Xoves, 13 de febreiro de 2014. Gargantáns, igrexa e menhir.

VER ESTA RUTA NO WIKILOC.

Ruta que parte de Lérez, e ascende por Cerponzóns hacia o Monte Acibal, que se bordea pola parte oeste ata chegar á aldea do Castro, pasando pola Pallota e o Muiño.

San Martiño de Gargantáns. Século XII

Da páxina patrimonio galego.net.

Outra fotografía:

Da igrexa orixinal só se conserva a ábsida que conta cunha colección de canzorriños zoomorfos e vexetais, e con catro columnas tamén decoradas con capiteis. Curiosamente un dos canzorriños tamén está na próxima igrexa de San Pedro de Rebón.

Na parte central conta cun rosetón e dúas ventanas máis pequenas con fermosas celosías. O estado de conservación e excelente.2014-02-13-008 2014-02-13-001 2014-02-13-002 2014-02-13-003 2014-02-13-004 2014-02-13-005 2014-02-13-006 2014-02-13-007

No interior conta cun arco triunfal de medio punto decorado con capiteis vexetais.

Na entrada da igrexa atópanse moitos sepulcros antigos que conservan as súas laudas. E tamén fora, atópase un cruceiro con inscricións moi desgastadas na súa base.

Pedrafita-menir A Lapa de Gargantáns. Moraña

Extraído do blog http://dolmensedemaisfamilia.blogspot.com.es

 
Ata hai pouco tempo a Lapa era considerada pola maior parte dos prehistoriadores galegos como a única pedrafita existente en Galicia, feito que hoxe non se pode manter. 
Pénsase que a pedrafita foi trasladada do seu lugar orixinal ata o novo emprazamento posto que a base atópase cortada polo que tamén debía ser máis alta. Atópase nunha zona arqueolóxica con numerosos xacementor prehistóricos. Foi descuberta no ano 1958.
Así, antes de ser cortada acadaba os dous metros e corenta cms de altura e, logo da súa restauración e novo emprazamento, a altura chega a un metro e noventa e dous centímetros.  Posúe forma cónica coa base cadrada e os lados curvos. Todas as superficies das súas caras foron moi traballadas posto que podemos aprecier zonas pulidas, un total de vinte cazoliñas e algunhas ferraduras. 
 Debuxo versión dos gravados da Lapa de Gargantáns.
Esta senlleira pedrafita permaneceu tirada no chan ata que os arqueólogos do Museu de Pontevedra restaurarona axeitadamente e voltando a erguela ao seu presumible estado orixinal.  Calcúlase que data no neolítico final, aproximadamente entre o 2.500 e o 2.000 a XC. Hoxe en día a Lapa aínda está a servir como lindeiro ou pedra de termo entre dúas parroquias, feito que puido ser decisivo para que chegara ata a actualidade.
Aparece como enseña no escudo municipal do Concello de Moraña.

Voltamos pola Estrada de Rebón para continuar ladeando o Acibal, esta vez máis próximos á estrada Pontevedra-Santiago.
Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s