3 de octubre de 2012. Canicouba-Vilar-Rañadoiro-Xustans. 35 kms.

Hoxe aproveitamos ben o día para investigar uns camiños e pistas inéditos pola zona sureste da serra da Fracha, con bastante éxito, pois confirmamos a existencia dun paso entre a Canicouba e Vilar que figuraba na cartografía pero estaba sen transitar. Asimismo comprobamos xa na casa, que aínda hai polo menos outro paso que queda para explorar próximas citas. Asimismo estrenamos unha amplia pista forestal que sube dende o Rañadoiro ata a Chan do Brasil, quedando do mesmo xeito, algun pequeño desvío sen hollar, nunha próxima ruta pola zona intentaremos completar o coñecemento desta amplia parte da nosa comarca.

<a href="”>

Pois ben, achegámosnos pola zona de Valadares (usando a primeira parte da ruta da fabada), para ascender finalmente por unha pista asfaltada ata a Canicouba, máis ou menos seguindo o Camiño de Santiago. Unha vez no alto da Canicouba seguimos polo campo de fútbol, pero en vez de subir hacia a Fracha, baixamos por unha pista con toxo amenazante, pero que nos permitiu chegar finalmente e con moita atención ó río da Ponte Nova, o que cruzamos por un pequeño postillón que nos levou á aldea de Vilar, onde fixemos un bucle-rodeo do monte.

Para continuar a ruta accedemos hacia o Rañadoiro por un camiño empedrado é empinado, para subir montado non vale, era millor haber ido pola pista que pasa a carón do cruceiro.

Unha vez no Rañadoiro, ascendemos á Chan do Brasil por unha pista que non coñeciamos, evitando o escaso asfalto. ( a pista está en mellor estado que a propia estrada).

Como colofón á ruta, circulamos por un bonito camiño ata a zona superior de Xustáns, o que nos deixa prácticamente en Baltar e xa sólo queda baixar a Pontevedra.

VER RUTA EN WIKILOC

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s