28 de febreiro de 2013. Camiños de San Vicenzo. 39 kms.

 

VER ESTA RUTA EN WIKILOC
Ruta dura pero bastante vistosa, partindo hacia as terras occidentales de Pontecaldelas.

Empezamos hoxe directos cara o alto de Mourente, pasando ó lado do Hospital Montecelo. Probamos un camiño que se mete entre carballos e tivemos que ir un pouco monte através para chegar á coñecida pista do alto de Mourente. Un feliz encontro con un novo camiño fainos descender hacia Bora, na Cardosa, atravesando a estrada principal iniciamos o ascenso ó monte ata o circuito Motocross para continuar o ascenso directo por a Peralba.

Continuamos camiño por Vilarchán e Contixe, para seguir gañando altura ata Tourón, onde decidimos descender ó coñecido regato que no seu longo sendeiro que nos leva ata a capela e os prados de San Vicenzo.

Tras unha dura ascensión chegamos ás casas de Taboadelo e dende alí un pouquiño nada máis de estrada para desviarnos a Aluncia e iniciar o ascenso final hacia o Polígono.2013-02-28-804

2013-02-28-803

2013-02-28-802

2013-02-28-801

2013-02-28-800

2013-02-28-799

2013-02-28-798

2013-02-28-797

2013-02-28-795

2013-02-28-793

2013-02-28-792

2013-02-28-805

Anuncios

14 de febreiro de 2013. Ensaio Pichinela.

Un pouco a bulto, con unha lixeira idea na cabeza, intentamos simular a próxima ruta polas terras de Salcedo. En vermello podedes ver o noso itinerario e en azul a prevista para o día 24 que aparece no wikiloc.

comparativa pichinela

Achegámonos ó pavillón de Salcedo e xa de saída tomamos unha alternativa errada subindo antes de tempo, deberíamos haber circulado á carón da autoestrada, non hai problema, buscamos de novo o ascenso ata a Brilat, para continuar ata o Viveiro. Este camiño resulta moi agarimoso. Cruzamos a estrada para meternos de novo no monte.

Outro desvío equivocado levounos ata a Aldea de Arriba, a partires daquí retomamos a senda correcta comprobando a dureza da subida, por moitas veces hai que poñer pe a terra. Imáxinámonos que será unha zona de atasco o día da marcha.

Seguimos de novo sobre a pista correcta. Un amplio descenso lévanos ata Vilar, onde súbitamentexiramos hacia o norte para chegar xusto ó pé do monte de Cotorredondo, que debemos rodear, atopando o camiño despois dalgunha dúbida e dunha repostaxe.

Durante esta parte da ruta podemos contemplar amplias panorámicas da ria de Vigo.2013-02-14-783

2013-02-14-777

2013-02-14-778

2013-02-14-779

2013-02-14-780

2013-02-14-781

2013-02-14-782

Unha vez chegados á estrada que vai a cruz de Maceira, complicamos innecesariamente a ruta, buscando unha alternativa técnica, mentres que os organizadores da marcha parece que escolleron a carretera.

Unha vez na lagoa, retomamos o descenso polas numerosas pistas ata chegar á Almuiña distanciándonos de novo na parte final da ruta prevista.

* NOTA PERSOAL: Como a GT está en reparación, tiven que facer a ruta coa vella PEUGEOT, sin suspensión e !coas rodas lisas !, que así a teño para facer recados. Recuperando a sensación de ir con manillar demasiado estreito, sin amortiguación e con frenos V-Brake, que por certo frean moi ben, pesan menos e apenas teñen complicacións mecánicas. Con esta bella máquina fixen o camiño de Santiago en 1999.

Adcunto unha foto dunha bici similar:

images

8 de febreiro de 2013, Unha ronda polo Acibal con pouco asfalto. 39,5 kms

VER ESTA RUTA EN WIKILOC

2013-02-08-758

A ruta comenza pola senda do Lérez. Unha vez que chegamos á segunda pasarela de ferro debemos cruzar e baixar hacia unha pequena praia que hai no río. Xusto antes de chegar xiramos á esquerda e iniciamos o ascenso por unha dura pista de xabre, ata a aldea de Couso. Atravesamos de frente a estrada directos hacia Aquagest, collendo un camiño paralelo nun parque infantil.

Antes de entrar en Berducido, hai que xirar á esquerda no merendeiro e continuar hacia o Castelo, en Lérez, para ir por camiños e polas pistas do monte hacia a zona de Cerponzóns. Pasamos á carón do desgüace e o aparcadoiro da Luna. As pistas están en moi bo estado, da gusto rodar por elas.

Unha vez atravesada a estrada do Pontillón continuamos bordeando o monte ata atopar de novo a pista asfaltada que da acceso directo ó Pastizal. 2013-02-08-747

2013-02-08-748

2013-02-08-749

2013-02-08-750

2013-02-08-751

Escollemos unha pista nova para baixar hacia a coñecida Fonte de Fontáns.

Un pequeno pero dificultoso atallo devólvenos á pista de baixada hacia San Andrés de Xeve, abríndose á vista a panorámica do Val do Lérez e as terras de Cotobade ó outro lado do río.IMAG3223

2013-02-08-752

IMAG32242013-02-08-753

2013-02-08-754

2013-02-08-755

Como non podía ser doutro xeito, voltamos á zona do Couso, onde pasamos polas pontes de madeira despois de baixar un técnico sendeiro con escaleiras de pedra.2013-02-08-756

2013-02-08-757