20 de marzo de 2013. A Ponte de Portalaxe.

VER ESTA RUTA NO WIKILOC

Para iniciar a aventura semanal ascendemos hacia San Cibrán en Tomeza, con máis pena que gloria.  Aínda que atopamos algún camiño descoñecido, conforme nos acercamos ó monte, van gañando en pendente, facéndonos botar pé a terra para coronar. Nun errático descenso ímos achegándonos a  onde iniciamos o ascenso á ladeira occidental da serra da Fracha. Os que fixéstes a marcha da fabada do ano pasado recoñeceredes unha boa parte do percorrido que segue. Quixemos substituir a subida dura por outra alternativa, pero resultou aínda máis penosa.

2013-03-20-836 2013-03-20-831 2013-03-20-832 2013-03-20-833 2013-03-20-834 2013-03-20-835

Unha vez acadada a pista principal facemos unha breve parada no abrevadeiro, para despois atopar unha ruta de sendeirismo marcada hacia a zona de Pontesampaio. Pena foi que no descenso tiveramos que parar a miudo por mor dos paus atravesados.

Asi foi que chegamos á Portalaxe. Consiste nunha pontella formada por unha gran laxa de pedra que cruza o río Ulló.2013-03-20-839 2013-03-20-837 2013-03-20-838

O descenso ata o Rañadoiro continúa por un enlamado camiño cheo de pedras e auga, bastante técnico.

2013-03-20-841 2013-03-20-840

Así foi que chegamos a Vilar e descendemos polo camiño hacia a Ponte Nova. Derrubado por unha riada ano 2006, atopabamos unha ponte dun único arco oxival ou apuntado que se levanta en perpiaño. Ao seu carón están os Muíños do Pozo Negro, son maquieiros. É dicir, unha industria local a pequena escala moi frecuente nos séculos XVIII, XIX e XX, caracterizado por cobrar en especie unha parte da moenda. Na actualidade foi sustituido por unha estrepitosa  ponte de formigón.

A partires de aquí o grupo divídese, os que tiñamos máis tempo aínda investigamos polos camiños da Canicouva e ascendimos á pena Miranda, para retomar finalmente o socorrido camiño de Santiago.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s