18 de octubre de 2013. Novos camiños polo Pé da Múa. 46 kms.

VER ESTA RUTA NO WIKILOC

 

Finalmente, en medio de tanta borrasca houbo unha paréntese que nos permitiu sair esta semana. Decidimos explorar un pouco polo Monte do Pé da Múa, na serra da Castrelada, entre Pontecaldelas e Cotobade.

Iniciamos o longo ascenso por Montecelo. Unha pistas veciñais permiten chegar á Hermida evitando a estrada xeral, e ademais regálannos estampas curiosas da cidade do Lérez.

Obsérvese nesta imaxe a pranta invasora chamada "herba da Pampa" ou Carriza da Pampa
Obsérvese nesta imaxe a pranta invasora chamada “herba da Pampa” ou Carriza da Pampa

A continuación seguimos pola trillada ruta do motocross e a Peralba, para despois do duro ascenso continuar por Mirón hacia o acueducto e tomar a vía principal hacia o monte, que recén foi arranxada.

Unha vez chegados á estrada Pontecaldelas-Borela, facemos un alto na área recreativa do Pé da Múa, que se ve que coñeceu tempos mellores.

2013-10-18-304

2013-10-18-306

A Partires daquí iniciamos un ascenso hacia o miradoiro da Castrelada.

2013-10-18-305

En última instancia evitamos subida final á caseta e emprendemos unha via que vai bordeando os cumes dos cotos. Trátrase dun delicioso camiño para disfrutar. Sorprendentemente hai bastante auga por estas sendas e algunhas curiosas formación rochosas.2013-10-18-308 2013-10-18-307

Descendemos hacia a estrada evitando o camiño ata Famelga, pois recordamos que se complicaba o acceso polo monte.

Unha vez abaixo, buscamos infructuosamente un paso atravesando o río Meniños, de existir debía ser máis hacia o leste. Así pois volvemos polos nosos pasos para facer outro pequeno desvio entre pistas e unha vez retomada a estrada buscamos camiños hacia a Graña.

Despois dun duro rodeo o chamado monte do Solar, subindo por veces andando e baixando vertixinosamente,  finalmente collemos a estrada para seguir por Borela, Mirón e Vilarchán.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s