ESTA SEMANA NO SALIMOS EN BICI

images

Anuncios

24 de xaneiro de 2013. Circular de Pontevedra. 46 kms.

VER RECORRIDO EN WIKILOC

Percorrido para realizar nun día coma hoxe, con camiños bastante deteriorados de tanto como choveu. Trátabase de dar unha volta circular a Pontevedra, a unha distancia media de 3-5 kms, buscando lugares  para cruzar ríos e intentando meter pistas secundarias ou terciarias. Dende logo, este percorrido pode mellorarse estudando alternativas, metendo menos asfalto e máis monte, pero nestes días as rodas entérranse literalmente nos camiños e avanzar no medio das pedras e paus faise tarefa titánica.

Salimos buscando a ría por Poio, para ascender hacia Campaño,  despois baixamos ó río Rons para iniciar ascenso por Alba e Lérez. Un descenso levanos a Bora, e dende aquí subimos ó monte de Mourente para pasar pola Hermida a Marcón, Tomeza e cruzar a Salcedo, rematando o círculo en Mollabao.

Sorprende a grande cantidade de kilómetros que fixemos estando sempre a tiro de pedra de Pontevedra.

2013-01-24-730 2013-01-24-724 2013-01-24-725 2013-01-24-726 2013-01-24-727 2013-01-24-728 2013-01-24-729

 

Vilanova e senda do Almofrei. 32 kms.

VER ESTA RUTA EN WIKILOC

Continuamos a nova tempada facendo rutas cortas, debido a que estamos saíndo media hora máis tarde ca de vran. Por eso hoxe non nos alonxamos moito da capital, e saldamos unha vella conta que tiñamos pola zona da parroquia de Tenorio,  que xa por dúas veces nos tiña retado coa localización de determinadas pistas de ascenso hacia o monte Castelo.

Para iniciar o noso andar, esquivamos o máis posible a N-541, internándonos en Mourente por Valdecorvos e Vilaverde, ata chegar a Carabelos, dende aquí seguimos  á entrada de Tenorio, no concello de Cotobade.

Unha primeira ascensión achéganos á pista que un dia nos solucionou o extravío no que viñamos dende Vilanova. A idea era seguir esta pista ata chegar ó lugar dos Palleiros, para cruzar despois hacia Borela. Pero unha vez superado este punto, medio volvemos perder o rumbo, nunha aldea chamada Outeiral, onde o Sigpac resulta algo enganoso… Eso si, chegamos a un fermoso lugar, con regato  como está mandado:

2013-01-11-699

2013-01-11-700

Así que despois de recuar un chisquiño, atopamos unha fermosa carballeira despexada que nos leva sobre follas secas ata a pista asfaltada, que utilizamos para ascender, non sin comprobar un par de camiños en estado lamentable. Dun deles aínda dimos saido con éxito, pero o outro descende cuberto de paus e rodeiras dos tractores dos madeireiros que destrozan o monte alí por onde pasan.

Unha vez nos Palleiros renunciamos definitivamente ó ascenso e fixamos como obxectivo rematar a exploración da pista oculta, cousa que facemos con grande facilidade, a pesar dos grandes buratos en forma de canal:

2013-01-11-7012013-01-11-703

De volta xa no monte dos Cornidos, iniciamos un novo ascenso ata Vilanova, por camiños empedrados ben conservados.

2013-01-11-707

2013-01-11-706

Unha paradiña nun mirador no centro do pobo e iniciamos un percorrido polo monte da Soldada, para descender de forma súpeta as Hifas da Terra, onte mesmo nomeado premio Cidade de Pontevedra:

http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2013/01/11/homenaje-innovacion-empresa-hifas-da-terra-premio-cidade-pontevedra-2012/738992.html

Atopamos o camiño de baixada ata os pasos do Portomuiño e  non poidemos cruzar, a auga cubría as poldras, así que tivemos a fortuna de circular pola coñecida sendo do Almofrei ata Ponte Bora. Aínda é bastante ciclable. O río acada un verdor indescriptible:

2013-01-11-710

2013-01-11-709

2013-01-11-713

2013-01-11-708

2013-01-11-711

2013-01-11-712

De repente aparece un pato “caseiro” no medio do río.

IMAG3213 IMAG3207

IMAG3208

IMAG3209

IMAG3210

Un vetusto carballo:

IMAG3211

Para rematar unimos a senda do Almofrei coa senda do Lerez ata a capital.

3 de xaneiro de 2012. Pequenos montes de Poio. 28 kms.

VER ESTA RUTA EN WIKILOC

Aproveitamos a chegada do novo ano que aporta algo de calma despois das chuvias dos últimos días para circular por camiños inéditos ben próximos, nas inmediacións da Caeira e de Lourido, dous lugares ben coñecidos pero que teñen uns montiños pequenos pero con bastantes sendeiros.

A primeira parte da ruta foi iniciada polo lugar do Vao. Un incesante zigzagueo aproxímanos a un pequeno promontorio no que se divisa una xenerosa vista da cidade de pontevedra, que brila no nacimento do día.
2013-01-03-628

2013-01-03-6292013-01-03-6312013-01-03-632

Despois dunha pequena escalada achegámonos a unha pista que desemboca nuns chales, dende aquí dirixímonos de novo hacia o alto do monte Tomba, onde están as antenas de TV.

2013-01-03-633

IMAG32062013-01-03-634

Seguimos rodeando para baixar por unhas difíciles pistas, cheas de paus e auga, ata o lugar coñecido como Orgo do Monte. A partires daquí, mesmo atravesamos un regato para chegar a Aris, onde atopamos un sendeiriño por unha carballeira, despois de probar algún camiño sen saída.

2013-01-03-6362013-01-03-637

2013-01-03-639

Para continuar, un percorrido ben completo dende a Seca ata o monte de Lourido, enriba do peirao e pobo de Campelo, atopando un vértice xeodésico oculto entre as árbores a nada menos que 77 metros.

2013-01-03-6402013-01-03-6422013-01-03-645

Por medio do monte imos atopando carreiriños de descenso que nos levan ata o paseo e praia de Lourido, rematando finalmente a carón da ría pola zona da casa natal de Colón en Portosanto e pasando por debaixo da ponte da Barca.

casa-colon-diajpg

En resumo, un recorrido cortiño para comenzar 2013, pero non fácil, por culpa dos continuos sube-baixa e o mal estado dalgunhas pistas.