27 de junio de 2012. Castiñeiras-Mourente. 43 kms.

Andamos agora a combinar coñecidas rutas para crear outras novas. A de hoxe foi realizada polos confíns da lagoa de Castiñeiras, combinando coa senda do río dos Gafos e uns camiños finais en Mourente.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

A lagoa de Castiñeiras é unha lagoa artificial situada no monte de Cotorredondo(comarca do Morrazo), entre os termos municipais de Vilaboa (parroquias de Santa Cristina de Cobres e Vilaboa, A Graña-Postemirón) e Marín (parroquias de San Tomé de Piñeiro e San Xián).

Ao redor da lagoa sitúase un dos parques forestais máis antigos de Galicia, o Parque da Natureza Lagoa de Castiñeiras, situado en montes comunais e xestionado pola Xunta de Galicia.

Está rodeado de unha masa forestal creada a partir dos anos 50 pero que probablemente teña a súa orixe nas primeiras plantacións do plan de reforestación da provincia de Pontevedra, iniciadas o 3 de xaneiro de 1927.

Actualmente o parque conta con unhas 70 ha de superficie repoboadas concastiñeiros, bidueiros, carballo americano e outras especies exóticas.

Dentro do parque atópase unha caseta de información e a Aula de Natureza de Cotorredondo, ambas as dúas xestionadas polacooperativa Teixugo.

No parque atópase un campo de mámoas entre as que destaca a Mámoa do Rei.

Accédese pola estrada de Figueirido, dende a N-550, ou ben dende Vilaboa a través de distintos camiños forestais (401, 105).

Rematamos volvendo de novo pola senda do  río dos Gafos, e subimos ós montes de Mourente para baixar por un espléndido camiño dende o campo de futbol que hai en Castro Senín.

VER EN WIKILOC

Anuncios

21 de xuño de 2012. Cuspedriños. 46 kms.

A ruta de hoxe foi unha versión correxida e mellorada da de fai unhas semanas.  Combina e enlaza varios tramos de anteriores percorridos e resulta divertida e longa, non excesivamente complicada nen dificil técnicamente, e suficientemente variada para resultar unha das miñas favoritas.

Partimos polo sendeiro do Lérez, facendo a ruta completa. Na ITV de Bora iniciamos o ascenso polo monte da Soldada ata chegar a Vilanova, e a continuación ascendemos por os Palleiros ata a Chan da Batalla, para achegarnos ó monte Arcela, onde xiramos para baixar a Cuspedriños.

Cuspedriños é un lugar encantador do concello de Cotobade, de nome sonoro e chocante, que mesmo se presta a burla, pero a mín encántame. A aldea ten varias particularidades, vistas panorámicas da ría de Pontevedra, unha carballeira cun curro, una pequena igrexa e sobre todo a feira.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Os postos de pedra dan noticia do esplendor dunha antigua feira que se rememora na actualidade, nunha acertada iniciativa. Traxes de época fannos retroceder ata mediados do  século pasado onde esta feira tiña moito pulo.

Dende aquí aproveitamos unha senda marcada para acadar Viascón, onde facemos outra rutiña marcada, para despois cruzar hacia o campo de futbol de Tenorio. Como colofón, cruzámolo Lerez pola ponte colgante para pasar á zona de Xeve, ata rematar polo campo de tiro.

RUTA EN WIKILOC