Outeiro Malato, o Suido, vertente ourensana. 103 kms.

VER ESTA RUTA NO WIKILOC

Como queira que os compañeiros tiñan compromisos, iniciei unha ruta por estrada en solitario. Resultou unha ruta bastante dura. Salvando as distancias,  subimos Mont Ventoux (Portela da Cruz) e Alpe d´Huez. (Outeiro Malato).

Iniciamos o ascenso de Vilarchán, xa de saída, para continuar hacia Pontecaldelas e subir a Caritel. Un pequeno descanso na Lama e de novo inícianse as rampas duras a partir de Antas ata chegar ó cruce das Ermitas.

Todo este terreo vai picando para arriba, con pequenos descansos que mais ben son rompepernas.

Ultimas rampas da Portela da Cruz:
dacruz

Unha vez coroada a Portela da Cruz decatámonos de que levamos ascendidos máis de 22 kilómetros dende Pontecaldelas e 35 dende Pontevedra. Para máis inri, un forte vento en contra acompáñame dende a Lama ata Beariz.

Collemos a estrada que nos leva a Avión, hai dous fortes descensos interrumpidos por un pequeno repeito.

Unha vez superada a ponte do Río Avia, collemos o desvío á derita nos leva a Abelenda, seguimos de frente o pobo ata coller o desvío á dereita que leva á Rodeiro, ruta dos Chozos, que son construccións de pastores de refuxio na montaña. Para maior orientación, a ruta correcta está  marcada con frechas, por ser parte dun triatlon.

thumb

O porto resulta bastante duro, menos mal que o vento que antes incomodaba agora axuda por veces.

Obsérvense as curvas de ferradura:Dibujo

13137eeb

o e bastante rugoso:

fdf05590

434922eb
Contei 13 curvas de ferradura ata coroar no parque eólico, o que fai máis bonita a subida, pero apenas lle quita dureza, pois son 8 quilómetros de subida continua, hai rampas de polo menos o 16 %, cunha media aproximada do 8 %

Xa preto da cima:

malatoarriba

IMAG3245

Unha vez coroado o Outeiro Malato, despois de llanear un kilómetro, temos un ascenso final doutro kilómetro ata o Coto dos Xarotos, a casi 1000 metros. 76309e1a

Descendemos por Pigarzos seguindo por Xesta, co seu duro repeito para chegar ás Ermitas para enlazar coa ruta de ascensión para voltar a Pontevedra.

Un comentario en “Outeiro Malato, o Suido, vertente ourensana. 103 kms.

Replica a abel307 Cancelar la respuesta