Regos no Mosteiro-Meis. 45 kms

Dibujo

VER ESTA RUTA NO WIKILOC

Vou dar noticia da última etapa en bicicleta de montaña. Nesta ocasión visitamos o concello de Meis, máis concretamente a súa zona leste.

Para achegarnos á zona escollemos camiños por Campañó, alternando pistas veciñais con vias sen asfalto, ata chegar as ladeiras do Castrove, xa entrados en Curro. Atravesamos o polígono industrial e descendemos a Ladrido (curioso nome), desembocando erradamente nun eirado. Despois dun retroceso atopamos a pista correcta para dirixirnos á intersección dos concellos de Barro, Meis e Portas, para descender do monte da cabada hacia o Mosteiro.

Nun lugar chamado Tarrío atyopamos un  rego perdido entre leiras chámase Rego de Chas. Este xúntase con outros coma o de Santo Tomé o  de Nogueira ou o da Xesteira para formar o río Cañon, que desemboca finalmente no Umia.

Hai un sendeiro que remonta o rego de Santo Tomé ata o centro urbán do Mosteiro, que ten similitude co do río dos Gafos en Pontevedra, pero está mellor coidado. Non atopei información sobre el por ningures.

Unha vez en Mosteiro buscamos unha vía directa de volta á capital, evitando as estradas, meténdonos por duas veces nunha propiedade privada en Campañó, moi pertiño do Hipódromo, onde ademáis se poden atopar uns muiños agochados.

2013-06-06-108 2013-06-06-098 2013-06-06-099 2013-06-06-100 2013-06-06-101 2013-06-06-102 2013-06-06-103 2013-06-06-104 2013-06-06-105 2013-06-06-106 2013-06-06-107

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s