7 de xullo. Clásica Álvaro Pino 2013. 101 kms

 

VER A RUTA EN WIKILOC

PINO

Chegou o mes de xullo e con el de novo temos ocasión de disfrutar da Clásica Álvaro Pino, á que acudimos por segunda vez.

O redor de 500 participantes nos reunimos en Ponteareas un ano máis, esta vez había un invitado de excepción, Ezequiel Mosquera, e outro que non estaba invitado pero se presentou sen pedir permiso: a calor abafante.

993906_10201533564840936_571385325_n

Xa de mañanciña se presaxiaba o drama, o termómetro íase disparando e nada mais saír o pelotón, todos estabamos xá suádos. Pareceume a min ou foi certo que ó chegar a Redondela algúns xa íamos extremadamente esgotados. Os máis bulideiros partiron inmediatamente o grupo nada máis pasar as rúas da vila.

Do mesmo xeito que o ano pasado, a primeira subida ata Amoedo fáiseme tremenda. Decido regular para non queimar as naves antes de tempo e vexo como me van superando moitísimos corredores, entre eles como é natural, Ezequiel Mosquera. Busco a sombra con insistencia, nestas estradas tan anchas non é facil porse a cuberto do sol.

1010057_10201533566680982_1469554325_n

Chegado o falso llano meto prato e recupero grande parte do terreo perdido. Xa superado Pazos de Borbén alcanzo  a varios compañeiros do clube, cousa que me anima bastante.  Mesmo formamos un pequeno grupiño ata chegar a Fornelos de Montes. Sempre se vai mellor en grupo que en solitario.

Metémonos nunha zona mais sombría, cousa que se agradece, porque o termómetro segue subindo. A pesares de levar dous bidóns, xa non me queda auga. Unha vez coronado Estacas, recuperamos o alento no avituallamento, caéron dous botellíns de auga e un powerade.

Con forzas renovadas empezamos a disfrutar do máis bonito da ruta, algúns descensos perigosos e repeitos cortos. Territorio rompepernas que me vai ben, conseguindo por fin un ritmo vivo.

Na zona de Piñeiro collo a roda de D. Álvaro, e todo un honor.

Arriscando un pouco máis da conta chegamos bastante sobrados ó punto de corte, onde os máis ousados tiran hacia a Graña. Eu xa tiña decidido dende un principio ir pola corta, con tanta calor o percorrido longo podía ser dantesco, como así relatarían os valentes que ousaron facelo.

Unha pequena neutralización e iniciamos en grupo de novo o ascenso a Moncelos. Nos primeiros dous kilómetros atopámonos ben, mesmo chegamos a encabezar o pelotón. Pero unha vez superada a poboación de Maceira, a subida a Moncelos atragántouseme bastante, necesito auga con desesperación, cando superando unha curva unha man caritativa me da unha botella de auga, que non sabes ben se bebela ou tirala porriba para refrescarse.

A duras penas chegamos ó alto de Moncelos, vendo como somos superados por varios ciclistas que son mellores escaladores.

Xa na cima hai outro avituallamento que non me podo saltar a  pesares de perder roda dun grupiño xeitoso.

Descendendo coma un tolo intento tomar contacto de novo co grupiño de cinco ou seis, pero subindo Fontefría vánseme definitivamente.

O touro de Osborne obsérvame ameazante e a piques de reventar consigo alcanzar a un ciclista. Así que a relevos intentamos acadar o grupiño, cousa que non conseguimos.

Na meta, mellor posto pero peor tempo ca o ano pasado, eso si, estiven máis tempo parado.  Moncelos e Fontefría subinos bastante mal.

933870_10201506803451918_1466955329_n 1075765_10201556724979925_1748895938_n 1001873_10201533564680932_2001527455_n

Xa no pabellón, seguimos a inxerir líquidos ( calculo que sobre 5 litros), e a liberalos en forma de suor.

En canto á proba en si, nada que reprochar, organización casi perfecta,  parece que houbo xente que sufriu escasez de auga, non foi o meu caso.

Ambiente familiar, voluntarios, motos e coches de asistencia, senalizacións, simplemente perfecto. O ano que ben estaremos de novo, se a saúde o permite.

A ver se consigo algunhas fotiños…

cartel2013web

alvaropino2alvaropin01

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s