2 de novembro de 2012. Fontefría e camiños de Xustáns e Baltar. 33 kms.

Día desigual e irregular.

Iniciei o camiño en solitario, o miolo desta ruta comenza en Bora, á altura do Tombo collemos un desvío hacia o Salguieral.

Collemos unha pista forestal ascendente que nos vai levar ata o circuito de motocross, nos montes da Peralba.

Logo dunha pequena subida acadamos a pequena estrada que vai hacia a Peralba, pero collemos un desvío asfaltado á dereita para prantarnos na base do Polígono.

Nada mais chegar arrecende un cheiro moi agradable a fariña, coma se estivenes cocendo pan nun forno de leña. Descubro enseguida unha cisterna xigante que está a descargar na fábrica de Reyes Hnos. Aínda recordo cando esta fábrica estaba situada a carón do Hospital Provincial. Reconfortado por tan agradable olor, continúo atravesando o polígono industrial. Inicio o ascenso á Fracha, pero enseguida collo un desvío coñecido.

Aquí iniciase un bonito camiño que nos leva a Baltar, unha vez no pobo ascendo un pouquiño para non perder altura e chego sen novidade a Cristo Rei. Empeza a chover e contemplo con ledicia unha imaxe impagable da Ría de Vigo, coa ponte de Rande e a cidade ó fondo iluminado por un sol espléndido, mentres eu me vexo envolto na néboa.

Fago unha paradiña para contemplar o cruceiro xubilar, coa súa curiosa pedra con burato incorporado

Para fuxir da melancolía propia do lugar descendo rápido ata a Chan do Brasil. Ascendo suavemente hacia a canteira e unha pequena caseta en ruinas, vértice de tres concellos: Pontevedra, Pontecaldelas e Soutomaior.

Deixo á miña dereita o impactante Coto Agudo, que se distingue desde boa parte da ría de Vigo pola súa forma piramidal.

Outro monte con forma parecida é a Peneda, que diviso ó lonxe, mentra intento distinguir o Coto do Corno, en terras de Pazos de Borbén, obxectivo segredo para hoxe, que se malogrou como contarei máis adiante.

A idea e descender hacia a Comboa e iniciar un ascenso directo por Aranza. As pendientes parecen serias porque o Oitavén e o Verdugo son dous ríos que baixan encañonados entre as montañas, por eso teño que perder toda a cota de altura para iniciar o ascenso.

Descubro novas pistas que me levan hacia Comboa, estou contento porque levo bo ritmo, estou nunha zona con un pequeno regato que se chama Fontefría, pero nun cambio de piñon a patilla do cambio rompese…

Non me alarmo porque levo reposto, pero cando me decato que a chave multiusos quedou na casa soan as alarmas. Como solución final decido quitarlle alguns eslabons á cadea para traballar con piñón fixo, non debería ter problemas porque levo un eslabón rápido. A única traba e que non levo ferramenta para desmontar os eslabóns, cousa que soluciono limando o lateral do eslabón nunha parede de formigón dun depósito de auga, ata que consigo desmontalo.

Non me queda máis remedio que renunciar por hoxe ó monte de Pazos de Borbén, pero como a ñapa (*) quedou ben, decido explorar pistas ( Con bastante éxito por certo), por estes montes para chegar de novo á Chan do Brasil, onde collo un coñecido camiño que me leva a Xustáns.

Aínda sigo buscando e atopo uns espectaculares camiños empedrados que van sepenteando entre verdes prados ata que chego de novo ó polígono.

A choiva reavívase e un pinchazo de última hora faime rematar o día precipitadamente, e para prever novas averías volvo coller a estrada e outra pista que me fai descender hacia Bora.

*(ñapa é sinónimo de chapuza ou apaño. En castelán de America. Atopei esta palabra en videos de youtube e gustoume tanto que a incorporei ó meu léxico persoal)

VER RUTA EN WIKILOC

Anuncios

3 comentarios en “2 de novembro de 2012. Fontefría e camiños de Xustáns e Baltar. 33 kms.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s