21 de septiembre de 201. Santa María de Sacos, 58 kms.

Resultou hoxe un día con sorpresas. En primeiro lugar, unha fina choiva acompañou o amanecer do día e os primeiros momentos da ruta. Será por iso que hoxe o pelotón foi exiguo. Atopamos de saida un camiño directo para chegar a Montecelo, mesmo atopamos duas variantes da subida. Así pouco a pouco chegamos ó monte de Mourente mentes ía escampando. Baixamos hacia a zona de Bora por un divertido camiño que xa coñeciamos de haber subido, e unha vez cruzada a estrada empezamos a ascender dende o Tombo hacia a Peralba. Un reventón con cubierta rachada incorparado obríganos a renunciar por hoxe ó monte. Despois do cambio de montura iniciamos o duro porto de montaña do Salgueiral, son sólo tres kilómetros pero ten unha media do 9 % e con varias rampas superiores ó 16 % de desnivel.

Unha vez en Vilarchan collemos a estrada que vai a Borela para desviarnos por Pazos. Dende alí, pola xeral que vai a Carballedo. Xusto antes da Piscifactoría collemos o desvío que nos leva a Trabazo, pasando por Paraños.

Despois doutra pequena pero dura subida, cruzamos a pista que ven do Coirego para descender rápidamente hacia Vila de Arriba. Chámanos a atención unha placa de marmol con unha frecha e unha data de 1974. Mais adiante tivemos ocasión de saber de que se trataba. Un pouco mais abaixo, unha pequena e avellentada casa rematada cunha estrana frecha de ferro que se daba un aire á Torre Eiffel. Cousas raras veredes.

Pôucos metros máis adiante atopamos a casa homenaxe a unha mestra chamada María Otero que seica morreu ás dez da maña dun día de 1974.

A profesora ten esparcidas por toda a aldea placas conmemorativas no seu recordo, e mesmo unha construcción a modo de torre, que penso que podía ter sido unha caseta de transformador electrico, está dedicado á mencionada mestra.

Non queda ahí a cousa, metros máis abaixo, xa chegando ó conxunto parroquial, un novo monumento, este un pouco máis axeitado e mesmo con verso dedicado.

A Igrexa de Santa María de Sacos e fermosa e pequena. Trátase dunha construcción románica do Século XIII cunha bela portada e unha feitura armónica. Coroa o seu tellado por unha parte unha orixinal figura do que parece ser unha cruz ensartada nun carneiro e un lobo.

O redor da igrexa atópase un humilde camposanto onde atopamos a tumba da mestra, con unha enigmática inscripción. Supoñemos que o seu amado non poido soportar a sua perda e adicouse a lembrala adicándolle placas e monumentos por todo o pobo.

O regreso a Pontevedra fixémolo pola N. 531.

10 :00 VIERNES 17 DE ENERO DE 1974

LINDERO ENTRE DOS MUNDOS
SOLO UNA LOSA NOS SEPARA
TU DUERMES EN UNO SIN VIDA
YO EN OTRO TE VELO SIN ALMA

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s