastante técnico.

2013-03-20-841 2013-03-20-840

Así foi que chegamos a Vilar e descendemos polo camiño hacia a Ponte Nova. Derrubado por unha riada ano 2006, atopabamos unha ponte dun único arco oxival ou apuntado que se levanta en perpiaño. Ao seu carón están os Muíños do Pozo Negro, son maquieiros. É dicir, unha industria local a pequena escala moi frecuente nos séculos XVIII, XIX e XX, caracterizado por cobrar en especie unha parte da moenda. Na actualidade foi sustituido por unha estrepitosa  ponte de formigón.

A partires de aquí o grupo divídese, os que tiñamos máis tempo aínda investigamos polos camiños da Canicouva e ascendimos á pena Miranda, para retomar finalmente o socorrido camiño de Santiago.

14 de marzo de 2013. Fervenzas do Barosa e Montes de Caldas. 48 kms.

VER EN WIKILOC

Nesta ruta recibimos dúas sorpresas agradables. Por unha banda, as fervenzas do río Barosa están no seu máximo esplendor coas recurrentes choivas invernais.  Por outra banda, atopamos unha via de achegada a Caldas de Reis polos pistas dos montes, que están en excelente estado e evitan totalmente o asfalto.

O principio e fin da ruta son de sobra coñecidos, pois forman parte do Camiño Xacobeo Portugués. Unha vez no complexo da Barosa completamos duas pequenas rutas marcadas.

2013-03-14-825 2013-03-14-817 2013-03-14-818 2013-03-14-819 2013-03-14-820 2013-03-14-821 2013-03-14-822 2013-03-14-823 2013-03-14-824

A partires daquí, solo tivemos que guiarnos pola nosa intuición e un pouco de orientación norte para ir seleccionando pistas ata chegar a vislumbrar Caldas. Un rápido descenso e voltamos hacia o sur o máis pegados posibles á montaña, pero sin ascendela. Pasamos a carón da igrexa de Arcos da Condesa e retomamos o Camiño de Santiago, esta vez en dirección sur.2013-03-14-830 2013-03-14-826 2013-03-14-827 2013-03-14-828 2013-03-14-829

 

 

6 de marzo de 2013. Ruta do Alboxe. 39 kms.

MIRA ESTA RUTA NO WIKILOC

Visitamos as parroquias cotobadenses de Almofrei e Borela. Na estrada que sube a carballedo collemos un desvio que nos leva despois dun sube-baixa ata a igrexa de Almofrei.
2013-03-06-808

2013-03-06-806

2013-03-06-807

Atopamos un camiño dendo o cementerio que empatando co sendeiro Rural de Galicia nos leva a carón duns muiños e atravesa o campo de fútbol abandonado do desaparacido Alboxe, acrónimo de Almofrei, Borela e Xesteira, que militou durante moitos anos no fútbol rexional.
Seguimos camiño ascendente pola nova ponte de formigón onde se poden presenciar unha fermosas vista do cañón do rio.

2013-03-06-811

2013-03-06-809

2013-03-06-810

Unha subida por unha pista de xabre que nos leva ata a pontella da Xesteira.
2013-03-06-813

2013-03-06-812

2013-03-06-814Ascendemos pola Rascadería hacia o monte, continuando por un divertido descenso hacia Pazos de Borela. Investigamos un pequeno monte cerca da Rectoral de Borela, para atravesar toda a parroquia buscando os montes do Pé da Múa. Camiño demasiado duro, ascendente e cheo de auga, habia unha variante mellor un pouco máis hacia o leste. Así pois escalamos ata dar coa mítica ruta das xestas do Portocego. Unha vez na pista principal descendemos ata Mirón, pola zona do encoro e Acueducto, para rematar a aventura polo coñecido descenso da Peralba.

2013-03-06-816

2013-03-06-815