25 de xuño de 2014. Monte da Penarada. 57 kms

VER ESTA RUTA NO SPORTS TRACKER
IMG-20140626-WA0001

 

A partires de agora, os días irán indo a menos, así que hai que aproveitar o horario de verán para facer rutas máis ou menos longas. Hoxe saímos pola estrada para chegar canto antes a zona do Polígono da Reigosa.  Atopamos un pequeno desvío ata o colexio. De tódolos xeitos, a última hora collemos un camiño sinalizado que enlazaba co camiño dos arrieiros, tiña boa pinta, pero a cousa complicouse bastante porque a ruta estaba pechada con silvas moi agresivas. Unha vez que chegamos a Vilarchán continuamos polo tradicional pista que nos leva polas alturas de Buchabade e Tourón, pasando os petroglifos, e antes de chegar a Gradín, tomamos rumbo hacia o miradoiro do Pé da Mua, facendo un descanso na área recreativa e pasando a carón da caseta de incendios, aproveitando un tramo da BTTroita.

Sen embargo descendemos hacia a estrada, Pontecaldelas-Aguasantas, por unha fenomenal pista. Decididos baixamos ata os pasos da Fraga, e dende esta fermosa paraxe, da que podedes buscar fotos neste mesmo blogIMG-20140626-WA0003Logo, descubrimos un bo camiño hacia Caritel.

A partires de aquí, ascendemos de novo o monte para dirixirnos ó obxectivo de hoxe, o monte da Penarada, entre Pontecaldelas e o embalse das Eiras. Lástima do día de néboa, que nos privou das excelentes vistas que dende alí se divisan.

IMG-20140626-WA0002
IMG-20140626-WA0000 (1)Continuamos circulando polo monte un longo treito ata chegar á Roca, e unha vez en Pontecaldelas, retomamos os primeiros kilómetros da BTTroita, ata Parada. A continuación voltamos pola estrada de Xustáns.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s