I ruta BTTroita. A crónica.

Varios integrantes do grupo vimos de participar nesta ruta.
A nivel persoal, en primeiro lugar temos que decir que nos vai costar moito ser imparciais nas críticas, porque Pontecaldelas e o seu contorno representan para quen escribe unha importante parte das memorias da mocidade.

DSC_0098 _DSC6840

DSC_0088

Por outra banda, estrictamente falando de bicicletas, esta é a miña zona preferida (xunto coa veciña Cotobade). Non teño nada contra Acibal, Castrove e Castiñeiras, pero a min tírame máis os camiños do leste, en contra do que decía o admirado Thoreau, que solo exploraba hacia o oeste.2013-02-28-799

Deixándonos de rollos, pasamos a falar da ruta. Nace e morre na vila de Pontecaldelas, un entorno natural privilexiado, co río Verduxo como principal protagonista. Recoméndolle a todos que veñades un día sin os apuros propios dunha ruta e admiredes a beleza que atesoura. Se o queredes facer en bicicleta, o percorrido desta BTTroita vai quedar sinalizado, pero hai moito mais…

DSCF7423 DSCF7338 DSCF7382

Primeiramente súbese ó Instituto, unha rampiña dura para seleccioar o persoal, pero demasido corta, así que os que imos atras xa sufrimos o primeiro funil nada mais baixar o camiño que vai a carón.

Un leve ascenso, e de seguido atravesamos  pola primeira zona técnica, un estreito camiño de pedras que nos leva ata Parada,10294227_10203635308626842_8030807987486268600_n

10329073_10203635335307509_5084402604435894013_n

10390917_10203635336627542_1139551542064966036_nfacendo honra ó seu nome, houbo que deterse varias veces ata chegar á estrada que descende a San Vicenzo, por mor da estreitez do camiño.2014-02-19-026

O segundo lugar con certa dificultade técnica baixa ata o rego de San Vicenzo. Aquí botei de menos un percorrido polos prados e muiños, pois directamente nos diriximos a ancha pista principal que leva á Capela .2013-02-28-801

 

2013-02-28-802

A partires de aquí, suave, pero continuo ascenso acompañando o regato. Para os que ibades a lume de carozo, recoméndovos que volvades outro día e torzáde-la vista á esquerda, para contemplar con calma o rio, o traballo dos nosos vellos,  os muros feitos ó longo do cauce para que as enchentes non lle comeran nin un metro ás leiras.

De seguro que pasastes por onda o muiño e a ponte sen siquera detervos por un momento.

Entramos na primeira zona de poñer pé a terra, salvo para algúns fortes e hábiles molinilleros. E de repente sucedeu. Apareceu o máis destacado da ruta. O señor Julio Iglesias, recordándonos a todos que estabamos reventados.(Pero o mais importante era que o sabiámos( Non sei se hai precedentes noutras rutas, pero encantoume… E unha idea excelente mezclar humor con bicicletas…Para a próxima hai que profundizar nesta idea, poden aparecer máis persoeiros, imaxínate a Rajoy, a Zapatero, a CR7, a Homer Simpson, comentando a xogada…

Continuamos subindo por Tourón. Anque é asfalto en parte, faise bastante duro ata chegar á pista dos petroglifos. Outro lugar que tedes que visitar en familia. Despois duns desvíos chegamos a un pozo forestal, onde moitos paramos a coller auga., xa nas inmediacións de Mirón, a vila do “acueducto”. Os que fixemos a ruta longa metémonos nun baixa-sube para voltar case o mesmo sitio, despois de deixar unha boa parte das forzas na subida.

Segue a ruta polas xestas do Portocego, un descubrimento do noso grupo de fai uns anos, agora si, pasástesvos un pouco desbrozando, nin xestas nin nada, quedou unha pista de tres metros de ancho.

Somos chegados a avituallamento, e como non, “congratulations” ó que tivo a idea de mercar as sandías, non se falaba doutra cousa. Non me extraña que sobrara unha fruta tan ciclista coma o plátano. Era tentadora tarta de chocolate, pero pareceunos demasiada lambonada para ese momento.

Abandonamos tan esquisitos manxares e de novo subida, esta vez con idea de afrontar as longas trialeiras do Coto dos Infernos. Espectaculares, razonablemente perigosas. Sen pedras soltas. Un pouco máis adiante o cruce que separaba os dous itineriarios. Para a proxima tedes que lle pedir a D. Perfecto que vos poña un paso soterrado, ou cando menos un semáforo para evitar riscos.

Chegamos ó merendeiro:

2013-10-18-304

Seguimos subindo ó mirador da Castelada. 2013-10-18-305Un día tedes que subir ata a torre e contemplar unha perspectiva total, 360 grados de beleza.

A nos tocounos baixar por unha zona rápida-tecnica, que con forzas xustas pode resultar xa un pouco perigosa.

Xa de volta no percorrido común achegámonos de novo ó regato de San Vicenzo e a súa carballeira fermosa. Disfrutamos un montón ata chegar a Gradín. Xa na subida final pola estrada van almas en pena. Parece que se diríxen ó vía crucis da Capela do Sagrado Corazón, que por certo queda ven perto do lugar.2014-02-19-020

Pasamos a carón dunhas granxas e despois dun acusado descenso retomamos un vello camiño por veces empedrado, certamente dificultoso, pero moi fermoso.2014_05_18 11_36_27

2014_05_18 11_36_29

2014_05_18 11_47_38

2014_05_18 11_46_30

Solo queda un último descenso por un camiño de terra ata o río Verduxo, onde disfrutan as familias na Calzada e no paseo dos pescadores.

10368231_10203635720477138_8537357908896352015_n

10354671_10203635790038877_5579477974374727886_n

10298909_10203635806119279_4845456744141445136_n

 

10372265_10203635790318884_4322262243721405489_n

Por fin chegada a meta empanada, bica e bebidas.

Como nos achegamos a fin de curso escolar, agora veñen as notas:

– Diseño trazado -Percorrido 9 de10.

As expectativas eran moi altas, nos coñeciamos ben os contornos, non nos defraudou. Ben sinalizado.

O nivel de dureza está marcado nun 90 % polo ritmo que cada un queira marcar. Se queres ir en cabeza hai que sufrir. Se vas a disfrutar de seguro que o podes facer. Se nalgun tramo hai que ir andando vaise, procurando non estorbar.

– Avituallamentos – 9 de 10.

Máis que sobresaínte, había algún que decía que se zampou catro aquarius, 3 anacos de sandía, 2 plátanos, e un longo etc. (iso na ruta), ó chegar seguiu…

– Organización – Voluntarios- 7 de 10.

Pode que seña idea miña pero votei en falla un pouco máis de xente en determinados puntos. Había zonas perigosas en onde non se vía nadie. Había algunhas averías e caídas que tiveron que ser  reparadas sen asistencia.

– Ambiente. 10 de 10.

Excelente ambientación, ..Speaker.  Julio Iglesias… O da peluca.. O figura das rodas de tractor… Fotógrafos excesivos. Agora pasaremos horas e horas atopando as nosas fotos no medio dos álbums dixitais…

 

Nota final 9 de 10.

 

 

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s