Vilanova e senda do Almofrei. 32 kms.

VER ESTA RUTA EN WIKILOC

Continuamos a nova tempada facendo rutas cortas, debido a que estamos saíndo media hora máis tarde ca de vran. Por eso hoxe non nos alonxamos moito da capital, e saldamos unha vella conta que tiñamos pola zona da parroquia de Tenorio,  que xa por dúas veces nos tiña retado coa localización de determinadas pistas de ascenso hacia o monte Castelo.

Para iniciar o noso andar, esquivamos o máis posible a N-541, internándonos en Mourente por Valdecorvos e Vilaverde, ata chegar a Carabelos, dende aquí seguimos  á entrada de Tenorio, no concello de Cotobade.

Unha primeira ascensión achéganos á pista que un dia nos solucionou o extravío no que viñamos dende Vilanova. A idea era seguir esta pista ata chegar ó lugar dos Palleiros, para cruzar despois hacia Borela. Pero unha vez superado este punto, medio volvemos perder o rumbo, nunha aldea chamada Outeiral, onde o Sigpac resulta algo enganoso… Eso si, chegamos a un fermoso lugar, con regato  como está mandado:

2013-01-11-699

2013-01-11-700

Así que despois de recuar un chisquiño, atopamos unha fermosa carballeira despexada que nos leva sobre follas secas ata a pista asfaltada, que utilizamos para ascender, non sin comprobar un par de camiños en estado lamentable. Dun deles aínda dimos saido con éxito, pero o outro descende cuberto de paus e rodeiras dos tractores dos madeireiros que destrozan o monte alí por onde pasan.

Unha vez nos Palleiros renunciamos definitivamente ó ascenso e fixamos como obxectivo rematar a exploración da pista oculta, cousa que facemos con grande facilidade, a pesar dos grandes buratos en forma de canal:

2013-01-11-7012013-01-11-703

De volta xa no monte dos Cornidos, iniciamos un novo ascenso ata Vilanova, por camiños empedrados ben conservados.

2013-01-11-707

2013-01-11-706

Unha paradiña nun mirador no centro do pobo e iniciamos un percorrido polo monte da Soldada, para descender de forma súpeta as Hifas da Terra, onte mesmo nomeado premio Cidade de Pontevedra:

http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2013/01/11/homenaje-innovacion-empresa-hifas-da-terra-premio-cidade-pontevedra-2012/738992.html

Atopamos o camiño de baixada ata os pasos do Portomuiño e  non poidemos cruzar, a auga cubría as poldras, así que tivemos a fortuna de circular pola coñecida sendo do Almofrei ata Ponte Bora. Aínda é bastante ciclable. O río acada un verdor indescriptible:

2013-01-11-710

2013-01-11-709

2013-01-11-713

2013-01-11-708

2013-01-11-711

2013-01-11-712

De repente aparece un pato “caseiro” no medio do río.

IMAG3213 IMAG3207

IMAG3208

IMAG3209

IMAG3210

Un vetusto carballo:

IMAG3211

Para rematar unimos a senda do Almofrei coa senda do Lerez ata a capital.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s