30 de octubre de 2013. A Peneda revisitada. 48 kms.

VER ESTA  RUTA NO WIKILOC

Hoxe fixemos unha ruta que tiña como punto culminante o coñecido monte da Peneda, nas inmediacións do Viso, Redondela.

O inicio do día foi pola coñecida estrada de Tomeza, combinada finalmente co camiño de Santiago, cun breve desvío pola ruta das Penices e Pedra Miranda, onde se atopa un sendeiro en boas condicións, e asoman as primerias vistas da ría de Vigo.

Dende Cacheiro descendemos pola monte ata a mina abandonada, ata chegar de novo ó camiño de Santiago en Pontesampaio.

A partires de aquí pistas secundarias por Arcade para iniciar unha exploración dos camiños da ladeira occidental do Monte da Peneda.

Lixo no monte da Peneda
Lixo no monte da Peneda

Os tramos finais da ascensión hai que facelos por estrada.

Néboa nos montes
Ría de Vigo
O Viso dende A Peneda
O Viso dende A Peneda
Néboa nos montes
Néboa nos montes

Unha lixeira repostaxe e descenso rápido polo mesmo camiño de ascensión, ata desviarnos pola estrada de Pontecaldelas  e cruzá-lo río na ponte medieval de Reiriz.

Collemos un desvío asfaltado hacia unha curiosa aldea chamada A Corte Vella. Hai uns interesantes camiños empedrados, pero están bastante cerrados, así que frustramos o intento de ascenso e voltamos a descender hacia a Comboa para collé-lo sendeiro de largo percorrido Rural de Galicia. Despois duns duros tramos que hai que facer andando chegamos a unhas pistas anchas, que nos permiten avanzar. Xa se facía tarde, así que buscamos de novo a estrada de Taboadelo para voltar a Pontevedra pola Reigosa.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s