18 de setembro de 2013. Ruta dos arrieiros. 33,5 kms

VER ESTA RUTA NO WIKILOC

2013-09-18-256

 

Imos variando percorridos como é o noso hábito. Para esta vez tocaba rumbo este, dirixíndonos pois cara a coñecida zona do polígono industrial da Reigosa. Dende aquí buscamos vías novas ata o lugar de Aluncia, na parroquia de Xustáns. Despois dun infructuoso vagar, atopamos camiños novos para nos, pero que se ve que son vellos de seu, por seren empedrados e marcados co sinal das labouras doutros tempos.

A baixada ó regato seco  foi atopado grazas á colaboración amable dalgún veciño, ledo de que os vellos camiños dos seus antergos volvan ser transitados, mesmo por uns foráneos ociosos.

Así foi que chegamos á ponte que o temporal derruiu e nunca máis á de ser levantada.  O leito do río Riboi  está tan seco que pasamos hacia Buchabade sen nengún problema. Despois dunha longa e boa pista chegamos ó asfalto que nos fai ascender ás casas de Santa Ana, e dalí a Tourón xa non hai distancia.

Por fin atopamos a ruta dos arrieiros, que vai por uns camiños ó sur da estrada Pontevedra-Pontecaldelas, ata chegar a Vilarchán. O camiño en sí é bastante ciclable, de non ser polas pedras caídas dos muros e das trabas a mala fé en forma de paus atravesados pola mán dalgún veciño para non se sabe que. O camiño está rozado recentemente. Probablemente logo á de cegar, e cando veñan as chuvias do inverno algunhas partes veranse inundadas.

2013-09-18-259 2013-09-18-254 2013-09-18-2552013-09-18-257 2013-09-18-258

Unha vez en Vilarchán aproveitamos as pistas do gaseoducto con a trialeira final.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s