20 de decembro de 2013. A braña das pozas secas. 44 kms

VER ESTA RUTA NO WIKILOC

O xoves non se pudo sair por culpa da chuvia, así que hoxe levanteime con ganas de andar en bici e arranquei en solitario. O dia estaba frio e había que rompe-lo xeo.

Dende Pontevedra a ruta ten 50 kms clavados. Eu fixen algúns menos.

Ascendemos polo monte da Soldada, dende PonteBora. As pistas están recén limpas, solo que deixaron restos de xestas nos camiños. Así que puiden chegar a Vilanova por un novo camiño recen desbrozado. Bueno, deixaron escasos 20 metros sen limpar, non sei por qué.

Cruceiro en Vilanova
Cruceiro en Vilanova

Dende Vilanova seguimos pola coñecida ruta da Xesteira, onde de novo os madeireiros fixeron das suas, deixando o camiño estrado de paus.

Imposible pasar sin caída
Imposible pasar sin caída

 

Cruceiro na Xesteira
Cruceiro na Xesteira

Para o paisano galego, calquera cousa é susceptible de transformarse en elemento de peche. Coñecidos son os puntales de ferro, usados como postes, os somieres metálicos coma cancelas, pero descubro un novo modelo basado en neumáticos…

Muro recauchutado
Muro recauchutado

 

 

Subimos ata enlazar na pista principal do monte Castelo, onde os penedos adoptan curiosas formas que non deixan de sorprender. Probablemente sexa o monte máis fermoso dos contornos.IMAG3318

En vez de rodea-lo monte Arcela, tiramos de frente, de novo as pistas están limpas.  Seguimos por unha carballeira con un regato e un estreito sendeiro cheo de pisadas de vacas e cabalos.

Por escasos metros hai que poñer pé a terra, pero atállase moito e despois de cruzar a estrada que vai a Vila de Arriba seguimos ata a base do Coirego.

O Coirego
O Coirego

Collemos o desvío á dereita e chegamos axíña a braña das pozas secas. Un lugar moi fermoso, un prado cheo de pozas e algúnha árbore solitaria.

Soledad
Soledad

Parece ser que hai unha mámoa nas inmediacións, pero como non o sabía pasei de largo. Non pasa nada, esta hai que repetila, xa a atoparemos.

Iníciase un descenso técnico por unha corredoira empedrada, que despois duns centenares de metros chega a Igrexa de Carballedo, pasando antes polo muiño de Vento.

 

Muiño de Vento
Muiño de Vento

IMAG3317

Cruzamos pola Chan para buscar o río Almofrei, que nos acompaña ata Borela, pola coñecida é marcada ruta BTT.

Unha vez alí cruzamos hacia a estrada que vai a Mirón para voltar á casa por Vilarchán.

 

 

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s