15 de maio de 2013. Ladeiras do Monte Sistalto. 48 kms.

VER ESTA RUTA NO WIKILOC

Recuperamos o hábito saudable de facer recorridos fáciles, por pistas ciclables con escasa dificultade técnica. Hoxe tocoulle ó monte Sistalto, que está situado para que vos fagades unha idea, entre Borela e Rebordelo, nas terras de Cotobade.

A ruta de subida a Cotobade fixémola por Vilarchán por a coñecida ruta que está recén reparada, sobra algo de grava pero quedou lisa. Kilómetros de pista lévannos ata o desvío de Famelga, que deixamos á dereita.

2013-05-15-044 2013-05-15-045 2013-05-15-046

Unha breve parada na fonte serve para contemplar o monte tinguido de amarelo por causa das flores de xestas e toxos. En varios quilómetros non se divisa construcción algunha.

2013-05-15-0482013-05-15-050 2013-05-15-049

O acceso ó cumio non é posible en bicicleta, adiviñánvase uns pequenos sendeiros bastante ateigados de vexetación, polo que non nos planteamos sequera chegar o vértice xeodésico.

2013-05-15-051

Nunha ocasión lin un artigo de D. Antón Fraguas, natural de Loureiro e insigne personalidade da cultura galega, no que viña a decir que na súa nenez os nenos do lugar subían ó monte Sisalto para poder ver os fogos artificiais das festas da Peregrina.

Unha sensación de paz arrodeanos por uns instantes, ata que comenzamos o descenso, algo técnico hacia Borela, por unha das distintas variantes.

2013-05-15-057 2013-05-15-056 2013-05-15-055 2013-05-15-054

Despois de cruzar unha pequena estrada seguimos por unha pista onde atopamos un “aeroporto” no medio do monte.

Un descenso perigoso, esta vez si, lévanos o sendeiro próximo ó río, continuando ata o campo de futbol das Estremas, en donde collemos a senda da Regoduxe para ascender hacia o outro lado do monte. Esta senda está rozada nfai pouco, polo que o ascenso é factible en bicicleta, ainda que algo duro resulta. Unha vez arriba, ábresenos á vista a paisaxe das terras de Viascón e posteriormente Tenorio, poboación que acadamos despois dun rápido descenso, non sen antes contemplar unha vista da ría de Pontevedra.

2013-05-15-058

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s