28 de abril de 2011. Pontevedra este. 33 kms.

Ver ruta en Wikiloc

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Saímos por Mourente, subindo por o Colexio Villaverde, hacia Montecelo e Castro Senín. Damos un pequeno rodeo e alcanzamos o mirador e vértice xeodésico do alto de Mourente. Baixamos por pista ata A Ermida, e seguindo hacia o circuito de Motocros, facemos unha pista polos montes de Bora, ata chegar ás Leiras, baixamos ó Río Almofrei, ata os pasos de pedra, pero non poidemos cruzar porque faltan algúns. Subimos de novo ata o campo de fútbol e pasamos hacia Xeve, primeiro por San Andrés e despois por Santa María. Baixamos por Pillarteiros hacia o Lérez, e pola coñecida senda chegamos a Pontevedra.

SITIOS DE INTERES.

Igrexas parroquiais de Mourente, Bora, San Andrés e Santa María de Xeve.

Entornos dos ríos Almofrey, Lérez e Fentans.

Anuncios

20 de abril de 2011. Cumio monte Acibal. 39 kms.

Ver ruta en Wikiloc

Subida ó cumio do monte Acibal desde Pontevedra (596 mts), con moita pista forestal en bo estado, nada técnica. Seguimos dende a presa de Bora por Filgueira e San Andrés, polo camiño dos Milagros de Amil, ata o Pastizal. Unha vez no cumio, contemplamo-la paisaxe e descendemoms tranquilamente por Santa María de Xeve ata chegar onde o Río dos Fontans se xunta co Lerez, formando unha pequena praia fluvial.

LUGARES DE INTERES.

Sendeiro do Lérez.
Igrexa de San Andrés de Xeve.
Capela de San Roque.
Fonte de Fontans.
Cumio do monte. Vistas Panorámicas da comarca de Pontevedra e Moraña.
Igrexa de Santa María de Xeve.
Río dos Fontans.
Praia Monteporreiro.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

12 de abril de 2011. As pontes do río Almofrei. 36 kms.


VER RUTA EN Wikiloc

Ruta fácil, para rodar, con bastante asfalto, pero visítanse lugares de
gran beleza, con temática centrada no curso baixo do río Almofrei, o que
acompañamos e cruzamos en moitas ocasións, en Bora, Almofrei, a Xesteira
e Borela.
Sitios de interese:
Almofrei, Igrexa, ponte e río.VER VIDEO EXTERNO
Ponte Borela e Capela de Lourdes: VER VIDEO EXTERNO
Río Almofrei encaixado na pedra.
Praia fluvial da Xesteira.
Vistas panorámicas de Pontevedra.
Acueducto de Mirón.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.