8 de febreiro de 2013, Unha ronda polo Acibal con pouco asfalto. 39,5 kms

VER ESTA RUTA EN WIKILOC

2013-02-08-758

A ruta comenza pola senda do Lérez. Unha vez que chegamos á segunda pasarela de ferro debemos cruzar e baixar hacia unha pequena praia que hai no río. Xusto antes de chegar xiramos á esquerda e iniciamos o ascenso por unha dura pista de xabre, ata a aldea de Couso. Atravesamos de frente a estrada directos hacia Aquagest, collendo un camiño paralelo nun parque infantil.

Antes de entrar en Berducido, hai que xirar á esquerda no merendeiro e continuar hacia o Castelo, en Lérez, para ir por camiños e polas pistas do monte hacia a zona de Cerponzóns. Pasamos á carón do desgüace e o aparcadoiro da Luna. As pistas están en moi bo estado, da gusto rodar por elas.

Unha vez atravesada a estrada do Pontillón continuamos bordeando o monte ata atopar de novo a pista asfaltada que da acceso directo ó Pastizal. 2013-02-08-747

2013-02-08-748

2013-02-08-749

2013-02-08-750

2013-02-08-751

Escollemos unha pista nova para baixar hacia a coñecida Fonte de Fontáns.

Un pequeno pero dificultoso atallo devólvenos á pista de baixada hacia San Andrés de Xeve, abríndose á vista a panorámica do Val do Lérez e as terras de Cotobade ó outro lado do río.IMAG3223

2013-02-08-752

IMAG32242013-02-08-753

2013-02-08-754

2013-02-08-755

Como non podía ser doutro xeito, voltamos á zona do Couso, onde pasamos polas pontes de madeira despois de baixar un técnico sendeiro con escaleiras de pedra.2013-02-08-756

2013-02-08-757

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s