Crónica da I BTT Cidade de Pontevedra. 30 de marzo de 2014.

IMG_1322VER RUTA EN WIKILOC

Na saídaHoxe fixemos unha excepción dominical e retomamos o vello e esquenzido hábito de participar nunha marcha organizada de MTB ou BTT.10014637_10202828229403532_200870341_nPrimeiros metros

Pero de cando en vez hai que volver ás andadas, ou máis ben ás rodadas, e máis tendo en conta as facilidades; ruta a carón da casa, e de precio simbólico. O que acontece e que o mesmo ca nos pensaron perto dun milleiro de persoas, con todas as ventaxas e inconvintes que isto acarrexa.

Alguhas experiencias non moi positivas do pasado nos apartaron por un tempo daquelas primeiras e ilusionantes marchas, aquel ritual de inscripción, dorsal, pelotón, intentar chegar o máis adiante posible,  album de fotos…Por certo, tómome a liberdade de coller prestadas algunhas…

Ramón, eres ti? fuches tan rápido que nin se te viu

Ramón, eres ti? fuches tan rápido que nin se te viu

Esperando por un amigo

Esperando a  un amigo.

DSC_04812014_03_30 10_17_49

A subida á lagoa, último esforzo.

DSC_0498

ÚLtima rampa

Descenso

Pasamos á marcha en sí, facendo a salvidade inicial de que se trata dunha opinión personal, aderezada por algúns comentarios que se ían oíndo no “pelotón”.

A organización, inicialmente levada casi 100 % facebook, parecía nas semanas anteriores así como un pouco improvisada, e caótica a páxina web era un pouco cutre e pouco publicitada. Tiven ata tres dorsais diferentes. Como anécdotas, por despiste había xente que se ía anotar a un hotel .., a CPU parece que se escoñou no peor intre, así que se lle unimos a isto a cantidade de inscritos, a cousa pintaba regulín…Pero como poderedes comprobar, somos xenerosos de por si, e en primeiro lugar temos que agradecer á organización que por fin haxa na nosa cidade unha marcha digna de levar o nome da mesma. Esperemos que perdure no tempo, como de seguro será.

Máximo esforzo
Na saída, os que ían con máis ambición, e os máis fortes, buscando as posicións anteriores, os máis precavidos, atrás de todo.  A nos tocounos polo medio e medio, así que tras discurrír un pouco por asfalto, chegou a primeira decepción. A primeira media hora, prácticamente parados ou andando. Na primeira rampa dura, aínda tiven tempo de romper a cadea e reparala sin perder casi posicións, do pouco que se avanzaba. Entre unhas cousas e outras xa empezaba a arrepentirme de haber acudido, de non ser porque de pronto, ó chegar á primeira aldea, o pelotón estirouse definitivamente, e ata unha trialeira de Castiñeiras non volvin a atopar retencións, que por outra parte xa serían mínimas.Subindo á lagoa

Así que decidín disfrutar do percorrido, a subida non me parecía excesivamente dura, aparte de que xa era coñecida, así que bastante animado presenteime na lagoa de Castiñeiras, básicamente gañando posicións. Para non coller frío nin parei no avituallamento, dixéronme que era abundante e suficiente.

Un rodeo a Cotorredondo e unha zona chaira permitían lanzar a bicicleta con permiso dos barrizais que por veces aparecían.

O  talante da xente coa que coincidin non podía ser mellor. Aqueles que se sentían algo peor técnica ou físicamente deixaban paso amablemente. Había algún que se chimpaba fora da ruta con tal de non estorbar¡¡¡ Nas averías, sempre había quen ofrecía a súa axuda. A xente, polo menos o que eu vin, estivo de 10, e non solo bikers, tamén asistencia e voluntarios. Nada de malos rollos. Así da gusto ir a unha marcha. Recordo as primeiras xa fai uns anos que sempre había algún listo que che botaba a bronca por estorbar, ou presionando para que non puxeras pé a terra. Precisamente estas marchas son para todos, o que queira competir que se faga unha licencia, que hai categorías para todos.Un auténtico rey bicigodo

Un auténtico rey bicigodo.

Pasamos ó descenso. Divertidísimo¡¡¡ Por encima, non era nada peligroso, apenas había un tramo un pouco dificil, con ambulancia cerca por si acaso, e xente avisando. As baixadas polos sendeiros curveantes e estreitos entre canabales pola zona da Brilat son impagables. Lástima que se fixera tan curto.

O peor o barro acababa facéndose odioso, sobre todo nun camiño ó lado da aldea afgana. Teño qu decir que da choiva nin me enterei e frio non pasei, pero esas son cousas moi persoais.IMG_1617 IMG_1588

Finalmente estupendas mangueiras para lavar a bici sen apenas facer cola e un pastel de chocolate de vicio… As duchas non as usei, para disgusto da miña consorte, tiven que cambiarme no garaxe, cheguei feito un San Benito.

Nota final: NOTABLE   8 de 10.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s