14 de febreiro de 2013. Ensaio Pichinela.

Un pouco a bulto, con unha lixeira idea na cabeza, intentamos simular a próxima ruta polas terras de Salcedo. En vermello podedes ver o noso itinerario e en azul a prevista para o día 24 que aparece no wikiloc.

comparativa pichinela

Achegámonos ó pavillón de Salcedo e xa de saída tomamos unha alternativa errada subindo antes de tempo, deberíamos haber circulado á carón da autoestrada, non hai problema, buscamos de novo o ascenso ata a Brilat, para continuar ata o Viveiro. Este camiño resulta moi agarimoso. Cruzamos a estrada para meternos de novo no monte.

Outro desvío equivocado levounos ata a Aldea de Arriba, a partires daquí retomamos a senda correcta comprobando a dureza da subida, por moitas veces hai que poñer pe a terra. Imáxinámonos que será unha zona de atasco o día da marcha.

Seguimos de novo sobre a pista correcta. Un amplio descenso lévanos ata Vilar, onde súbitamentexiramos hacia o norte para chegar xusto ó pé do monte de Cotorredondo, que debemos rodear, atopando o camiño despois dalgunha dúbida e dunha repostaxe.

Durante esta parte da ruta podemos contemplar amplias panorámicas da ria de Vigo.2013-02-14-783

2013-02-14-777

2013-02-14-778

2013-02-14-779

2013-02-14-780

2013-02-14-781

2013-02-14-782

Unha vez chegados á estrada que vai a cruz de Maceira, complicamos innecesariamente a ruta, buscando unha alternativa técnica, mentres que os organizadores da marcha parece que escolleron a carretera.

Unha vez na lagoa, retomamos o descenso polas numerosas pistas ata chegar á Almuiña distanciándonos de novo na parte final da ruta prevista.

* NOTA PERSOAL: Como a GT está en reparación, tiven que facer a ruta coa vella PEUGEOT, sin suspensión e !coas rodas lisas !, que así a teño para facer recados. Recuperando a sensación de ir con manillar demasiado estreito, sin amortiguación e con frenos V-Brake, que por certo frean moi ben, pesan menos e apenas teñen complicacións mecánicas. Con esta bella máquina fixen o camiño de Santiago en 1999.

Adcunto unha foto dunha bici similar:

images

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s