25 de outubro de 2012. Simes e Lores. 45 kms.

VER ESTA RUTA EN WIKILOC

Xa lle tocaba ó grupo recorrer de novo as terras do Salnés, sempre un pouco ignoradas por culpa da cadea montañosa que as separa da capital. Resulta que ó Castrove pásalle coma a esas persoas excesivamente grosas, non se sabe se é mellor rodealas ou saltarlles porriba.

Pois ben, por aforrar quilómetros, que non forzas, hoxe brincamos polo alto da serra para achegarnos mesmo ó concello de Meaño, que prácidamente esbara imperceptible cara o mar de Arousa. Lugares chairos e despexados, verdes de cepas albariñas, casas de boa labor e unhas rutiñas de sendeirismo como non podería ser doutro xeito.

O camiño ata o Busto e Valboa xa eran coñecidos, o ritmo elevado deixou o frio matinal convertido nun vago recordo; para descender a Simes atopamos unha ancha pista forestal mentras albiscamos á nosa esquerda o que sería o sendeiro de subida.

Na parroquial de Simes contemplamos unha amplia praza enlousada e algúns detalles que lle dan vida ó conxunto, unha fonte, petos de ánimas, altares e tumbas labradas en pedra e unha igrexa desigual pero fermosa.

Horrenda escea a dun artístico cruceiro rodeado, mesmo afogado por cables de teléfono. Parécenos unha tropelía.

Non os prestou gran cousa a ruta dos muiños, para o noso gusto demasiado urbanizada, a mán do restaurador pecou de excesiva, pasamáns de madeira un pouco ó chou, coma se houbese excedente para colocar, farolas e demáis adminículos que non terían cabida na primeira mitade do século pasado, por poñer unha data onde os muiños funcionarían a pleno rendimento. Ignoramos as absurdas sinais de prohibido bicis.

Así chegamos a Lores visitando tamén a súa modesta igrexa, chama a atención de todas formas un curioso hórreo. Sei que nos quedou atras unha capela no alto dun monte, o santuario de San Bieito, queda para outro día que atacaremos polo sur dende a Chan de Gorita, a medio camiño de Sanxenxo.

Decidimos subir polo rego da Chanca, esta parte de sendeiro está moito máis gustosa, unha fina capa de xabre e a compaña de sombras de boas árbores amenízan unha dura subida ata os pagos de Valboa.

Coas forzas xa xustas coronamos de novo a montaña para descender ás terras de Poio e Campaño e dar por conclusa a aventura de hoxe.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s