Portos de montaña do Val do Lérez. 95 kms

 

VER ESTA RUTA NO WIKILOC

Ruta de estrada na que se ascenden ata sete portos de montaña de mediana dificultade.

A Soldada (estrada de Carballedo ata a Xesteira)

Cuspedriños ( por Cabanelas-Viascón)

Monte Coirego (dende Dorna, por o Cádabo)

Caroi

Carballa Redonda (por Serrapio)

Campo Lameiro, dende Fentáns

Monte Acibal, por Amil.

Atopámonos cun día de moito vento de norte que impedía o avance ata a metade da ruta.

Prácticamente non hai terreo llano.

Anuncios

20 de xuño de 2012. Santa Cristina de Cobres. 36 kms

VER ESTA RUTA EN WIKILOC

Ruta fácil pola zona norte da ría de Vigo.

Subimos a San Cibrán, en Tomeza. Hoxe si que atopamos unha via de acceso directo, con bastante desnivel, pero factible.2013-06-20-140 2013-06-20-139

Dende o miradoiro acádanse boas vista da vila de Pontevedra.2013-06-20-142 2013-06-20-141

Unha vez descendidos, collemos un pouco do camiño de Santiago e atravesamos a estrada Pontevedra-Vigo para ir dirección oeste, acompañando a autoestrada buscando camiños ata Santa Cristina de Cobres.

Tamén atopamos verquidos incontrolados de lixo:

2013-06-20-143

Un bonito paseo pola zona do parque,  porto e das pequenas praias.

2013-06-20-150 2013-06-20-144 2013-06-20-145 2013-06-20-146 2013-06-20-147 2013-06-20-148 2013-06-20-149

Pasamos a carón do pazo de Larache e a continuación remontamos ata as Salinas, para voltar sen novidade pola via de servicio do AVE.

Xa entrando en Pontevedra a pista interrúmpense, está xa colonizada polos xitanos.  Para máis inri, hai que cruzar o río dos Gafos e non hai ponte.

12 de junio de 2013. Valongo. 56 kms.

VER ESTA RUTA NO WIKILOC

Ruta que discurre hacia o leste ata chegar á parroquia de Valongo, en Cotobade.

Como queira que é unha ruta algo longa para facer en poucas horas, como facemos neste tipo de recorridos, iniciamos e rematamos por estrada. Nesta ocasión o punto de partida das pistas volve a ser Vilarchán. Na coñecida carballeira iniciamos un lento pero continuo ascenso ata a serra do pe da Múa, esta vez pola vertente de Pontecaldelas.

2013-06-12-119 2013-06-12-115 2013-06-12-116 2013-06-12-117 2013-06-12-118

Pistas e camiños lévannos ata Laxoso, onde retomamos a estrada por uns metros para visitar os petróglifos de Calvelle.

2013-06-12-122 2013-06-12-120 2013-06-12-121

Unha vez repostados, aventurámonos por uns camiños e atravesamos prados e mesmo o río Calvelle por uns pasos.

2013-06-12-126 2013-06-12-123 2013-06-12-124

Deste xeito fomos directos cara o conxunto parroquial de Valongo, que conta con igrexa de estilizada torre, algún monumento funerario, rectoral de bela factura e cruceiro. Todo en pedra milenaria.

2013-06-12-135 2013-06-12-127 2013-06-12-128 2013-06-12-129 2013-06-12-130 2013-06-12-131 2013-06-12-132 2013-06-12-133 2013-06-12-134

 

Unha vez visitado o conxunto excursionamos polos lugares de Rañas, Campo da Ferreira, Quinteiro,  Casanova e Chielas, onde nos atopamos con dous espantallos que convenientemente acicalados polos seus donos que no los mostran lediciosos.

2013-06-12-137

Pasamos ata Famelga e iniciamos un longo descenso ata cruzar a estrada de Pontecaldelas a Borela. Despois dun agarimoso rodar retomamos a pista de retorno ata Vilarchán.

Regos no Mosteiro-Meis. 45 kms

Dibujo

VER ESTA RUTA NO WIKILOC

Vou dar noticia da última etapa en bicicleta de montaña. Nesta ocasión visitamos o concello de Meis, máis concretamente a súa zona leste.

Para achegarnos á zona escollemos camiños por Campañó, alternando pistas veciñais con vias sen asfalto, ata chegar as ladeiras do Castrove, xa entrados en Curro. Atravesamos o polígono industrial e descendemos a Ladrido (curioso nome), desembocando erradamente nun eirado. Despois dun retroceso atopamos a pista correcta para dirixirnos á intersección dos concellos de Barro, Meis e Portas, para descender do monte da cabada hacia o Mosteiro.

Nun lugar chamado Tarrío atyopamos un  rego perdido entre leiras chámase Rego de Chas. Este xúntase con outros coma o de Santo Tomé o  de Nogueira ou o da Xesteira para formar o río Cañon, que desemboca finalmente no Umia.

Hai un sendeiro que remonta o rego de Santo Tomé ata o centro urbán do Mosteiro, que ten similitude co do río dos Gafos en Pontevedra, pero está mellor coidado. Non atopei información sobre el por ningures.

Unha vez en Mosteiro buscamos unha vía directa de volta á capital, evitando as estradas, meténdonos por duas veces nunha propiedade privada en Campañó, moi pertiño do Hipódromo, onde ademáis se poden atopar uns muiños agochados.

2013-06-06-108 2013-06-06-098 2013-06-06-099 2013-06-06-100 2013-06-06-101 2013-06-06-102 2013-06-06-103 2013-06-06-104 2013-06-06-105 2013-06-06-106 2013-06-06-107

La etapa de la vuelta dende Pontevedra. 132 kms

VER ESTA RUTA NO WIKILOC

Ruta ciclista que simula a vindeira marcha cicloturista “etapadelavuelta”. Iso si, variamos os primeiros e os últimos kilómetros saíndo e chegando á zona de Pontevedra.

O dia comenza con vento forte de norte, o que fai duro chegar a Caldas, que ven sendo do máis chairo do día. A partires de Moraña hai que subir a Campo Lameiro, non é un porto dificil e as forzas aínda están case intactas.

Báixase por Praderrei e Fentáns e dende aquí un terreo duro con estradas que agarran, subindo o porto  da Carballa. Unha vez en Sarrapio comenza un serpenteo por estradas secundarias que nos levan a Cerdedo, despois de subir e baixar outro pequeno porto.

O mais duro do día é o porto de Loureiro, entre Cerdedo e  A Estrada. Ata chegar á  vila estradense aínda hai algún pequeno repeito matador.

Dende Caldas todo parece mais fácil, tras subir Matalobos voamos ata Cuntis, con vento agora a favor. Desviamonos aquí da ruta hacia Moraña e San Antoniño para non pasarnos de kilómetros, que xa empezan a doer as pernas.

Un postre nada apetecible polo Pontillón do Castro e a reservar forzas para poder chegar á casa.

En resumo, máis de 130 kms, e sobre  5 horas e media de bicicleta.