28 de decembro de 2012. Pazo de Lourizán e Cotorredondo. 32 kms

IMAG3202

 

VER ESTA RUTA EN WIKILOC

Despois dun mes de inactividade por fin tivemos un día axeitado para circular. Atravesamos a cidade polo paseo que acompaña o río Gafos por Campolongo, chegando ata a fábrica de Celulosas. Dende alí iniciamos un ascenso hacia a lagoa de Castiñeiras. A primeira parada fixémola no entorno do Pazo de Lourizán.

2012-12-28-603

2012-12-28-604

2012-12-28-605

2012-12-28-606
Parte dunha granxa do século XV, desta época conserva o pombal ameado de planta circular.

Co tempo adaptouse en pazo residencial, vinculada a figura de Eugenio Montero Ríos, que foi Ministro na época da Restauración.

A Deputación de Pontevedra adquiriuno nos anos 40, e no seu entorno realízande estudios forestais.

O edificio do pazo é de influencia francesa, diseñado na sua remodelación por Genaro de la Fuente Domínguez. É de grande tamaño, elegante e maxestoso. Accédese por unha escaleira imperial de pedra de corte imperial custodiada por estatuas. A parte central está coronada por un reloxo

O pazo conta con 54 hectáreas de xardín, leira e arboredo, que mostran os distintos usos aos que se dedicou durante os séculos: granxa, xardín señorial e centro de investigacións forestais.

Medran nel numerosas árbores autóctonas como carballos, castiñeiros e bidueiros, pradairos e foráneas, como ciprestes, araucarias, cedros, magnolias ou alfaneiros, moitas delas traídas por xardineiros franceses.

Decórase con hórreos, un pombal, un invernadoiro de vidro de estrutura férrea, unha mesa de granito dunha peza (disque extraída dun penedo da Illa de Tambo, estatuas de mármore branco, etc., e varias fontes, como a da Cuncha, a dos Tres Canos, a do Patio e a da Gruta dos Espellos. Organízase en avenidas, a das Camelias, a dos Eucaliptos e a da Gruta dos Espellos.

2012-12-28-6092012-12-28-611

Continuamos camiño dereitiños hacia a lagoa, por pistas nas que de cando en vez xurdian pequenas lagoas por causa das chuvias dos últimos días.

Ascendemos finalmente ó mirador de Cotorredondo, pero a frondosa vexetación que o circunda non permite ver a ría de Vigo que se vislumbra detras das ramas.
2012-12-28-612

2012-12-28-614

2012-12-28-615

2012-12-28-616

2012-12-28-617

2012-12-28-618

2012-12-28-619

2012-12-28-620

O descenso foi variado e divertido polo lugar de Postemirón, atravesando zonas de monte rozado, para contemplar muiños e sendeiros na parroquia de Salcedo, pasando a carón da Misión Biolóxica e finca Batacos para rematar na senda do Gafos, impracticable nos últimos tramos.

????????????????????

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s