26 de agosto de 2011. As Eiras- Pazos de Borbén. 65 kms.

WIKILOC

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Nesta ocasión fixemos unha longa ruta,  para poder recorrer a denominada senda da auga,  dende a presa das Eiras, río Oitavén, ata o pobo de Pazos de Borbén.  Para gañar tempo, fomos por estrada directos a Pontecaldelas,  e dende alí por Insua e Chaín.  Tamén fixemos algúns cálculos para o seguimento da Volta o próximo  xoves. Paramos en Barbudo, a continuación baixamos ó embalse para tomar a ruta indicada. Trátase dun sendeiro comodísimo, prácticamente llano,  moitos quilómetros acompañando unha tuberia verde de máis de un  metro de diámetro. Eespectacular ver como o río vai facendo unha  garganta mentras nos seguimos practicamente sin perder altura.  Unha vez que chegamos a Pazos de Borbén, subimos a Amoedo,  collemos cara a Soutomaior, Arcade, Pontesampaio e para a casa.  Máis de 60 kilómetros feitos a lume de carozo...
Anuncios

18 de agosto de 2011. Por terras de Soutomaior, 50 kms.

Ruta de exploración por zonas inéditas do Concello de Soutomaior, mayoritariamente por pistas veciñais, seguindo o curso do Río Oitavén, dende a súa desembocadura ata o lugar de Aranza.

VER EN WIKILOC

Iniciamo-la ruta pola senda do Río Gafos, que está moi transitable é limpa. Unha vez avanzamos hacia Figueirido, collémolo Camiño de Santiago en sentido inverso, ata Pontesampaio. Por esta época hai que ir con cuidado porque está ateigado de peregrinos camiñantes. Unha vez pasada a Ponte, antes de entrar en Arcade collemos unha rúa á dereita coa intención de ir ó mais posible a carón do río. Despois de parar nunha fonte, porque a calor xa apretaba, seguimos ata o campo de Futbol do Arcade, e dende alí collemola estrada xeral a Pontecaldelas, para ir hacia Aranza. ( A idea principal era chegar ata o embalse das Eiras, pero coma sempre imos escasos de forzas, tempo e motivación, así que dimos volta para seguir explorando pistas por Soutomaior, outra vez a carón do río. Hay bastantes boas vista do curso baixo do Oitavén. Mesmo nos achegamos á ponte colgante que hai onde os ríos Verduxo e Oitavén xuntan as súas augas. Está bastante deteriorada, é similar á que hai en Tenorio.

Para evitar a estrada xeral subimos pola pista da Canicouva, onde collemos auga fresca da fonte, e voltamos pola estrada interior de Tomeza. Despois subimos ata a Hermida para poñerlle un engadido de dificultade á ruta.

En definitiva, un día bastante cómodo a ritmo tranquilo, que xa facía falta despois das duras últimas etapas.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

10 de agosto de 2011. Aguasantas. 48 kms.

Ruta que nos achega ata Aguasantas, na parte oriental do concello de Cotobade. Fixémola prácticamente en linea recta desde Pontevedra, pasando por A Hermida, A Peralba, Vilarchán e atravesando a serra da Castelada,pasando a carón do mirador.
Chegamos a Calvelle, o Barazal e a Pena. En Aguasantas visitamos a capela de San Xosé, en Penelas, o Mirador do Castro, onde se acada unha fermosa vista do Concello da Lama, có cárcere a tiro de pedra, a casa de Turismo Rural, (http://www.aporteladomirador.com/) as casas grandes da aldea e a Igrexa e entorno, perfectamente conservados e restaurados, todo de pedra.
A volta, pola Estrada de Pontecaldelas.

VER EN WIKILOC

El pase de diapositivas requiere JavaScript.