26 de setembro de 2013. Montes da Pastoriza. 53 kms

VER ESTA RUTA NO WIKILOC

2013-09-26-280 2013-09-26-268 2013-09-26-269 2013-09-26-270 2013-09-26-271 2013-09-26-272 2013-09-26-274 2013-09-26-275 2013-09-26-276 2013-09-26-277

Discurriu a etapa polo Morrazo, explorando zonas próximas á aldea da Pastoriza.

Abandonada a vía de servicio da autoestrada, en Salcedo, dirixímonos ó oeste por unha cómoda pista que bordea na zona de Figueirido. Unha vez cruzada a estrada que baixa a Vilaboa a senda complícase, o ascenso gaña en pendente é hai bastantes pedras e paus soltos. (Ruta do Pichinela). Con dificultade chegamos ó entorno das Veigas do Muiño, ó pe de Postemirón; menos mal que o camiño despois do verán está seco. Cando estamos a punto de coroar a lagóa, iniciamos un tradicional descenso que nos leva a rodear o outeiro dos Asubións, para voltar a ascender a Castiñeiras, chegando prácticamente ó mesmo sitio.

Con algo de retraso collemos a estradiña que nos leva directos a Cruz de Maceira, a un e outro lado as rías de Vigo e Pontevedra. Atravesamos por onde podemos un monte coñecido coma o Formigoso, para unha vez pasada a estrada Marín-Moaña, explorar as pistas da Pastoriza.

Medio perdidos por Monte Baladiño e Monte Furcos, despistados no Monte de San Lourenzo, por fin baixamos á aldea da Pastoriza para culminar a excursión no monte de Campolongo, onde atopamos unha alta antena de comunicacións.

Para voltar a Pontevedra, despois de descubrir unha variante máis cómoda do monte Formigoso, usamo-la estrada, por medo a que se nos fixera tarde.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s